Xosé Artiaga Barreira naceu en Mondoñedo en 1955.
PRINCIPAIS EXPOSICIÓNS
1986. Galería Sargadelos, Santiago de Compostela. - 1990. Itinerante. - Galicia: chove sobre mollado, Palacio Magdalena, Santander. -...
Dobao, Pedro
General
Pedro Dobao naceu o 15 de agosto de 1945 en O Barco de Valdeorras (Ourense).
VOCACIÓN Y VOLUNTAD
Unha vocación polo arte que pide e ata esixe ser calificada de conxénita, apoiada nunha voluntade decidida, persistente, que atopa o seu inicial medio de cultivo nun ámbito de circunstancias, pero que resulta suficiente para encauzala. Así, aquel neno aldeano da orixe humilde ha de ser escultor, creador de formas, ideador de suxerencias e intuicións, iniciando o seu duro oficio por sí mesmo, ata que haxa medios para unha formación académica que encauce e dirixa os seus balbuceos personais e a práctica cotidiana dunha artesanía que lle permite manexar con soltura unhas ferramentas que han de acompañalo sempre. Así, co secreto a voces da confianza en sí mesmo, a autoesixencia por superarse e unha insobornable capacidade de reflexión que lle conducirá ó abandono progresivo do folclorismo ó uso, tras comparar a súa obra coa de compañeiros e admirados, o mozo que lle fixo home nas grandes cidades de España, nas que transcorre a súa longa aprendizaxe, regresa a Galicia a traballar, para ir sembrando o país de monumentos e pezas que, sen ruido, con auténtica modestia, lle darán un lugar no panorama da escultura galega contemporánea. Pedro Dobao Rodríguez nace o 15 de agosto de 1945 en O Barco de Valdeorras Ourense, xunto ó castelo do conde de Torrepenela, que é a súa referencia infantil sempre mantida, nunha familia labrega moi modesta. A súa nai é a leiteira da condesa viuva, que será a súa madriña e protectora e lle imporá o recordo do aristócrata falecido o nome que leva, para aludirlle cariñosamente como Perucho. A linaxuda dama recibe na súa mansión ó neno, que escoita embobado cando dona Pilar Argudín toca o piano, mentres contempla historiados mobles e tallas realizados polo defunto, que era aficionado a esta noble artesanía, Perucho talla tamén, a punta de navalla, e a dona, atraída pola súa habilidade natural, regala ó neno o surtido de gubias que conserva do seu marido, e que será o primeiro ferramental do escultor. Pedro visita unha e outra vez a espléndida biblioteca da casa, follea libros, contempla ilustracións e le, ávidamente, canto cae nas súas mans. Esta será a súa inicial formación ata cumpir quince anos e se traslada a O Barco de Valdeorras, para traballar como tallista nun taller de ebanistería, ocupación que apalabrou o seu Pai. A aprendizaxe, xa encauzada como oficio, extendese tres anos, ata que o neno, que nunca abandonou o ambiente rural e semiurbano, senta plaza no exército como voluntario e coñece por fin unha cidade, A Coruña, con desplazamentos a Ferrol. É nestas urbes onde ten os seus primeiros contactos co Arte, cando visita museos e exposicións, ávido por aprender, por abrir horizontes á súa mente inqueda e casi virxe. Concluido o período militar, regresa a O Barco e volve ó seu oficio de tallista, se ben por pouco tempo. Convenceuse de que non é a artesanía o seu futuro, porque hai algo máis, moito máis, a escultura, a verdadeira creación artística a través das formas; a obra independente e orixinal, máis alá do mero ornamento complementario dos mobles. Madrid é a súa meta, para estudiar na Escola de Artes e Oficios, dependente de Belas Artes, onde ten como profesores a Casado, Gallego, Capa, Alonso Coomonte, que lle levará ó seu taller como axudante, convencido de que o mozo ten condicións para a escultura. Neste ambiente coñecerá ó tamén galego Xoán Piñeiro, moito maior que el, que está ampliando a súa formación, e lle invita a traballar no taller que ten en Vallecas. Dobao coñece outros conceptos escultóricos, novas materias, diferentes modos de modelar, a talla en pedra e o paso do barro ó bronce, que será a materia definitiva da que máis guste, na fundición, hoxe histórica para o arte español contemporáneo, de Capa. Máis tampuoco Madrid acaba de encher as súas ilusións. En 1970, cando conta vintecinco anos, dominador xa do seu oficio, instalase en Barcelona e abre taller propio. Realiza releves e traballos diversos que lle encargan arquitectos da cidade condal, exercicios de considerable esixencia que intensifican a súa formación. Cinco anos permanecerá nesta tarea, experimentando que é a creación propia, se ben condicionada polas circunstancias do encargo.
GALICIA, DE NOVO
Dobao é galego de nación e sentimiento. Leva a Galicia na alma e sinte e cre que é no seu país onde debe realizar a súa verdadeira obra personal. Así, en 1975 decide retornar, para instalarse en Vigo. Contrae matrimonio e terá dous fillos, o maior, precisa con discreto orgullo, licenciado en Belas Artes é escultor e deseñador gráfico. Habita coa súa familia pisos na conxestionada urbe atlántica hasta que consegue asentarse na parroquia periférica de Valladares, próxima ás instalacións do campus universitario, en constante expansión. Aquí goza do espacio e a tranquilidade que non ten no medio urbano para traballar decididamente. Non é fácil, precisamente, facerse un espacio na nómina de escultores que traballan en Galicia, ainda que por fortuna o interés pola arte é crecente no país e comezan a proliferar os monumentos nas cidades e vilas. Dobao cumplimenta encargos menores, realiza bustos e pequenas pezas, á espera do encargo con máis empeño, que terminará por chegar. De 1991 data a súa peza monumental ó vilamartinés ausente; concepción xeométrica, escueta e considerablemente atractiva, conxunto de Cubos con oquedades e releves, escuetos ou de grande bulto. Un ano despois modela o monumento á liñeira, moito máis realista, ainda que non por completo convencional. A figura femenina, en pe, carda a mata do liño sobre un soporte vertical. A combinación de bronce e granito é fermosa, situada nunha paisaxe casi rural, en As Neves, Pontevedra. Moito máis conceptual, en aristados volumes xeométricos, que parten unidos da base e parecen querer expandirse, é Arquitectura, en chapa de ferro, erixido en A Guarda, Pontevedra, un ano despois. Con recordo de mestres dun pasado casi próximo, como o catalán Llimona, é "Mujer desconsolada", desnudo feminino en bronce. A figura, sentada nun banco rústico, como roto, reclina a cabeza nos brazos, apoiados no respaldo, e o cabelo cae en cascada, cubrindo as mans. O modelado é sobrio e expresivo, por completo alleo a un naturalismo vulgar. De 1994 é "Tenazas del viento", fermosas curvaturas en chapa de ferro, con remates rectos apuntando ó ceo. Sobre base de granito tosco, a airosidade das formas é emocionante, de gran beleza. Situada a peza nun cruce de carreteiras, có mar da Costa da Morte como fondo, vibra e sona, en ulular caprichoso, cando os ventarróns da zona chocan nas súas caras aristadas. Está emplazada nas cercanías da vila mariñeira de Carnota (A Coruña). A cabalo entre a xeometría conceptual e un vago realismo está "Mujer pensativa", bronce do mesmo ano, emplazado no Instituto Galego da Vivienda e Solo, en Compostela. De volumes envoltos, con suaves curvas e perfiles escasamente aristados, unha figura feminina, en bronce, oculta a faciana, ausente cualquera detalle concreto, medita, sentada, apoiando os codos nos xeonllos, mentras as mans cubren a faciana. Se na peza anterior pode haber reminiscencias de Chillida, a quen Dobao admira moito, aquí hai recordos do mellor Xoán Piñeiro e acaso dalguns momentos do grande mestre que foi Victorio Macho, en concreto na súa concepción dramática do sentimiento que preside o seu monumento ó poeta Tomás Morales en Canarias. Máis latente que presente é a influencia de Gargallo, e acaso de Julio González, en Atardecer, ferro compañeiro de emplazamiento da obra anteriormente comentada, que é puro xogo de curvas, conceptual, como un deseño para tipografía innovadora. Sobre un fuste vertical continúa unha curva de 180°, conxuntando unha "P" e no seu extremo iniciase unha "C" tendida ou incompleta. Ambas formas significan o sol e a lúa, cunha pirámide de base cuadrangular que se adire ó fuste aludido. Acaso non sexa tan feliz como as "Tenazas del viento", a mellor obra de Dobao en ámbito público, máis sen duda sí persoal, rechamante, escultórica na súa deliberada elementalidade. Os condicionamentos do encargo convencional resuelveos o artista en "Monumento a la mujer trabajadora", instalado no parqueciño de A Bouza, na ampliación urbana da salida de Vigo hacia Baiona, con sencillez de formas, de xeito que as curvas suaves e a elementalidade dos volumes den á figura femenina airosidade e encanto. Máis interesante é o "Monumento a la familia", instalado en As Neves, Pontevedra, en 1998. Unha parella, en simplificación exquisita de volumes, dialoga, sentada nun banco. El contraste entre o bronce das figuras e o granito claro do asento, así como a horizontalidade do mesmo, en líñas rotundas, da intimidade á escea, situada nun xardinciño floral e próxima a un tradicional cruceiro e a vivendas de pedra. Outra peza espléndida de Dobao es "Trabajo, esfuerzo e industria", de recentísima creación e instalación, ano 2002, no parque empresarial de Ribadavia, Ourense. O ferro empavonado é como un tallo vexetal de base cuadrangular, que se expande e se ondula, como acariciado polo vento, soportando na súa curvatura o alto releve dunha figura desnuda cos brazos erguidos; en actitude de esforzo laboral. O amplo horizonte da súa situación, con montañas ó fondo, incrementa a súa elegancia e reafirma a súa forza expresiva, como se quixera crecer no desperezamento da súa ondulación. Francisco Pablos, Académico de Belas Artes.
EXPOSICIÓNS
Exposicións diversas en Madrid e Barcelona, sobre os anos 1968, 1969, 1970 e 1973. 1988. Exposición en Porriño, na sala de exposicións do Concello, Xuño. 1985 a 1992. Varias exposicións en centros culturais de Vigo. Pedro Dobao.“A escultura Vista con ollos sinxelos.” Do 3 Setembro ao 3 de Outubro. Casa galega da Cultura. 2005. Pedro Dobao. “Escultura, Arte e Liberación”. Do 4 ó 20 de novembro. Castelo de Soutomaior (Pontevedra). 2006. Exposición "9X9" Casa das artes Vigo. Do 19 de Xaneiro o 26 de Febreiro. 2007. Exposición "El Hombre y sus conflictos” no Monasterio de Xagoaza, O Barco de Valdeorras (Ourense) organizado polo Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa.
BIBLIOGRAFÍA
- Pedro Dobao ”Escultura, Arte e Liberación”. Deputación de Pontevedra, 1995. - Galicia Terra única, A escultura Galega Actual en Galicia, Xunta de Galicia, Outubro, 97. - Historia dos Monumentos de Vigo, Concellería de Cultura, Educación e Muller, 98. - Artistas de Galicia, Xunta de Galicia, 2003. - Gallegos. Quien es Quien en la Galicia del Siglo XXI. El Correo gallego, 2002. - Enciclopedia Galega Universal, Editorial Irindo, Tomo 7, 2002. - Enciclopedia, Artistas Gallegos Escultores, Nova Galicia Edicións, 2003. - "9x9" Casa das artes, Concello de Vigo.
ARTIGOS EN PRENSA
1986. Faro de Vigo ‘Boceto ó monumento a Castelao obra de Pedro Dobao’. 1988. Faro de Vigo “Pedro Dobao e o realismo social da sua escultura” (“O Home e o seus Conflictos”) 1988. Faro de Vigo “Pedro Dobao” 1988. La Voz de Galicia "Exposición de escultura no Concello do Porriño" 1990. Diario 16 “Etica e estética na obra de Pedro Dobao” 1991. La voz de Galicia “Monumento ó emigrante” 1992. Atlántico Diario “Pedro Dobao Rodríguez instalara a liñeira en As Neves”. 1992. La Región “Pedro Dobao” 1994. Atlántico Diario “O escultor Pedro Dobao” 1992. Atlántico Diario “A Liñeira”. 1995. Faro de Vigo “A Familia en bronce”. 1996. Atlántico Diario, Pedro Dobao “O Museo de Vigo debe apoiar ós artistas galegos”.
PÁXINAS WEB
www.dobao.net
www.galegos.info
www.esculturaurbana.com
www.vigoenfotos.com