Pasar al contenido principal

Zalo

General

Categorías: 
Fotografía
Categorías: 
Pintura

Gonzalo Sánchez Folgueira naceu o 12 de Outubro de 1941 en Lugo.

CURRICULUM:
Cursou estudios na Escola Pericial de Comercio. Titulado en Decoración e Arquitectura Interior. Graduado en Fotografía Artística. Na súa xuventude foi seleccionado para asistir ó "I Curso Nacional de Artes Plásticas", celebrado en Madrid. De 1961 a 1966 desempeñou o posto de secretario do colexio menor "Eijo Garay" de Lugo, organizando e coordinando as actividades culturais do centro.

OBRAS REALIZADAS:
En 1960 mostra por primeira vez os seus cadros no concello de Lugo. Desde entón, ven realizando exposicións de Pintura, Debuxo e Fotografía en diversas galerías e institucións da comunidade Galega. Entre outras distincións, obtivo mención de honra no certame nacional de artes plásticas (1962), sendo seleccionada a súa obra para a "II Bienal de Arte de Pontevedra" (1972). En diversas ocasións foi invitado a participar en exposicións colectivas de artistas galegos, así como no salón das nacións de París.
As súas obras figuran en diversas coleccións Particulares de Gran Bretaña, Alemaña e Canadá, así como no Museo Provincial de Lugo.
Desde 1969 ven desenvolvendo labores docentes, como profesor de Debuxo, Pintura e fotografía artística nos seguintes centros da Capital Lucense: Instituto Nacional de Bacharelato "Lucus Augusti", Colexio "Divino Maestro", Colexio "Sagrado Corazón", "Club Caixa Galicia", etc...
Na actualidade é profesor de Fotografía artística na Escola de Artes "Ramón Falcón" de Lugo.
Foi Conselleiro Xeral e vocal da comisión de obras sociais e culturais de Caixa Galicia.
En febreiro de 1995, xunto a outros promotores, funda a "Asociación de Artistas Plásticos de Lugo", sendo elixido presidente da mesma, cargo que desempeñou hasta decembro de 1998, cesando a petición propia.
En 1981 comezou a publicar artigos e ensaios sobre temas de arte en diversas revistas, colaborando con Radio Lugo, escribindo unha serie de "Diálogos de Actualidad". En 1992 escribiu unha serie de comentarios de actualidade baixo o título "Con viento fresco" para Cope. Nos últimos anos ven publicando colaboracións no diario "El Progreso", de Lugo, con temas moi variados: crítica de arte, ensaios, actualidade, relatos breves (desde a ironía e o humor).

Críticas

Crítica

"(...) En 1984 realiza una exposición en la Galería de Caixa Galicia, en A Coruña, en la que se registra un cambio drástico en su manera de pintar, abandonando su característica geometrización para embarcarse en una pintura más vinculada a la realidad. Son retratos, paisajes y rincones de...

Galerías

Galería
  • Pintura

Galería
  • Fotografía