Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Monumentalidade Natural

As obras de Dobao, inclusive aquelas que non están concebidas para espacios públicos, posúen unha monumentalidade natural e unha forza expresiva rotunda, casi impositiva. Aindaque o escultor domina o oficio e é un consumado modelador, proxectase máis felizmente...
 
MONUMENTALIDADE NATURAL
 As obras de Dobao, inclusive aquelas que non están concebidas para espacios públicos, posúen unha monumentalidade natural e unha forza expresiva rotunda, casi impositiva. Aindaque o escultor domina o oficio e é un consumado modelador, proxectase máis felizmente canto máis abstractivas son as súas concepcións. Certo dramatismo implícito preside a súa obra, con "Custodia del pensamiento", unha das súas mellores pezas, concebida como unha xaula xirante que encerra unha obra de Freud. Cando busca o lirismo, e como galego é no escasamente ensoñador, consegue figuras dunha exquisitez inefable, a base de desnudos que danzan, entrelázanse, forman círculos que xiran no espacio ou se lanzan á agua, idealmente, aindaque semelllen ser ingrávidas. "Carros de fuego" é unha combinación dese concepto coa xeometría máis rotunda, xogando con planos inclinados, aristas e figuras que se instalan neses espacios.
 
O HOME NO SEU MUNDO
 Rebelde o cabello, cano como a barba descoidada, velado o mirar, observador e disimuladamente inquisitivo tralo cristal das súas gafas, que da ós ollos un aspecto acuoso, case canino. Dobao é home de palabra breve, de longos silencios, de timidez patente, nada dado a falar de sí mesmo, xa que cre que é a súa obra a que ha de definilo. Por completo alleo a grupos ou camarillas, atópase a gusto no seu taller, entregado por completo á súa obra. Foi durante un amplo período membro do patronato do Museo Municipal de Vigo, e súas intervencións foron sempre discretas, breves, acertadas na suxerencia, alleo a calquera rotundidade e máis ainda á vanidade. Boceto tras boceto, vai conformando a obra que concebiu, antes de plasmala na súa apariencia definitiva. Apasiónase polo seu traballo e cando a idea vai cobrando realidade, entregase á tarea en horas sen fin, inclusive de noite. Esixente consigo mesmo, abandonou, e ata destruíu, bo número de obras comezadas que non alcanzaban canto tiña sentido para elas. Cultivou case tódolos xéneros e expresouse en moi diversas materias, comezando pola madeira, ainda que na que máis a gusto se atopa é o bronce, porque desexa que a súa obra perdure. Cando cita admiracións, a maioría non son grandes nomes, mestres señeiros, senon escultores cos que conviviu, galegos coma él, entre os que están o imaxineiro Ángel García, coñecido como Gelo de Tremiña. Desexaría facer un monumento ó emigrante galego, ó tradicional emigrante á América hispana dun pasado case remoto, que tanto aportou a Galicia e a España, e situalo na estación marítima de Vigo, ante o mar, punto de partida e retorno daquelas xentes. Querería que tivera un home, portador dunha maleta, e unha muller abrazando a un mociño sen rostro, porque o pai, ó seu regreso apenas o coñece. Un contraste entre realismo e abstracción relativa, idealizada. Asegura que o encargo condiciona, aindaque hai que busca-la liberdade posible a partir dese condicionamento. E gosta de volver a contemplar os seus monumentos, para dialogar con eles e criticalos, esixentemente, buscando evitar erros nas obras futuras. Pedro Dobao é imaxinación, fantasía, dominio do oficio, para unha escultura fonda e cabal. A crítica eloxiouno, e non pouco, no seu tempo que entregou a difundir o seu amor pola arte.

Autor de la crítica: 
Francisco Pablos, Académico de Belas Artes.

Dobao, Pedro

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información