Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Pedro Dobao, escultor absoluto.

Estou seguro de que quen visitasen a exposición de Dobao, estarán comigo se digo que é un dos mási importantes escultores galegos e comparando, estudiando e reencontrando, tamén hai que situalo na relación sagrada de quen sufriron e gozaron neste divino arte que os fai case dioses. Sempre coidei que Deus se equivocou, cando moldeou ao home e aínda que mellorou a especie na muller, deixou unha gran marxe para que os escultores, por delegación divina, acercasen as súas obras aos estilos do home, das súas formas materiais, espirituais, convivenciais, sosciais e un etcétera longo. Un deles é Dobao: un home sinxelo que naceiu coa estrela creadora que o acerca a un deus. E, por eso, ten as virtudes dos grandes de sempre e non precisa dar o último golpazo ás súas figuras dicindo o ‘parla cane’ miguelanxlesco. Por moitas razóns e verdades, creo que acudir á exposición extraordinaria. –na Casa das Artesé un gozo e para moitos unha sorpresa: Dobao é parco en acenos e verbas, pero sabe moito e afonda no seu pensar dentro de mundos que os demais mortais, non temos a sorte de acadar. Soamente o título das súas obras –qué entrañamento incrible-, nos amosa o selo vivificador de Dobao. Non falo da confección material, sempre dura, senón da forza mental que precisa sen a que non hai obra de arte. E así, as súas esculturas son mensaxes, ás veces dolorosas. Os seus bronces presentan sinais de un desacato social o de algunha inxustiza, que con levedade e comprendendo a dificultade do seu dicir, -sendo como son as súas figuras tremendamente expresivas-, deixa nelas o seu desexo transferible ao espectador como un acicate esixente de perfectibilidade. Dobao é un poeta: poesía é creación en grego: Vexan con calma as súas familias, os amantes,.o forte amor das súas parellas, a espiritualización da nadadora, do letargo ou a elegancia; da contorsionista; o movemiento do mar ou o misterio místico dos bronces triloxía e lírica. E xoguen a poñer nomes novos, que poderán, ás súas creacións. É o trasmundo que hai dentro de todas as esculturas de Dobao. 

Autor de la crítica: 
Lalo Vázquez Gil, en Opinión de Atlántico Diario.

Dobao, Pedro

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información