Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • A Cidade da Cultura ensina o seu 'Gaiás segredo' con novas visitas á arquitectura, zonas verdes e espazos restrinxidos ao público
    A Cidade da Cultura pon en marcha a partir do 13 de abril un novo servizo de visitas comentadas, Gaiás segredo, que amosará a súa arquitectura e as súas zonas naturais dun xeito máis exhaustivo, á vez que terá un compoñente máis exclusivo, ao incorporar lugares habitualmente restrinxidos ao público como son a galería subterránea que comunica o complexo, as sobrecubertas dos edificios e os sofisticados depósitos bibliográficos. As visitas comentadas Gaiás segredo estarán activas todos os sábados do ano ás 11,30 horas e ampliaranse aos xoves e aos venres en Semana Santa e nos meses de xullo e agosto.
  • O cineasta filipino Kidlat Tahimik, protagonista da segunda xornada de Play-Doc
    O Festival Play- Doc ofrece este xoves 4 de abril unha completa programación tras a súa xornada inaugural na que os asistentes poderán gozar da película A Story from Africa, do mítico realizador afroamericano, Billy Woodberry. Tras a inauguración, tamén terá lugar a primeira sesión da retrospectiva dedicada ao cineasta filipino Kidlat Tahimik coa súa película, Quén inventou o Yoyó? Quén inventou o vehículo lunar?, tras a proxección o público poderá ter o primeiro encontro co singular cineasta filipino. Nesta 15º edición, que se celebra en Tui ata o vindeiro domingo 7 de abril, o Festival Play-Doc estrea unha nova sección North by Northwest para celebrar a expansión a Asturias.
  • O Gaiás e a asociación Bata promoven a integración social das persoas con autismo coa exposición '30 anos imaxinando futuros'
    A Cidade da Cultura e a asociación Autismo BATA queren promover a integración social das persoas con trastorno do espectro autista (TEA) coa exposición 30 anos imaxinando futuros, que desde hoxe ata o 17 de abril pode visitarse na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia. A mostra, que abriu as súas portas esta mañá coincidindo coa celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, recolle unha escolma de máis de 35 obras entre lenzos, debuxos e pezas de cerámica, todas elas elaboradas por persoas con TEA. 30 anos imaxinando futuros procura promocionar experiencias culturais positivas que permitan desenvolver a curiosidade e o sentido estético e crítico.
  • Galician Film Forum celebra a súa décima edición coa estrea de 'Tódalas mulleres que coñezo' no Reino Unido e coa proxección de 'Matria'
    O Galician Film Forum (GFF) celebrará a súa décima edición cun programa dobre que incluirá a estrea no Reino Unido do documental Tódalas mulleres que coñezo, de Xiana do Texeiro, e a proxección da curtametraxe Matria, de Álvaro Gago. A actividade terá lugar o venres, 5 de abril, na universidade King´s College London [19 h, Edmond J Safra Theatre, Strand Campus, WC2R 2LS]. Ademais, tras as proxeccións o público terá a oportunidade de manter un coloquio con Álvaro Gago, que se desprazará a Londres para participar nesta edición. Coma decote, ambas as dúas obras proxectaranse en versión orixinal con subtítulos en inglés e o encontro celebrarase en inglés e mais en galego.
  • A segunda edición de 'Serán. Encontro Galego de Cultura Popular' porá en valor as bandas de música
    As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán’02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, creado para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia no vindeiro mes de xuño tras o éxito da súa primeira entrega, que dedicada ao baile e á música tradicional congregou no Gaiás máis de 7000 persoas. Baixo a dirección artística de Quique Peón, o Serán’02 terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño e incluirá concertos de bandas tanto galegas como de fóra de Galicia, así como de agrupacións infantís. Serán'02 desenvolverase en distintos espazos do complexo, incluíndo o Auditorio ao aire libre do Xardín do Teatro, que se encontra agora mesmo a punto de rematar as súas obras.
  • Play-Doc presenta unha nova edición e desvela a súa programación de cinema galego
    Presentáronse en Tui os contidos da sección galega así como toda a programación que compón a nova edición do Festival Internacional de cinema Play-Doc que se celebrará do 3 ao 7 de abril na cidade fronteiriza. O certame chega a súa décimo quinta edición convertido nun referente a nivel internacional. Primeiras retrospectivas en España, estreas e cineastas de culto que conforman unha das edicións máis ambiciosas do festival galego. O certame contará con lendas do cinema como o norteamericano Bruce Weber, ou o pai do cinema filipino, Kidlat Tahimik, unha sección oficial chea de estreas españolas, así como un gran número de actividades paralelas.
  • 'Firma e Filme' reúne unha vintena de produtoras e editoriais na procura de adaptacións audiovisuais de obras literarias galegas
    Participan, entre outras, as produtoras audiovisuais Miolos Filmes, Agallas Films, Ollovivo, Abano producións, Milana Bonita, CTV, Ficción Producciones e Frida Films e as editoras Xerais, Galaxia, Baía Edicións, Técnicas e Gramaxe, Toxososutos, Positivas, Edebé, Tandaia e Urco. Esta nova edición de Firma e Filme arrancou cunha convocatoria para as editoriais a raíz da que a Agadic recibiu 32 propostas de libros de diferentes xéneros e estilos susceptibles de seren levados ás pantallas en calquera formato ou xénero: animación, acción, aventuras, bélico, biopic, ciencia ficción, comedia, drama, experimental, fantástico, musical, romántico, suspense, terror, thriller, etc.
  • 'Do tempo e dos astros' reúne dous traballos etnográficos de Antonio Fraguas
    Do tempo e dos astros reedita dous traballos de corte etnográfico de Antonio Fraguas: O culto aos mortos, conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo en maio de 1931 e publicada por primeira vez ese mesmo ano, e Preocupación polo tempo e os astros na crenza popular, que vira a luz en 1975, no tomo V do Boletín Auriense. Dous textos que eran ata o momento difíciles de consultar e que esta publicación da Biblioteca Antonio Fraguas da Editorial Galaxia lle achega ao público no ano en que se lle dedican as Letras Galegas ao seu autor. É unha mostra do papel de don Antonio Fraguas como estudoso e divulgador da cultura popular, no seu afán por axudarnos aos galegos a recoñecernos nela para comprendérmonos e querérmonos a nós mesmos.
  • A Rede Galega de Teatros e Auditorios acolle o novo espectáculo da compañía Talía 'A primeira vez'
    En A primeira vez, Artur Trillo dirixe e versiona ao galego un texto do autor polaco contemporáneo Michal Walczak, un dos expoñentes da nova escena europea. Na peza abórdanse as relacións de parella e a incomprensión desde unha perspectiva traxicómica que reflicte as tensións humanas, con crueldade pero tamén con sentido do humor. Na interpretación están María Ordóñez e Toño Casais, habituais de Talía Teatro, que hoxe acompañaron a Artur Trillo, a Juan M. Constenla, concelleiro de Cultura da Estrada, e a Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), na rolda de prensa de presentación da montaxe, unha proposta á que os seus artífices se refiren como “drama disfrazado de comedia”.
  • John Malkovich visita Galicia con motivo do tributo do Centro Galego de Artes da Imaxe ao exdirector da Filmoteca Española, Chema Prado
    O actor John Malkovich visita estes días Galicia para participar no ciclo 'Vai e vem. Carta blanca a Chema Prado', que o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) lle dedica na Coruña ao exdirector da Filmoteca Española para renderlle tributo ao que foi un dos seus principais valedores desde a súa creación hai 27 anos. Malkovich desprazouse ata Galicia para compartir esta homenaxe, dentro da que se proxectou o thriller 'Pasos de baile' que o estadounidense dirixiu en 2012, con Javier Bardem como protagonista. A película foi seleccionada polo propio Chema Prado, a quen o CGAI lle deu carta libre para deseñar unha escolma dunha vintena de títulos, que poderán verse ata mediados de maio.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 89
  • 90
  • 91
  • 92
  • 93
  • 94
  • 95
  • 96
  • 97
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información