Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O Gaiás e a asociación Bata promoven a integración social das persoas con autismo coa exposición '30 anos imaxinando futuros'

Na apertura da exposición participaron a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo; o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Ildefonso de la Campa Montenegro; a vicepresidenta de BATA, Mónica Santos; así como dous integrantes da asociación que deron lectura a un manifesto.

“Desde a Cidade da Cultura queremos ser un espazo aberto á participación activa dos axentes sociais, que a través de proxectos como este enriquecen a nosa oferta cultural e de eventos e nos fan ser unha Cidade da Cultura máis viva, integradora e aberta”, sinalou Vázquez Reboredo. A directora xerente do Gaiás agradeceu tamén a BATA que “nos achegue así, a través da arte, o día a día do colectivo de persoas con TEA, pois darlle visibilidade a persoas con capacidades diferentes axúdanos a entender mellor o seu modo de ver o mundo”.

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade remarcou o “compromiso permanente e irrenunciable” do Goberno galego coa discapacidade, traballando da man das asociacións e colectivos sociais. De la Campa quixo por en valor especialmente o traballo de BATA para mellorar a vida das persoas con TEA: “O voso esforzo e dedicación infinita para sumar e superar atrancos e fronteiras demóstranos que as fronteiras están só nas nosas cabezas”, remarcou.

Por último, a vicepresidenta de Autismo BATA, Mónica Santos, quixo agradecer “o apoio institucional para pór en marcha esta exposición na que as persoas con TEA representan como ven o seu futuro e onde plasman os seus sentimentos e a súa forma de entender a vida: é un regalo poder amosalas en público e que as persoas que a visiten coñezan a súa realidade”.

Rachar estereotipos

30 anos imaxinando futuros procura promocionar experiencias culturais positivas que permitan desenvolver a curiosidade e o sentido estético e crítico, ademais de rachar estereotipos e ideas preconcibidas e achegar á sociedade a mensaxe de que, cando as persoas contan cos medios axeitados, todas as metas son posibles

A mostra, que implica ás Consellerías de Cultura e Turismo e de Política Social, enmárcase no programa de actividades organizado pola asociación Autismo BATA con motivo do seu 30 aniversario, que se desenvolverá ao longo de todo o ano e que abrangue ámbitos como a cultura, o social ou o deportivo. A entidade celebra deste xeito os seus 30 anos acompañando a persoas con TEA e as súas familias nun camiño cheo de aprendizaxes e superación.

A Cidade da Cultura enmarca esta colaboración con BATA no obxectivo de promover a cultura como vía de integración social e desenvolvemento persoal, e no seu compromiso de abrir o programa de actividades e os espazos da Gaiás a todos tipo de públicos.

A exposición poderá visitarse de balde na Sala Eisenman da Cidade da Cultura ata o vindeiro mércores 17 de abril. Ademais, con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, as emblemáticas Torres Hejduk do complexo iluminaranse en azul durante toda esta semana.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información