Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Galicia celebra o legado do protagonista das Letras 2019, Antonio Fraguas Fraguas, cunha ampla programación conxunta
    Co gallo do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ao investigador e profesor Antón Fraguas Fraguas, a Xunta de Galicia, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Consello da Cultura Galega, en colaboración coa CRTVG, deseñaron un amplo programa de actividades que abranguen iniciativas no eido literario, expositivo, deportivo, empresarial, musical e escénico, entre outros, dirixidas a todos os públicos, e que terán como acto central o propio Día das Letras, o vindeiro 17 de maio.
  • O Centro Galego de Arte Contemporánea reúne na exposición ‘Homeless’ as obras clave da traxectoria de Ángela de la Cruz
    O título da nova exposición de Angela de la Cruz fai referencia a Homeless (Sen fogar, 1996), unha das primeiras obras que realizou a artista rompendo o bastidor que contén o lenzo para converter en tridimensional a peza plana, borrando os límites entre a pintura e a escultura. En palabras da artista “é unha escultura utilizando a linguaxe da pintura e viceversa. É unha pintura e unha escultura”. O título tamén suxire un tema que segue sendo tan importante hoxe como o foi hai máis de vinte anos e que se vencella coa preocupación da artista pola actualidade, a desigualdade social, a situación política ou os efectos do cambio climático. Outra característica da súa obra é a continua reciclaxe que fai dela e que nesta mostra ten a súa expresión na peza Extensión.
  • A Cidade da Cultura convida a disfrazarse de estrelas do rock para gozar dun baile de entroido coa música da Gramola Gominola
    A Cidade da Cultura de Galicia convida aos amantes do entroido a disfrazarse de roqueiras e roqueiros e gozar dun baile especial coa música en directo da banda infantil A Gramola Gominola, unha festa para toda a familia que terá lugar o luns 4 de marzo ás 17.30 horas no Museo Centro Gaiás. A estética do rock’n’roll, coas súas cazadoras de coiro, pantalóns axustados, chatolas ou topetes, convértese desta volta no tema do baile que a Cidade da Cultura organiza polo entroido desde fai catro anos e que, en edicións anteriores, se ten dedicado ás xentes do mar, á cultura chinesa ou aos diferentes xeitos de celebrar estas festas ao longo do mundo.
  • O CDG ábrelle as portas do Salón Teatro á comedia 'O Furancho', de Ibuprofeno
    A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago converterase esta semana nun “resort vitivinícola” para acoller a premiada comedia O furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro. Marián Bañobre e Isabel Risco son as protagonistas desta montaxe, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, que poderá verse en Compostela do xoves 21 ao domingo 24. Marián Bañobre encargouse de deseñar o vestiario, ademais da escenografía xunto a Santiago Cortegoso, como parte do equipo artístico do que tamén formaron parte Carmela Bueno (movemento escénico), Salvador del Río (deseño de iluminación) e Radio Cos (música), entre outros profesionais.
  • O Festival Internacional de Teatro Universitario sube o pano da súa vixésimo quinta edición
    O Festival Internacional de Teatro Universitario alcanza este ano a súa vixésimo quinta edición cunha nova programación que se desenvolverá entre o martes 19 e o venres 22 coa participación de compañías galegas, de Italia e Lituania. Organizado pola Aula de Teatro da USC, o festival conta un ano máis co respaldo da Deputación da Coruña. O Festival subirá o pano o martes 19 da man da Compañía da Aula de Teatro da USC coa representación de ‘A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour’, cunha duración de 47 minutos. A obra propón unha reflexión sobre o medo e como este pode condicionar a vida das persoas.
  • O escritor César Antonio Molina enxalza o sentimento amoroso a través dun ciclo de cine no CGAI
    O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)- Filmoteca de Galicia inicia o vindeiro martes 19 o ciclo Tan poderoso coma o amor, titulado como o libro que o escritor coruñés César Antonio Molina acaba de publicar no selo Destino. Este volume afonda no sentimento amoroso a través dunha escolma de cen clásicos do cinema mundial que van desde Camille (1921), de Ray C. Smallwood, ata La correspondencia (2016), de Giuseppe Tornatore, e que lle serven ao seu autor para reflexionar sobre o amor en clave filosófica, analizando como a sétima arte tratou o tema practicamente desde o seu nacemento. Con tal motivo, o escritor e os programadores da filmoteca galega seleccionaron os 11 títulos deste programa entre as películas do devandito volume.
  • Isidoro Valcárcel ofrece en 'Escenas do cambio' unha peza creada 'ex profeso' para a escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego
    A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar hoxe a segunda semana de ‘Escenas do cambio’, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción do Gaiás, e faino cunha peza creada ‘ex profeso’ para a escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego por Isidoro Valcárcel (Murcia, 1937), un dos pioneiros da ‘performance’ en España e que conta cunha traxectoria creativa de máis de 40 anos que lle valeu os máximos recoñecementos como son o Premio Nacional de Arte e Premio Velázquez de Artes Plásticas. A presenza de Isidoro Valcárcel completouse cun obradoiro durante a primeira semana do festival.
  • O Centro Dramático Galego levará a escena a súa produción 'Neorretranca e posmorriña' cun elenco integramente feminino
    O Centro Dramático Galego (CDG) contará cun elenco integramente feminino para a súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, que se estreará o vindeiro 11 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela baixo a dirección escénica de Gena Baamonde. As intérpretes Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron as seleccionadas para encarnar todos os personaxes das dúas pezas que lle darán forma ao espectáculo: Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.
  • As longametraxes A sombra da lei e Trote suman 15 candidaturas cada unha na carreira polos Mestre Mateo
    A primeira rolda de votacións das e dos académicos galegos sitúa aos filmes A sombra da lei e Trote como as producións máis votada entre as 167 que se presentaron aos XVII Premios Mestre Mateo, acaparando 15 candidaturas cada unha. A unha certa distancia sitúanse a serie O sabor das margaridas con 8, a longametraxe Contou Rosalía con 7, e o programa Land Rober Tunai Show e o documental Versogramas con 4 cada unha. A sombra da lei opta a facerse co galardón á mellor longametraxe, mellor dirección para Dani de la Torre e todas as categorías profesionais ás que optaba -dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, guión, maquillaxe e perruquería, montaxe, son, música orixinal e vestiario-.
  • 'Escenas do cambio' converte o Gaiás no escaparate de novos proxectos teatrais galegos e da vangarda internacional
    O Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, ‘Escenas do cambio’, levanta mañá o pano no Gaiás para dar a coñecer durante dez días as propostas máis innovadoras e arriscadas das creacións da vangarda internacional —Vera Mantero, Ligia Lewis, Tino Sehgal, María Salgado & Fran MM Cabeza de Vaca, François Chaignaud, Marco Berrettini e MOTUS—; da española —Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel— e como non, da galega.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 92
  • 93
  • 94
  • 95
  • 96
  • 97
  • 98
  • 99
  • 100
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información