O cineasta filipino Kidlat Tahimik, protagonista da segunda xornada de Play-Doc
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/kidlat-tahimik.jpg)
Este xoves 4 de abril, chega desde Chile a segunda proxección da sección competitiva, Nona. Si me mojan, yo los quemo (2018) terceira longametraxe da nova e talentosa cineasta Camila José Donoso, interpretada por Josefina Ramírez, avoa da realizadora. Estreada na pasada edición do IFFR (Festival Internacional de Róterdam), Nona é unha película que bebe das fontes do documental para converterse nunha ficción pouco convencional que transcende todos os xéneros. Nona é o retrato dunha muller chea de arestas e complexidades que foxe dun turbulento pasado para acubillarse nun presente onde suceden misteriosos acontecementos.
Tras a proxección Camila José Donoso estará co público para comentar esta ‘ transficción’ cargada de realismo máxico, que non é só unha contundente declaración feminista e unha homenaxe á figura da súa avoa, senón tamén unha crítica incisiva ao pasado e presente da sociedade chilena.
Nesta 15º edición, que se celebra en Tui ata o vindeiro domingo 7 de abril, o Festival Play-Doc estrea unha nova sección North by Northwest para celebrar a expansión a Asturias, a través de Telecable, e a Euskadi con Euskaltel, da súa plataforma VOD, Play- Doc Tv, coa que desde hai uns anos Play-Doc e R, o operador de cable en Galicia, teñen como obxectivo achegar ao público un cinema á marxe dos circuítos comerciais e darlle un maior alcance e visibilidade.
Con este motivo nace esta sección na que o público poderá gozar dun pequeno adianto de tres importantes películas procedentes do Norte e do Noroeste peninsular. Nesta primeira xornada será a quenda da vasca Muga Deitzen dá aPausoa- Paso ao límite dirixida por Maider Oleaga, coa que o público poderá charlar tras a proxección, e a asturiana In memoriam (La derrota conviene olvidarla) dirixida por Marcos M. Merino, coa montaxe a cargo do galego Álvaro Gago.
Axenda xoves 4 de abril
16.30h - Amarillo de Rabia - Kidlat Tahimik - Retrospectiva
19.30h - Muga Deitzen da Pausoa- Paso al límite - Maider Oleaga - North by Northwest
20.30h - Turumba - Kidlat Tahimik - Retrospectiva
21.30h - In Memoriam (La derrota conviene olvidarla) - Marcos M. Merino - North by Northwest
22.30h - Nona. Si me mojan, yo los quemo - Camila José Donoso - Sección Competitiva
R.