Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • A décima edición do Festival de Música Clásica Bal y Gay levará este verán 13 concertos a espazos emblemáticos da Mariña lucense
    A décima edición do Festival Bal y Gay será do 10 ao 24 de agosto. Pasará por Viveiro, Alfoz, Foz, Ribadeo, Cervo, Mondoñedo, Lourenzá ou Barreiros e os concertos celebrarase en lugares como a fábrica de Sargadelos, a Catedral de Mondoñedo, Basílica de San Martiño de Foz, a Fortaleza Alfoz, a igrexa de Lourenzá, entre outros. A Real Filharmonía de Galicia será a encargada de inaugurar a edición o 10 de agosto no Teatro Pastor Díaz de Viveiro cunha gala lírica dirixida por Maximino Zumalave. Os seguintes concertos correrán a cargo, entre outros, do cuarteto de saxofóns Kebyart, a soprano Rocío Pérez, a violonchelista Sara Ferrández, a pianista portuguesa, María Joao Pires, así como a Orquestra Sinfónica de Galicia.
  • A Filmoteca de Galicia percorre neste xuño a etapa alemá de Douglas Sirk e a obra cinematográfica de Javier Codesal
    A Filmoteca de Galicia porá o foco neste xuño na produción cinematográfica do creador multidisciplinar Javier Codesal e na etapa alemá do director Douglas Sirk. Ademais, a carteleira para este mes tamén incluirá a estrea de catro películas realizadas polo alumnado participante no programa internacional Cinema en curso e daráselles continuidade tanto á mostra 7x7: novas películas checas como ao programa A/Z-Zulueta Inédito, ciclo sobre o director de Arrebato organizado en colaboración co festival coruñés (S8).
  • O proxecto Nós lanza as tres primeiras ferramentas para a interacción de persoas e dispositivos en galego
    As tres primeiras ferramentas dispoñibles do proxecto Nós posibilitarán a interacción en galego entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos. Trátase do primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto e unha aplicación de síntese de voz que a partir dun texto é quen de ler en galego. Estas ferramentas estarán dispoñibles proximamente en aberto e de xeito gratuíto para calquera persoa, empresa ou proxecto que as precise ou desexe empregar.
  • A nova exposición do CGAC percorre os 30 anos de traxectoria da viguesa Almudena Fernández Fariña a través das súas fotos, bordados ou pezas cerámicas
    Comisariada por Susana Cendán, a exposición está composta por fotografías, bordados, pezas cerámicas ou libros-obxecto. Repasa tamén a importancia que a artista lle outorga ao contexto e relación co lugar, algo evidente en varios dos seus proxectos que teñen en conta os distintos aspectos físicos e topográficos, formais, simbólicos, históricos, económicos e sociais que definen os espazos sobre nos que Almudena Fernández Fariña intervén. Estes proxectos foron recollidos nun vídeo documental que se proxecta nunha das salas.
  • A nova edición do Festival Peregrinos Musicais incorporará unha xornada de música clásica na rúa
    Presentouse a nova edición do Festival Peregrinos Musicais, a iniciativa coa que ano a ano se contribúe a divulgar o traballo de novos intérpretes de música clásica. O programa deste ano, que se celebrará entre o 29 de xuño e o 14 de xullo, incluirá un total de sete xornadas musicais, con entrada de balde, protagonizada tanto por mozos como por artistas consagrados de carácter internacional de Ucrania, Alemaña e España. Os concertos celebraranse no Teatro Principal, no Auditorio de Galicia, no Hostal dos Reis Católicos e no Pazo da Peregrina, no concello de Ames.
  • A Cidade da Cultura suma nos espazos verdes do Gaiás unha intervención artística de Acisclo Manzano concibida como lugar para a conexión espiritual e coa natureza
    A Cidade da Cultura amplía os atractivos do Bosque de Galicia como espazo de lecer e cultura coa inauguración de O prisma dos sentidos, intervención artística realizada polo escultor Acisclo Manzano. Concibida como un lugar de recollemento e meditación e espiritual, a obra evoca as formas dunha capela contemporánea erixida na contorna do monte Gaiás. Pola súa localización e integración na contorna natural, a obra ofrece ademais un punto de vista privilexiado das torres da Catedral de Santiago e da paisaxe compostelá. As súas paredes, perforadas con rostros, ondas e estrelas, permiten que a luz, o vento e a auga da choiva se filtren formando xogos evocadores e multisensoriais.
  • Darío Villanueva pecha este xoves o ciclo de divulgación científica que reuniu reputados relatores na cidade da cultura
    A Cidade da Cultura pecha este xoves o programa de fomento da cultura científica Ciencia parece pero non é co catedrático Darío Villanueva, que afondará no pensamento crítico e uso da linguaxe. Esta será a última das conferencias dun ciclo que reuniu desde xaneiro reputados relatores. Neste tempo alcanzáronse unhas 5.000 visualizacións na súa retransmisión online e participaron preto dun cento de docentes no curso que acompaña ao ciclo. O catedrático Darío Villanueva, exreitor da Universidade de Santiago e expresidente da Real Academia Española, realizará un achegamento á investigación e reflexión sobre pensamento crítico, razón e fenómenos de manipulación a través do uso da linguaxe no seu relatorio Imposturas intelectuais e atropelo á razón.
  • O 10º Mercado Galicia Escena PRO propicia o encontro de máis de 100 compañías galegas cos representantes de 75 festivais, feiras e espazos culturais
    Galicia Escena PRO, a feira de artes escénicas promovida por Xunta e a asociación profesional Escena Galega, celebra a semana que vén o seu décimo aniversario congregando durante catro días en Santiago máis de 180 axentes do sector co obxectivo de dinamizar a contratación dos espectáculos de produción galega, ao tempo que impulsar a súa proxección social. Teñen confirmada a súa asistencia representantes de 75 feiras, festivais, circuítos e espazos culturais de dentro e fóra de Galicia e de máis de 100 compañías e empresas.
  • O programa 'Conecta co Camiño' procurará que mozos e mozas galegos do exterior percorran a Ruta Xacobea
    Esta iniciativa ten coma obxectivo promover os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago, coñecendo a realidade da Galicia actual e moderna, actuando de altofalantes da mesma nos países onde residen. En total, ofértanse 60 prazas, distribuídas entre os diferentes países con maior presenza de colectividade galega. Os beneficiados aloxaranse na residencia xuvenil Altamar de Vigo, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
  • Pakolas, Museo do Pobo Galego, Orgullo galego e Daniel Romero gañan os Premios Rosalía de Castro da Deputación da Coruña
    'Pakolas. Rock infantil e familiar en galego' na categoría iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade; o Museo do Pobo Galego e Orgullo Galego, exaequo na categoría de entidades; e o técnico de normalización lingüística Daniel Romero na categoría de persoas, son as catro propostas gañadoras dos XIV Premios Rosalía de Castro de Lingua que convoca a Deputación da Coruña. Trátase do certame que, cada ano, recoñece e premia o labor de promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico de Galiza, tanto no ámbito territorial da provincia como no de todo o país.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información