Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • A Fundación Paideia Galiza impulsa os Premios Mans Futuro para recoñecer a excelencia do alumnado dos conservatorios superiores
    A Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza impulsan a XVIII edición dos Premios Mans Futuro, que recoñecen a excelencia do alumnado dos conservatorios superiores de música de Galicia e promoven a súa proxección. Este ano a convocatoria recupera as probas presenciais. Poderá concorrer a estes premios, financiados pola Fundación Paideia Galiza, o alumnado dos conservatorios superiores de música dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, situados na Coruña e Vigo. Deberán ter sobresaliente ou matrícula de honra no traballo fin de estudos na especialidade de interpretación.
  • O ciclo Cultura No Camiño encara a súa recta final con máis de 70 actuacións artísticas ata primeiros de setembro
    Cultura no Camiño, ciclo de exhibición de espectáculos co que a Xunta dinamiza cada verán a oferta cultural dos concellos vencellados ás diferentes rutas do Camiño de Santiago, entra na recta final da súa 11ª edición con tres intensas semanas de programación que inclúen 73 actuacións artísticas. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coas entidades locais participantes, encárgase da xestión deste circuíto, que está a desenvolver desde o pasado 15 de xuño un cartel con máis de 300 citas escénicas e musicais distribuídas entre 88 municipios.
  • Iniciado o expediente de declaración BIC do Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside e a súa colección artística
    O DOG publica a resolución de incoación para declarar como Ben de Interese Cultural o Museo Galego de Arte Contemporánea Sargadelos-Carlos Maside e a súa colección de arte composta por máis de 1500 pezas. Isto supón a aplicación do réxime de tutela previsto na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, e a protección inmediata da edificación proxectada polo arquitecto Andrés Fernández-Albalat e ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo, e das pezas artísticas. Tal e como se recolle na resolución, o expediente fundaméntase no “valor cultural sobranceiro” destes elementos, no seu “destacable interese arquitectónico e artístico” e no seu papel para explicar “a historia da arte galega contemporánea”.
  • Ata 12 creadores poderán participar nas residencias literarias na illa de San Simón
    Con esta iniciativa, a Xunta quere apoiar a creación literaria dunha ducia de persoas fornecéndolles unhas condicións idóneas a través dunha estadía na illa pontevedresa de entre 15 días e un mes como máximo. As residencias celebraranse nos meses de setembro, outubro e novembro e incluirán o aloxamento dos beneficiarios en réxime de pensión completa na Residencia Stella Maris da Illa de San Simón, en cuarto individual con espazo de traballo propio. Os participantes disporán, así mesmo, de espazos comúns de traballo, con varias estancias con conexión a internet e os medios técnicos e materiais básicos para o desenvolvemento do traballo creativo.
  • Presentado o novo número da revista de estudos xacobeos 'Ad Limina', centrado no Camiño de Santiago en Cataluña
    Creada no Xacobeo 2010 pola S.A Xacobeo como revista de investigación sobre o Camiño de Santiago e as peregrinacións, Ad Limina conta cunha versión impresa e outra dixital que lle permite unha ampla difusión e o recoñecemento internacional da alta calidade dos traballos que leva publicados ao longo destes 14 números. Está vinculada ao Comité de Expertos do Camiño de Santiago, que ten en Paolo Caucci o seu presidente de honra. O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino acolleu a presentación do novo número da revista, coordinada polo profesor Carles Sánchez Márquez, da Universitat Autònoma de Barcelona e Museu de Terrasa, e que conta con nove traballos de investigación arredor de Cataluña e o Camiño de Santiago, e outras investigacións e recensións de publicacións.
  • Galicia participa na constitución do Foro de Países Celtas para reforzar a dimensión atlántica na construción europea
    O Foro Celta nace co obxectivo fundamental de converter a unión destes territorios en motor de desenvolvemento sustentable, de prosperidade e de benestar para as súas poboacións. Trátase así de sumar esforzos para a posta en valor do patrimonio cultural destes territorios, da optimización dos recursos comúns e a posta en común dunha visión de futuro compartida. A Declaración de Rennes, asinada por todos os asistentes, recolle a aposta destes pobos por reforzar a cooperación intercéltica nas relacións institucionais, no eido das actividades marítimas, na educación e a formación a prol da mobilidade, na valorización, promoción e coñecemento do patrimonio, e no desenvolvemento das enerxías renovables.
  • A campaña 'Por outros tantos máis' promove o coidado do patrimonio cultural
    O obxectivo desta acción é “fomentar a sensibilización e concienciación da cidadanía, impulsar o coñecemento sobre estes bens e incentivar as boas prácticas e iniciativas de preservación que permitan que un dos maiores tesouros de Galicia sexa legado ás xeracións vindeiras nas mellores condicións”. A campaña difunde imaxes de bens como a Catedral de Santiago de Compostela, o Santuario de Santo Andrés de Teixido en Cedeira, a Muralla romana de Lugo ou o Mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos. Aparecen tamén o Castro de Viladonga en Castro Rei, os petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, os Muíños do Folón e do Picón no Rosal ou a Igrexa da Veracruz no Carballiño.
  • A Cidade da Cultura convida a gozar dos dez concertos de agosto de Atardecer no Gaiás con actuacións como Bejo, Natalia Lacunza ou Ben L’oncle Soul
    A Cidade da Cultura convida a gozar dun agosto musical cos dez concertos de Atardecer no Gaias, festival que achega a Santiago nomes como Bejo, Natalia Lacunza ou o francés Ben L’oncle Soul. O Gaiás recibirá a Catuxa Salom, galega de raíces arxentinas que abandonou Madrid por unha aldea de Lugo, onde nace a súa música. Os seus temas son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás composicións que fusionan o folclore galego con ritmos latinoamericanos baixo unha envoltura electrónica. O venres será a quenda de Elia Galdo, coruñesa, coñecida como KYR4, unha das grandes promesas do rap español, que comezou en 2021 a compoñer as súas primeiras cancións.
  • O Festaclown encherá de circo, humor e maxia as rúas de Vilagarcía de Arousa
    O Festaclown regresa un ano máis a Vilagarcía de Arousa, desta volta cunha oitava edición que se celebrará do 10 ao 15 de agosto baixo o lema A festa da risa para encher as rúas da capital arousá de circo, humor, narración oral, maxia e acrobacias. O apartado exterior do Festaclown inclúe a Kine Circus, compañía etíope que traballa en Adís Abeba coa cativada en risco de exclusión, e colectivos do panorama español como La Finistra Nou Circ, agrupación valenciana que representará Royal Circk. A carteleira ofrece unha variada selección de nomes referenciais do panorama galego nos eidos do clown, do novo circo, dos monicreques ou da narración oral, onde destacan Ángeles Goás cunha escolma de contos de igualdade e Vero Rilo co seu espectáculo Destemidas.
  • Os datos de Comercio interior do libro indican un aumento do 6% en vendas e do 8,2% da edición en galego
    Segundo os datos de Comercio Interior do libro en España en 2022 que veñen de ser publicados, a edición en galego o pasado ano foi de 1.855 volumes, cun aumento do 8,2% respecto de 2021. Ademais, o sector editorial vendeu un 5,6% máis, ata superar os 2.500M€ de vendas, e destaca sobre todo o aumento nas vendas de libros en papel, cun 5,9% máis. Estas cifras enmárcanse nunha xeira de bos datos que inclúe tamén o último Barómetro da Cultura Galega, co 52,5% do sector incrementando os seus ingresos en 2022, cun emprego estable para preto do 70% das entidades consultadas e cunha expectativa de maior facturación pese ao pesimismo da evolución da economía.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información