Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

A Filmoteca de Galicia percorre neste xuño a etapa alemá de Douglas Sirk e a obra cinematográfica de Javier Codesal

A cinemateca da Xunta inaugura este xoves ás 20,30 h. as sesións centradas en Javier Codesal con Evangelio mayor, proposta na que o artista aborda o envellecemento na comunidade LGTBIQ+. A proxección contará coa presentación do propio autor, quen ao día seguinte volverá ás 18,00 h. á Sala José Sellier para falar da súa obra Calavera resumida e para manter un coloquio co público ao redor da súa obra. O ciclo dedicado ao polifacético artista aragonés, un dos repasos máis completos á súa obra fílmica levados a cabo ata o día de hoxe, continuará o sábado seguinte, 17 de xullo, coa película Testimonio de Frederman.

O outro gran protagonista da programación será Douglas Sirk. A Filmoteca de Galicia percorrerá a etapa alemá deste director que fuxiu do Terceiro Reich en 1937 e acabou por continuar coa súa notable carreira en Hollywood. O realizador de títulos como Obsesión asinou varias fitas no seu país natal co seu verdadeiro nome: Detlef Sierck. La muchacha del páramo, de 1935, servirá o venres 16 de xuño de apertura a un ciclo que ao longo do mes ofrecerá diferentes pases doutras seis películas: No empieces nada en abril, La novena sinfonía, Pilares de la sociedad, La Habanera, Concierto en la corte e La Golondrina cautiva.

Novas xeracións

A Sala José Sellier acollerá o 16 de xuño a estrea de tres documentais e unha película de ficción a cargo do alumnado participante en Cinema en curso, programa internacional de pedagoxía do cine impulsado pola asociación A Bao A Qu, que en Galicia coordina a Filmoteca de Galicia no marco do Plan Proxecta para a Innovación Educativa da Xunta.

A película de ficción titúlase As distancias e está rodada por alumnos de sexto de primaria do CEIP A Rúa (Cangas) co acompañamento do director Ángel Santos. Pola súa banda, a rapazada de sexto de primaria do CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade) contou coa colaboración de Marcos Flórez para realizar o documental O pasar do tempo, mentres que as alumnas de cuarto da ESO do IES As Mariñas da Coruña asinan a obra documental Arkhé. O fluír do tempo coa guía de Xacio Baño. Por último, o curso de sexto de primaria do CEIP A Reigosa de Pontevedra contou coa implicación de Alejandro Tarraf para levar a cabo A pegada que deixas.

Colaboracións con Play-Doc e (S8)

A carteleira de xuño darálles continuidade ás colaboracións iniciadas en maio cos festivais Play Doc e (S8), cuxo ciclo na Filmoteca protagonizou xa o arrinque deste mes. No caso do certame documental tudense, a súa extensión na Filmoteca de Galicia materializarase na proxección dos catro capítulos que conforman Ocho disparos mortales/Eight deady Shots, película que o finés Mikko Niskanen estreou en 1972 en formato de serial televisivo. As entregas repartiranse en cadansúa sesión os días 14 e 15 de xuño ás 19,00 h.

Co festival (S8) XIV Mostra de Cinema Periférico proseguirase co ciclo A/Z Zulueta Inédito este mesmo venres ás 20,30 h. coa exhibición de La celebración de la carne. As proxeccións sobre Iván Zulueta seguirán con Aloha (venres, 16), Fugas y escapadas (venres 23) e Apuntes y bocetos (venres 30).

O programa mensual complétase coa mostra 7x7: novas películas checas, con títulos como Banger, de Adam Sedlák, ou Emma enamorada, de Jan Prušinovský e co ciclo OFF-Galicia, cuxo protagonista será Alber Ponte, de quen se poderán ver as pezas Una llamada en domingo e Estar dos-La conquista del espacio. Ambas as dúas proxectaranse este mércores ás 20,30 h. coa presenza do autor.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información