Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Máis de medio cento de actividades para celebrar o Día Internacional dos Museos
    A Xunta de Galicia programa este ano máis de medio cento de actividades nos espazos museísticos que xestiona para conmemorar o Día Internacional dos Museos, que se celebra o mércores 18, e incluirá visitas guiadas, obradoiros, xornadas de portas abertas, actividades didácticas e música, entre outras propostas dirixidas a todos os públicos. A meirande parte da actividade comeza o propio mércores e prolóngase ata a vindeira fin de semana, co gallo da Noite dos Museos. A axenda pode consultarse nas respectivas webs e redes sociais dos centros, espallados por todo o territorio galego e na axenda de Cultura de Galicia.
  • As propostas arredor do multiverso 'Portas', de Desviadas, e 'Dodo', de IAA, acadan os premios do VIII Findecurta
    O multiverso centrou a temática das nove propostas presentadas a concurso no VIII Findecurta, un certame promovido ao abeiro de Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Deputación Provincial e Concello de Lugo, ao que cada ano se incorpora máis talento mozo, tal e como se puido constatar na entrega de galardóns dun 'Findecurta' que premiou a historia 'Portas', creada por 'Desviadas', un cuarteto feminino de mozas preuniversitarias integrado por Elba Penas, Alba Area López, Uxía Calviño e Ayla Álvarez.
  • Jorge Fernández González recibe o V Premio CGAC de investigación e ensaio a polo orixinal 'A caverna baleira'
    A caverna baleira é un ensaio-ficción motivado polo descubrimento azaroso dun suposto Instituto de Arte Inexistente. A partir deste achado, o autor constrúe un texto que conduce ao lector a través dos diversos enfoques teóricos, categorizacións e xenealoxías aplicables á arte inexistente. A tal fin, revisa algunhas das liñas de contraprodución estética que marcaron o cuestionamento do obxecto artístico e propón un itinerario a través das obras de arte inexistentes e doutras cuxa existencia é cuestionada. Jorge Fernández Gonzalo é doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense cunha tese sobre a poesía de Claudio Rodríguez.
  • O Museo de Belas Artes da Coruña incorpora á súa biblioteca unha colección de case 300 publicacións dos séculos XX e XXI sobre a vida e obra de Picasso
    Esta colección, que pasará a integrarse nos fondos da biblioteca do Museo, inclúe catálogos de exposicións de museos europeos e americanos, así como literatura básica de investigadores internacionais de Picasso, biografías, publicacións periódicas e outras achegas. Son exemplares que proceden do mercado internacional do libro e foron recompiladas a través das múltiples viaxes polo mundo que realizou Peter L. Farer, percorrendo gran parte das exposicións sobre Pablo Picasso realizadas nos últimos anos.
  • O Proxecto Nós presenta as tres primeiras ferramentas para situar ao galego na vanguarda tecnolóxica
    O Proxecto Nós, a iniciativa que permite incorporar o galego ás novas linguaxes dixitais e que xa ten rematadas as tres primeiras ferramentas, presenta tres utilidades que estarán dispoñibles en aberto nun breve prazo de tempo para que calquera persoa, empresa ou proxecto as poida usar de xeito gratuíto: o tradutor de galego con tecnoloxía neuronal que xa está rematado e supera a calquera outro que existira ata agora, a primeira tecnoloxía que entende o galego oral e o converte a texto, e outra que, a partir dun texto, é quen de ler en lingua galega.
  • O escritor Xosé A. Neira Cruz recibe o XI Premio de Poesía Ardeiro
    A obra gañadora recolle 51 poemas distribuídos en seis capítulos: Subida polos anos, Un pestanexo do inverno, Parada no medio do trebón, Aprender a ulir a chuvia, Polo arame dun raio de sol e Arrastrando séculos sumados. O Goberno autonómico colabora na súa publicación e coa entrega dun lote de 300 exemplares. No transcurso do acto informouse, ademais, da convocatoria da XII edición do Premio de Poesía Xosé M. López Ardeiro, cuxo prazo de presentación de propostas estará aberto desde xullo ao decembro de 2023. Poderán participar obras poéticas escritas en lingua galega, orixinais e inéditas, cunha extensión de entre 350 e 700 versos como máximo.
  • O Salón Teatro de Santiago acolle a Matarile para 10 funcións de 'Fráxil'
    O Salón Teatro de Santiago acolle desde a semana pasada a compañía compostelá Matarile Teatro para as primeiras funcións públicas do seu espectáculo Fráxil. Handle with Care, coproducido polo Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid. Na sede da unidade teatral da Xunta, estreouse o pasado venres no marco do Festival Escenas do Cambio, promovido pola Cidade da Cultura de Galicia, e aquí permanecerá en cartel ata o vindeiro día 21 para ofrecer 10 novas representacións de mércores a domingos.
  • O Festival de Cans presenta a súa vixésima edición
    Serán máis dun centenar os cineastas que se darán cita nesta aldea do Porriño para participar nas diferentes seccións do programa, como Jaione Camborda, Sonia Méndez, Alfonso Zarauza, Pela del Álamo, Olga Osorio ou a franco-armenia Valérie Massadian, quen protagonizará o Foco Internacional con varias das súas pezas inéditas en España. Haberá tamén coloquios con actores e actrices como Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, María Vázquez, Antonio Durán Morris, Nerea Barros, Tamar Novas ou Diego Anido, ademais de Luis Zahera, a quen se lle fará entrega do Premio Pedigree de Honor.
  • O ciclo Cultura no Camiño esténdese este verán a 92 concellos das rutas xacobeas
    Os responsables da programación cultural dos 92 concellos participantes ultiman nestes momentos a carteleira que desenvolverán este verán ao abeiro do circuíto. Contan para este xestión coa plataforma galescena.gal, desde a que teñen acceso ao catálogo dos espectáculos que se inscribiron nesta 11ª edición a partir dunha convocatoria pública para compañías escénicas e grupos de música profesionais con sede en Galicia. Cultura no Camiño mantén como prioridade a dinamización cultural das localidades polas que discorren os camiños de Santiago ao seu paso por Galicia.
  • A XXVI Feira de Artesanía de Ourense conta coa participación de 19 obradoiros de Artesanía de Galicia
    Na edición deste ano participan como expositores 19 obradoiros de Artesanía de Galicia e un procedente de Asturias, especializados no traballo coa xoiería, cerámica, esmaltes, marroquinería, téxtil, bixutería e arranxos florais. Os obradoiros de Artesanía de Galicia son Xakarandá (Marín), Amorei (Soutomaior), Chueco (A Coruña), La Aguada Artesanías (Ribadavia), Mario López (Vigo), Silvereira (Ames), Zimzelatum (Gondomar), Montse Betanzos (O Grove), Paz Navas (A Coruña), A Sariña Maquinando (Ourense), Suso Calo – Lobo Tolo (Moaña), Geli Fraga (Cambre), Noga Arts Joyería (Santiago de Compostela), Mestura de Kores (Vigo), Taller Viola (Oza-Cesuras), Cerámica Ferreira (Vigo), Las Flores de Greta (Gondomar), Rosa Fraíz (Vilagarcía de Arousa) e María Aba (Ourense).
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información