Noticias
-
Foi inaugurada a 39 edición da feira de artesanía Mostrart, que se celebra nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña ata o 27 de agosto. Nesta edición de Mostrart participan un total de 53 profesionais da marca Artesanía de Galicia, así como 14 talleres artesanais doutras comunidades españolas e un de Francia. A feira, organizada pola Asociación Galega de Artesáns, e estará aberta todos os días ata o 27 de agosto en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 horas. Entre os particpiantes galegos desta 39 edición, destacan os obradoiros de coiro, os especializados en tecidos artesanais, e os de xoiería e ourivería.
-
A Cidade da Cultura custodiará e divulgará o legado de Arcadio López Casanova, homenaxeado na edición deste ano da Festa da Palabra na Insua dos Poetas do Carballiño. Trátase dun legado que merece ser recoñecido e cada vez máis divulgado, para o que a Xunta está a catalogar toda a súa obra para poñela a disposición do público. En concreto, a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, custodiará o seu legado, preto de 4.000 libros da súa biblioteca persoal que foron doados pola súa viúva, María del Carmen Paramio.
-
A decena de grupos e artistas que conformen o cartel definitivo do Focus Galicia 2023 ofrecerá actuacións de 30 minutos que se desenvolverán en distintas localizacións da xeografía autonómica a través dun programa deseñado á medida do perfil dos visitantes. Esta descentralización da actividade ten como obxectivo achegarlles valor engadido ás propostas musicais, logrando un escaparate singular para difundir a creatividade dos artistas participantes. Focus Galicia preséntase así como un evento de experiencias de identificación da música e do territorio onde se desenvolve, para brindarlles aos programadores de festivais e circuítos internacionais unha visión de conxunto sobre a creatividade do noso sector musical.
-
Na Asociación Amigos del Camino de Santiago y de la Santa Cruz de Cuenca tívose en conta o seu labor para potenciar e coordinar a revitalización, defensa, conservación, investigación, limpeza, protección e potenciación do patrimonio histórico-cultural dos Camiños de Santiago e os camiños que percorreu Fray Francisco de la Cruz. No caso da Asociación de Amigos del Camino de Río Grande do Sul de Brasil, o xurado valorou o esforzo revitalizador e promocional dos valores propios dos Camiños de Santiago feito por esta entidade que leva desde o ano 1999, apoiando e informando a peregrinos e desenvolvendo actividades para promover a Ruta Xacobea desde o eido cultural e histórico.
-
O elenco de Shakespeare en Roma dálles vida ao longo da montaxe a 47 personaxes baixo a dirección de catro equipos de dirección que se encargan de cadansúa peza. A Quico Cadaval e Sara Rey súmanselles Xúlio Lago e María Barcala, que se encargan do Xulio César asinado por Ana Carreira, e Rui Madeira, quen leva a escena a versión condensada de Coriolano polo autor ucraíno Volodymyr Snegurchenko. A tradución ao castelán para as representacións en Mérida asínaa Rosa Moledo. A nómina artística complétase con Ana Abad e Lorena Conde nas adaptacións de Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico; Xosé Lois Romero no espazo sonoro; Juanjo Amado, na iluminación e Saturna, no deseño de vestiario.
-
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello aprobou o decreto polo que se conceden as Medallas de Ouro de Galicia 2023 aos músicos Juan Pardo, Luz Casal e Carlos Núñez. O titular do Goberno galego resaltou que se trata da maior distinción que outorga a comunidade autónoma galega e que, nesta edición, dedícase “a un dos aspectos máis senlleiros do patrimonio” cultural galego como é a música. Rueda subliñou que os tres galardoados deste ano son persoas que “tiveron unha importancia singular no panorama musical a nivel internacional” durante as últimas décadas, pero “sen perder nunca a vinculación con Galicia”.
-
Redecinema é un ciclo de proxeccións de filmes en galego en formato cinema de verán (ao exterior e con gran pantalla) que viaxará por 18 concellos membros da Rede de Dinamización Lingüística durante os meses de estío. Para chegar a todos os públicos, a compañía ofrece a cada concello a oportunidade de elixir entre os títulos do seu catálogo: Cuñados, Melancolía, A Galiña Turuleca, A illa das mentiras, Engurras, Eroski-paraíso, Jacinto e O que arde. O primeiro pase será este sábado 15 na praza do Concello de Negreira, onde as persoas interesadas poderán achegarse ás 22,30 horas para gozar do filme de animación infantil e familiar A galiña Turuleca.
-
O proxecto Nova Economía da Lingua (NEL) pretende desenvolver modelos multilingües de texto, voz e tradución automática que poidan dar resposta ás necesidades da realidade social e estean en liña coa tecnoloxía actual, na que o multilingüismo e a transferencia entre linguas xogan un papel crucial. A primeira xuntanza deste iniciativa na que participa a USC e que conforma un Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) centrado na nova economía da lingua —promovido polo Goberno de España no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia—, botou a andar na Cidade da Cultura.
-
Nesta dobre cita expositiva, a sede do CGAC presenta ata o 7 de xaneiro de 2024, baixo o título 'Unha historia posible do CGAC', un percorrido polas exposicións, actividades e publicacións promovidas polo centro desde a súa creación, con especial atención aos fitos e pezas singulares que marcaron a súa historia e, paralelamente, a evolución do contexto artístico en Galicia. Mediante un itinerario expositivo artellado entre a planta baixa e o soto, amósanse pezas da colección CGAC e algunhas outras en préstamo que permitirán visualizar exposicións individuais e proxectos colectivos, con obras de nomes como Giovanni Anselmo, Esther Ferrer, Ángela de la Cruz, Hisae Ikenaga ou Pamen Pereira, entre outros.
-
PortAmérica 2023, o festival que une música e gastronomía de calidade e no que prima a sostibilidade, acada a súa 11 edición nun entorno natural extraordinario, como é a azucreira de Portas. O festival converteuse xa nun emblema dos festivais galegos e tense convertido pola súa orixinalidade nun festival distinto, familiar, con 30 chefs cociñando en directo, e con grandes artistas nacionais e internacionais, como Sebastián Yatra, Nicki Nicole, Bad Gyal, Guitarricadelafuente, Deluxe, M Clan, Loquillo, Molotov ou Jorge Drexler. De feito, o espazo showrocking, acollerá a 30 chefs internacionais que suman 14 Estrellas Michelin para facer a fusión perfecta entre ritmo e cociña.