Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • 'Escenas do cambio' traerá á Cidade Da Cultura a Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel, dous tótems da arte da vangarda
    A Cidade da Cultura de Galicia xa ten datas —do 7 ao o 16 de febreiro de 2019— para o festival máis vangardista das artes escénicas en Galicia, Escenas do cambio, no que se poderán ver dezasete obras escénicas, procedente de sete países (España, Portugal, Francia, Alemaña, Suíza, Polonia e Porto Rico) nunha programación que terá o privilexio de reunir nunha mesma edición a dous grandes referentes da vangarda, como son Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel Medina. Estes dous tótems da cultura contemporánea teñen cadanseu Premio Nacional e o Premio Velázquez de Artes Plásticas, os recoñecementos de máis prestixio neste eido en España.
  • Entregados os Premios Artesanía de Galicia 2018 á creatividade e á innovación dos profesionais do sector
    Os galardóns que hoxe se entregaron contan con tres categorías: Premio Artesanía de Galicia 2018 (dirixido a obradoiros artesáns que representen as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual); Premio Traxectoria, de carácter honorífico (recoñecemento proposto polo propio sector); e Bolsa Eloy Gesto, que busca potenciar o relevo xeracional no sector, o acceso de novos talentos á artesanía e a súa profesionalización
  • Presentado o proxecto de ampliación do Museo do Pobo Galego
    Os traballos desta ampliación inclúen a intervención nas fachadas do edificio e a renovación completa das cubertas. Ademais, procederase ao illamento térmico do inmoble, xunto á realización de labores de fontanería, saneamento, electricidade, iluminación e telecomunicacións. A actuación tamén prevé a substitución de toda a estrutura portante do chan que se atopa en mal estado, refacer os forxados, a instalación dun ascensor de alta capacidade e de baños novos. Por outra banda, construirase unha escaleira de comunicación vertical que unirá todas as plantas do edificio.
  • Arrinca o Congreso Internacional Musapalabra, que afonda na xestión dos museos como espazos de cohesión social
    O congreso enmárcase dentro do proxecto Cultura en diálogos iniciado en 2000, que gañou o Premio Ibermuseos na Convocatoria de Conversacións 2017. Nel participan diferentes museos españois, americanos e europeos, coa intención de establecer canles de diálogos entre ambos os dous continentes e construír colaboracións entre a Rede Museística Provincial e asociacións de inmigrantes en América do Sur. O congreso terá lugar ata o 18 de decembro, coincidindo a súa clausura co Día Internacional do Emigrante.
  • 'Os estudos galegos Camiño do Xacobeo 21' reunirá en Santiago de Compostela a expertos en lingua, cultura e proxección exterior
    O I Simposio Internacional Os estudos galegos camiño do Xacobeo 21 reunirá en Santiago de Compostela a 150 especialistas en lingua, cultura e proxección exterior, nomeadamente os vencellados á Rede de Lectorados Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia, do 14 ao 15 de decembro. O obxectivo é compartir experiencias e definir os eixes de actuación da proxección exterior do noso patrimonio cultural e lingüístico enfocándoos cara o Xacobeo 2021. O simposio está dirixido a persoal docente e investigador das universidades, axentes de turismo e persoal doutras institucións que traballan en proxección exterior.
  • Máis de 3,6 millóns de peregrinos chegaron a Santiago de Compostela desde a Declaración do Camiño Francés en 1993
    Cúmprense 25 anos da Declaración do Camiño Francés en España, que son lembrados durante estes días pola mostra 'Fotos dos XXV anos da Declaración do Camiño Francés en España'. Nela pode observarse a destacable presenza que ten Galicia na selecta lista do Patrimonio Mundial, coa Muralla de Lugo, a Torre de Hércules e os Camiños do Norte. Ademáis, hai soamente dúas semanas a Pedra Seca incorporábase ao Patrimonio Cultural da Humanidade e, agora mesmo, están en marcha tres candidaturas: a Ribeira Sacra, as Cíes-Illas Atlánticas e O Ferrol da Ilustración, ademais da celebración neste 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
  • A sede do CDG en Santiago recibe a compañía Inversa Teatro para oito funcións do espectáculo 'Sofía e as postsocráticas'
    O equipo da compañía Inversa Teatro inicia unha estadía de seis días no Salón Teatro de Santiago para ofrecer ata o domingo oito funcións do seu espectáculo Sofía e as postsocráticas, no que aborda a violencia machista e as causas estruturais do maltrato. Marta Pérez é a autora desta proposta, construída a partir de materiais de creación colectiva, ademais de dirixila e protagonizala xunto a María Roja e Silvia Pena. Nesta montaxe de Inversa Teatro, os filósofos Sócrates, Platón e Aristóteles suben a escena, interpretados por mulleres.
  • A campaña 'Nadal en Galicia' achega máis de medio centenar de propostas á oferta de actividades para estas festas
    'Nadal en Galicia' é o nome da guía que recolle unha selección das actividades de lecer programadas en distintos concellos da Comunidade, co obxecto de difundilas entre galegos e visitantes como parte da oferta turística do outono e o inverno. Esta publicación conta con tres apartados nos que se distribúen un total de 52 actividades que se desenvolven en municipios das catro provincias galegas. Neste sentido, dentro de Nadal en Galicia atópanse 25 beléns relacionados por provincias.
  • A Asociación galega Músicas ao Vivo presenta a programación completa de A Coruña Respira Música
    A Coruña Respira ofrece unha serie de actividades dirixidas aos músicos e músicas da cidade e da súa area metropolitana para contribuír á súa formación e darlle unha visión global sobre o sector musical e os seus retos no presente e no futuro. Este plan de promoción e produción para músicos e músicas contará con actividades abertas ao público. Están confirmadas unha serie de clases maxistrais, charlas formativas, “speed meetings” entre músicos e programadores, doce concertos e a inauguración da exposición Soundtrack sobre fotografía musical.
  • Os máis pequenos protagonizan a programación de inverno da Cidade da Cultura
    A Fundación Cidade da Cultura presentou un avance da súa programación de inverno, na que os nenos e nenas terán un papel destacado, especialmente nos meses do Nadal. Obradoiros creativos, cinema e unha grande árbore de Nadal para decorar en común sobresaen entre as actividades se poderán gozar no Gaiás. O Museo Centro Gaiás transformarase nunha auténtica Cidade do Nadal que abrirá as súas portas na tarde do 14 de decembro co acendido das luces que este ano iluminarán tanto o interior do museo como o exterior do Gaiás.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 96
  • 97
  • 98
  • 99
  • 100
  • 101
  • 102
  • 103
  • 104
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información