Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • O ciclo 'Cultura no Camiño' pecha 2018 con máis de 90.000 espectadores e 340 actuacións en 103 concellos
    Máis de 90.000 espectadores e 340 actuacións escénicas e musicais en 103 concellos de Galicia é o primeiro balance do ciclo Cultura no Camiño, que arrancou o pasado mes de abril e que pecha hoxe a súa programación cun concerto do grupo Treixadura, en Valga, ao que asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Esta iniciativa, que vai xa pola súa sexta edición, está promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, e volveu contar, ademais, co patrocinio de Gadis.
  • Seis concertos de recoñecidos artistas nas principais cidades galegas completan a programación de O Son do Camiño 2018
    Seis concertos de recoñecidos artistas nacionais e internacionais completarán este outono a programación de O Son do Camiño 2018, o festival co que Galicia promove a celebración do Xacobeo 2021. Despois de que o festival tivera lugar en Santiago de Compostela, as novas citas musicais ampliarán o seu alcance ao resto de cidades da Comunidade, situadas en diversos itinerarios xacobeos. As seis citas terán lugar ao longo dos meses de outubro e novembro, cunha proposta que dá continuidade ao festival, celebrado con gran éxito, pois ao longo de tres xornadas congregou a 84.000 asistentes de 12 países no revitalizado Parque Monte do Gozo.
  • Unha quincena de espectáculos de cinco países danlle forma á 11ª edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense
    O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) fixo público hoxe o cartel de espectáculos, mesas redondas e actividades formativas da súa undécima edición, que ofrecerá do 4 ao 14 de outubro unha quincena de montaxes de cinco países, así como o IV Encontro Mulleres Creando e o curso O xogo, motor da creación. A organización do festival mantén un forte compromiso co teatro feito en Galicia, coas actuacións da compañía de circo IO, de A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), de Trécola e de Matarile Teatro, que estrea no FITO Os limóns, a neve e todo o demais.
  • A World Trails Conference reúne desde hoxe en Galicia as mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo
    Máis de 250 persoas de 41 nacionalidades diferentes reúnense desde hoxe e ata o sábado en Santiago de Compostela para participar na World Trails Conference, o congreso internacional no que se reúnen as mellores rutas culturais, ecolóxicas e de peregrinación de todo o mundo. O congreso permitirá coñecer as experiencias de, entre outros, o Camiño Kumano Kodo -Patrimonio Mundial e irmandado co Camiño de Santiago desde hai 20 anos- e tamén o Camiño Shikoku Henro, co que tamén Galicia mantén férreas alianzas de colaboración.
  • A xornada 'Contornos e Contornas' abordará a mellora do benestar e aprendizaxe nas escolas a través da arquitectura
    A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o sábado 24 de novembro a primeira edición de Contornos e contornas. Unha visión transdisciplinar sobre a arquitectura’, na que profesionais da arquitectura, psicoloxía e pedagoxía procurarán crear un clima de reflexión e de propostas en común sobre as melloras a aplicar nos recintos educativos para mellorar a habitabilidade, benestar e o clima de aprendizaxe, tirando proveito dos respectivos coñecementos destas disciplinas.
  • A Cidade da Cultura convida a un magosto con castañas, obradoiro de tarrañolas e concerto de Xosé Lois Romero & Aliboria
    A Cidade da Cultura de Galicia festexará a tarde do sábado 27 de outubro o seu xa consolidado ‘Magosto no Gaiás’. Para celebrar esta cita cultural e gastronómica con tanto arraigo na cultura popular galega, non só se contará coas imprescindibles castañas —asadas ou como ingrediente principal en petiscos— senón que se adobiará a festa cos ritmos enxebres e enérxicos de Xosé Lois Romero & Aliboria, tanto no concerto co que se lle porán música a esta cita tradicional do outono, como no obradoiro de percusión con tarrañolas, que impartirá o mesmo músico antes da súa actuación no escenario do Museo Centro Gaiás.
  • Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, O Fiot, A Roda, O Festival de Cans, Antón Santamarina, O Sorriso de Daniel e Ramón Villares, Premios da Cultura Galega
    Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o Festival Internacional de Outono de Teatro-FIOT, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares son os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2018. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.
  • Técnicos especialistas inician o traslado de Buenos Aires a Galicia de 'A derradeira leición do mestre'
    'A derradeira leición' do mestre —obra icónica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e considerada o 'Guernica galego'— foi hoxe descolgada e embalada por técnicos especialistas para iniciar o procedemento de traslado desde o Centro Galicia de Buenos Aires a Galicia, onde se exhibirá por vez primeira na Cidade da Cultura —do 5 de outubro de 2018 ao 3 de marzo de 2019— como eixe central de 'Castelao maxistral', homenaxe ao papel dos mestres e mestras das tres primeiras décadas do século XX na construción do ensino público.
  • Galicia será a comunidade convidada na 35 edición da Feira de Artesanía da Rexión de Murcia
    Galicia será a Comunidade convidada na 35 edición da Feira de Artesanía da Rexión de Murcia, Feramur, que se celebra en Lorca entre o 27 e o 30 de setembro. Artesanía de Galicia participa cun stand institucional con pezas de 49 obradoiros artesáns e con 8 expositores presenciais. Entre estes está o gañador do Premio Artesanía de Galicia 2017, o obradoiro de xoiaría Ferraxe de Prata (Teo). Ademais, poderase ver o traballo da Asociación de Redeiras Artesás de Corme (Ponteceso), Soledad Mato (Santiago de Compostela), Comocuando (Vigo), Mar Barral (Catoira), Chueco (A Coruña), Crisol de Abril (Fene) e A Candelaria (Negreira).
  • Espazos Sonoros propón un obradoiro de achegamento á música antiga en Castrelo de Miño
    O ciclo de músicas en espazos de interese cultural da Consellería de Cultura e Educación, Espazos Sonoros, viaxa o domingo 23 a vila ourensá de Castrelo de Miño para ofrecer un obradoiro de achegamento á música antiga no que, ademais, se vai visitar o taller de luthería Vaz Música Antiga, situado en Astariz, unha pequena aldea do mesmo concello. Ismael Vaz, o artesán que trae á vida instrumentos doutras épocas será o anfitrión dos 60 participantes na iniciativa aos que lles amosará como traballa a madeira para construír instrumentos a semellanza dos antigos, como violas de gamba ou fídulas, con ferramentas do século XVII que fixo el mesmo.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 100
  • 101
  • 102
  • 103
  • 104
  • 105
  • 106
  • 107
  • 108
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información