Noticias
-
A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) organiza esta fin de semana en Santiago a décimo terceira edición do seu Certame Galego de Bandas de Música Populares, que será a máis internacional e numerosa de todas as celebradas ata o momento, e que os vindeiros días 2 e 3 de novembro congregará no Auditorio de Galicia a 1300 músicos de 21 formacións, das que 16 son galegas, catro portuguesas e outra de Castela e León. O Certame Galego de Bandas será retransmitido en directo a través da canle da FGBMP en YouTube, e nesta 13ª edición avánzase nas novidades introducidas en 2018 para abrirse á participación de bandas doutros puntos da Península, neste caso procedentes de Benavente e de Portugal.
-
A adaptación teatral de Fariña e A.K.A., gañadora de dous premios MAX, pechan esta semana o 28º FIOTO Festival Internacional Outono de Teatro baixará o pano da súa 28ª edición con dous dos éxitos da tempada escénica: a recentemente estreada Fariña, dirixida por Tito Asorey, e A.K.A. (Also Known As), a creación dramática da Sala Flyhard de Barcelona que se posicionou como un dos fenómenos teatrais na escena estatal. A.K.A., unha peza valente e comprometida escrita por Daniel J. Meyer e dirixida por Montse Rodríguez Clusella, aborda cuestións como a identidade sexual e racial a partir da historia de Carlos, un mozo de 15 anos que inicia unha relación coa tamén adolescente Claudia, e que por unha serie de circunstancias alleas ao protagonista, este relatará un periodo da súa mocidade no que treman as súas raíces.
-
No programa de actividades deseñado para esta conmemoración inclúense unha trintena de actividades de divulgación científica, espectáculos de maxia, sesións de contacontos, obradoiros, relatorios e conferencias. Todos eles, con materiais en galego, se desenvolverán na Biblioteca de Galicia, na Biblioteca Pública de Lugo, na Biblioteca Juan Compañel de Vigo, na Antonio Odriozola de Pontevedra, na Miguel González Garcés da Coruña e na Ánxel Casal de Santiago. Ademais, tamén se organizarán actividades nos centros de ensino a través das bibliotecas escolares –promovidas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares– e do labor que levan a cabo os equipos de dinamización da lingua galega para sumárense, desde o ensino, á conmemoración do Día da Ciencia en Galego.
-
O Proxecto Didáctico Antonio Fraguas pretende alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento da lingua galega e do medio e á valoración dos máis diversos elementos do noso patrimonio cultural. Os centros educativos participantes deben redactar na lingua propia de Galicia un proxecto de pescuda e de posterior divulgación dos resultados que, de ser premiado, recibe dotación para a súa execución durante o curso seguinte co apoio do Museo do Pobo Galego. O desenvolvemento do proxecto culmina cunha exposición semellante ás dúas inauguradas hoxe.
-
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, compareceu no Parlamento acompañado do seu equipo para expoñer as contas e liñas de actuación do seu departamento en 2020, un ano decisivo na preparación do Xacobeo 21, obxectivo no que a Xunta investirá 82 millóns de euros. Dáse así un impulso decisivo á planificación do Ano Santo, que se está a levar a cabo con máis antelación que nunca para permitir que se faga sentir en toda Galicia. Román Rodríguez sinalou que Cultura e Turismo disporá dun orzamento de máis de 157 millóns de euros, o que supón un crecemento de case o 9%, converténdose na consellería con maior crecemento porcentual.
-
O libro, coordinado por Eduardo Rodríguez Ochoa, responsable de fotografía do Grupo Fotocinematografico Fonmiñá, entidade editora da publicación, ve a luz con motivo da XLI Semana de Cine de Lugo, e constitúe unha homenaxe que o grupo efectúa a todos os cinéfilos lucenses que ano tras ano manifestan a súa devoción pola Semana de Cine. A tirada é de 2.000 exemplares, que se distribuirán a través das entidades patrocinadoras e aos espectadores que asistan ás proxeccións do Auditorio Gustavo Freire.
-
Comezou en Lugo a XLI Semana de Cine, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiña. Rendeuse homenaxe ao actor lucense ANTONIO MOURELOS, publicándose un libro de Manuel Curiel, Director da Semana de Cine, na súa honra, que foi presentado no Auditorio Gustavo Freire, e que será distribuido gratuitamente entre os asistentes ás proxeccións no Auditorio. De seguido, descubríronse as duas primeiras placas do que vai ser o Paseo do Cine en Lugo, a vía central da antiga factoría Frigsa, que vai desde a Avenida de A Coruña cara ao Auditorio. A primeira foi a de Antonio Mourelos, descuberta polo actor, e logo a de Prudencia Grifell, a gran señora do cine mexicano nacida en Lugo.
-
A Fundación "Eduardo Blanco Amor" conmemora o XL aniversario do pasamento do autor de A Esmorga cun amplo programa de actividades que inclúe o fallo do XXXVIII Premio de novela longa, a tradicional ofrenda floral no cemiterio de San Francisco, unha exposición e unha mesa redonda. A presentación das actividades tivo lugar hoxe na sala de prensa do Pazo Provincial d Ourense, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense e presidente da Fundación, Manuel Baltar; o director da fundación, Luis González Tosar; e a padroa da fundación, Maribel Outeiriño. A fundación vai a propoñer un evento literario de ámbito internacional, evento que o presidente da Deputación de Ourense confirmou que será unha realidade en 2020.
-
Máis dunha vintena de actividades están programadas esta semana para celebrar o Día da Biblioteca, entre as que destacan obradoiros, visitas guiadas, contacontos e exposicións en Santiago de Compostela, Ourense, A Coruña, Pontevedra, Lugo e Vigo co obxectivo de celebrar o Día da Biblioteca, unha data que, como cada ano, terá lugar o 24 de outubro. No caso da Biblioteca de Galicia cómpre salientar a mostra Querida Biblioteca, na que se difundirá o valor estético e documental das tarxetas postais, un material do que se custodian neste centro da Cidade da Cultura máis de 3.000 exemplares, moitos deles impresos antes do ano 1958, data de entrada en vigor da normativa de depósito legal. Trátase dunha exposición que se inaugurará o xoves e que contará con catro seccións, unha por cada provincia galega.
-
A compañía La Quintana Teatro traerá esta semana a Santiago de Compostela Desde o invisible, a súa primeira e aplaudida produción, gañadora do premio Max a mellor espectáculo revelación en 2008 e que se representa agora en versión galega con tradución a cargo de Santiago Cortegoso. O Salón Teatro acollerá a montaxe de xoves a domingo con catro funcións para público xeral e dúas destinadas a escolares. Dirixida por Rolando San Martín a partir da dramaturxia de Irma Correa e Rubén Tejerina, Desde o invisible amosa situacións cotiás que non sempre son consideradas nin están en primeiro plano da actualidade social. A peza descubre distintas perspectivas dunha mesma realidade, o que fai que o espectador reformule o concepto do que é ser normal.