Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

O XIII Certame Galego de Bandas Populares congrega en Santiago a 1300 músicos de 21 formacións

Así o expuxo esta mañá o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, na presentación do encontro na Cidade da Cultura de Galicia, durante a que tamén interviñeron a concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón, e o presidente da FGBMP, Iván Estévez. Asistiu tamén ao acto o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e unha representación das agrupacións que actuarán esta fin de semana en Santiago.

A participación da Xunta nesta iniciativa enmárcase na liña de traballo conxunto que vén desenvolvendo desde hai anos canda a Federación, que actualmente está integrada por 93 bandas das catro provincias, superando os 7000 músicos asociados. Neta colaboración enmárcase igualmente o Concurso Galego de Composición para Bandas, que vai xa pola súa duodécima entrega, e mais o Festival de Bandas Infantís e Xuvenís que se celebra cada ano na Cidade da Cultura.

Recoñecementos internacionais para Galicia

Respecto ao Certame Galego de Bandas, que será retransmitido en directo a través da canle da FGBMP en YouTube, nesta 13ª edición avánzase nas novidades introducidas en 2018 para abrirse á participación de bandas doutros puntos da Península, neste caso procedentes de Benavente e de Portugal. Xunto con elas, unha importante representación galega dará conta do bo momento que están a vivir as bandas na nosa Comunidade e da súa proxección exterior, con recoñecementos como o recente primeiro premio obtido pola Banda de Música Municipal de Caldas de Reis no Certame Internacional de Bandas de Música Villa de Aranda ou o da Banda unión Musical de Meaño no Concurso Bandístico Internacional Rival da Garda, en Italia.

Así mesmo, continuarase coa distinción instaurada o ano pasado para premiar o mellor director do certame, en colaboración coa Escola Galega de Dirección de Banda, e mais coa última estrutura da competición clasificada en cinco seccións: infantil, xuvenil, primeira, segunda e terceira.

Os mestres Frank de Vuyst, Laurence Roman e Luis Serrano Alarcón son os integrantes do xurado, que dará a coñecer o nome das formacións gañadoras durante o acto de clausura do domingo. Concederanse tres premios para cada unha das categorías, con diferentes dotacións que suman 23.475 euros, e tamén se poderá outorgar en cada sección (agás na infantil) un recoñecemento económico á mellor interpretación dunha obra galega.

XII Concurso Galego de Composición

Entre as obras de autoría galega de obrigada interpretación, están as premiadas o ano pasado no Concurso Galego de Composición, do mesmo xeito que as gañadoras da actual edición –que se anunciarán igualmente durante a cerimonia de clausura– serán estreadas e executadas no Certame de Bandas de Música de 2020.

Coa organización destes premios de composición, a FGBMP busca cubrir a escaseza de pezas galegas para seren interpretadas especificamente por este tipo de agrupacións, dispoñendo xa dun amplo catálogo para a súa progresiva incorporación por parte das bandas federadas.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información