Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • A Cidade da Cultura inaugurará o 13 de setembro 'Argallar, unha mostra viva para xogar coa arquitectura
    A Cidade da Cultura inaugurará o vindeiro 13 de setembro a exposición Argallar, unha mostra pensada para que cativada e familias se acheguen á arquitectura a través do xogo. Deste xeito, no Museo Centro Gaiás despregaranse ata o 10 de novembro diferentes figuras xeométricas que convidarán á interacción e á construción; unhas veces, dun xeito pautado e outras, desde unha perspectiva totalmente libre e autónoma por parte dos e das visitantes. Argallar é unha exposición pensada, ademais de para un público familiar, para escolares. Por este motivo, ofrece visitas didácticas de balde, para centros escolares de Educación infantil e primaria. Con esta exposición complétase a oferta expositiva do Gaiás ata a inauguración da primeira grande exposición da programación do Xacobeo 2021.
  • Declaradas Ben de Interese Cultural as nove estatuas do Mestre Mateo procedentes da Catedral de Santiago
    Hoxe foron declaradas ben de interese cultural as nove esculturas atribuídas ao Mestre Mateo e ao seu taller procedentes da desaparecida portada exterior occidental da catedral de Santiago de Compostela. A tramitación deste expediente non recibiu alegacións no período de información pública e contou cos informes favorables en relación ao carácter sobranceiro das pezas da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, o Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, segundo estes os devanditos elementos escultóricos acreditan o valor suficiente para ser declarados bens de interese cultural, contando polo tanto co máximo nivel de protección e tutela previsto na lexislación vixente.
  • O CDG retoma a actividade do Salón Teatro de Santiago cunha residencia artística do proxecto 'Camiño Escena Norte'
    O Centro Dramático Galego (CDG) abre a nova temporada de actividade no Salón Teatro de Santiago, que ata o vindeiro domingo 8 acollerá unha das residencias artísticas do programa Camiño Escena Norte de intercambio cultural con Asturias, Cantabria e País Vasco. Este programa de exhibición e de actividades paralelas que terá lugar en Galicia dentro deste proxecto está promovido polas principais asociacións empresariais de produción escénica das comunidades polas que discorre a ruta de peregrinación do Camiño do Norte. No marco desta iniciativa, o Salón Teatro é a sede en Galicia de Habitación Peregrina PRO, apartado que promove unha serie de residencias de creación escénica para fomentar o intercambio entre as compañías das catro autonomías participantes.
  • A Cidade da Cultura inaugura a exposición gañadora do concurso de intervencións artísticas nas Torres Hejduk
    O Gaiás abre coa inauguración da instalación Stay here, nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia, a convocatoria de creacións artísticas neste espazo expositivo vinculadas co Xacobeo 21. A peza escultórica de Alejandro Ginés resultou gañadora da VI Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os participantes do Encontro de Artistas Novos (EAN) 2018. A partir de hoxe, os artistas emerxentes que participaron no #EAN9 teñen de prazo ata o 14 de outubro para presentar un proxecto que teña como eixe as Rutas Xacobeas e afonde na relación do complexo do Gaiás -que ten un vencello visual coa Vía da Prata e a catedral compostelá– co Camiño de Santiago. A inauguración da peza supuxo o peche da edición deste ano do IX Encontro de Artistas Novos.
  • Ourense renova a súa programación cultural apostando polas festas tradicionais, pola programación propia e polo talento local
    Mantén a súa aposta por citas como a MOTI, o Enclave de Cámara, ou Ciclo Lírico, e deixará de apoiar economicamente iniciativas con custes de produción inflados e escaso retorno. Seguirá a programar actividades das diferentes modalidades escénicas, mais de forma directa. Entre as novidades está a creación dunha Orquestra Xove, que lle dea saída ao talento ourensán, un bono cultural, que favoreza o acceso ás actividades culturais para as rendas máis reducidas (parados, estudantes e pensionistas con rendas baixas) ou un convenio con artistas locais que garantirá que cada semana un artista da cidade das diferentes modalidades escénicas actúe ante o público de Ourense.
  • O Gaiás pon de manifesto o seu apoio á arte emerxente no inicio do 'IX Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura'
    O Encontro, que promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento a través dunha residencia artística no Gaiás, está impulsado pola Fundación Cidade da Cultura –enmarcándose ademais na programación do Xacobeo 21– e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell. Participan artistas galegos pero tamén procedentes do resto de España e doutros países como Colombia, Romanía ou Arxentina. As nove edicións celebradas ata o de agora consolidan o EAN como unha das citas de referencia da arte contemporánea da Península, como demostra cada ano a traxectoria e talento dos e das participantes seleccionados.
  • Museo do Prado prestará á Cidade da Cultura un cadro de Brueghel o Novo e un Luqueto para 'Galicia, un relato no mundo'
    A Fundación Cidade da Cultura vén de pechar un acordo co Museo do Prado para exhibir dúas das súas obras: El Paraíso Terrenal, de Pieter Brueghel o Novo, e La muerte de Lucrecia, atribuído a Luca Cambiaso, Luqueto. Ambos cadros formarán parte da recreación da pinacoteca dos Condes de Lemos na exposición Galicia, un relato no mundo, que afondará no papel e contactos internacionais de grandes figuras da aristocracia galega dos séculos XVI e XVII, de destacado peso político e intelectual na Europa do seu tempo. A partir de novembro poderanse contemplar obras cun elevado valor simbólico para a nosa cultura e identidade, algunhas delas por vez primeira na Comunidade.
  • 'O teu Xacobeo' impulsa rutas de navegación peregrina para vivir o camiño desde as rías
    O programa O teu Xacobeo impulsa este verán travesías náuticas xacobeas para completar desde as rías as etapas terrestres do Camiño de Santiago e para dar a coñecer o traxecto da entrada da barca de pedra do Apóstolo desde a bocana da ría de Arousa. As saídas en veleiros poden realizarse desde Vigo, Portonovo, Baiona, Ribeira e a Pobra do Caramiñal, portos que forman parte da chamada Travesía Náutica Xacobea Sur. Os percorridos que saen desde os portos das rías de Vigo e Pontevedra pretenden complementar as etapas a pé do Camiño de Santiago e están concibidas, ademais, co obxectivo de difundir a cultura galega, a gastronomía e a historia de Galicia a través da Ruta Xacobea.
  • O Gaiás convida este sábado a gozar dunha tarde en familia con espectáculos e teatro circenses na 'Cidade Imaxinaria'
    O Gaiás celebra este sábado, 24 de agosto, unha nova edición do festival Cidade Imaxinaria, convidando as familias a gozar dunha tarde lúdica ao aire libre, con entrada de balde, que transformará o complexo nun sorprendente mundo de fantasía, grazas a espectáculos e teatros circenses con música, xogos e obradoiros para todas as idades, incluído un espazo para bebés. Visitar o incrible circo de bechos xigantes do Dr. Mezzo, converterse nunha marioneta de carne e óso controlada por dedos mecánicos, abraiarse con extraordinarios saltos, voos e viravoltas que quitan o alento ou compartir danza e risos con tres simpáticos hipopótamos azuis.
  • O ciclo 'Cultura no Camiño' programa 284 actuacións en 76 concellos das 10 rutas xacobeas
    A sétima edición do ciclo Cultura no Camiño acolle ata finais de setembro 284 actuacións escénicas e musicais en 76 dos concellos polos que discorren as 10 rutas xacobeas en Galicia. O programa mantén como principal obxectivo a dinamización e descentralización da oferta cultural galega, ao tempo que favorece a contratación de espectáculos producidos en Galicia de xeito profesional. A sétima edición, que arrancou en maio e se prolongará ata finais de setembro, intensifica a súa actividade durante o período vacacional, coincidindo cunha maior afluencia de peregrinos e contribuíndo tamén a enriquecer o programa turístico das localidades nas que se celebra.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 78
  • 79
  • 80
  • 81
  • 82
  • 83
  • 84
  • 85
  • 86
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información