Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • O CDG combina espectáculos e talleres infantís no Nadal dentro do ciclo 'Gran teatro para os máis pequenos'
    O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por cuarto ano consecutivo o seu ciclo Gran teatro para os máis pequenos para celebrar o Nadal co público infantil na súa sede do Salón Teatro de Santiago. A programación especial para estas festas desenvólvese os días 28 e 29 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, arredor de dous espectáculos das compañías galegas Aporía Escénica e Talía Teatro precedidos de cadanseu taller. O ciclo arrancará esta fin de semana con Animal Sagrado, unha proposta dirixida por Diana Mera para público a partir de tres anos, na que se establece unha relación cos animais como seres vivos sabios e inocentes dos que temos moito que aprender.
  • A Rede de bibliotecas de Galicia medra coa incorporación de centros bibliotecarios públicos de 10 concellos
    Os centros bibliotecarios públicos municipais dos concellos de Cerdedo-Cotobade, Dumbría, Lousame, A Pastoriza, Portas, Entrimo, Guitiriz, Muras, Muros e San Cristovo de Cea son os que se incorporan ao Rexistro de bibliotecas de Galicia. A inscrición no Rexistro de Bibliotecas de Galicia é o paso previo á integración na Rede de Bibliotecas, que lles permitirá ter obter acceso a axudas e subvencións e ao Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria KOHA xa nos primeiros días de 2020. O persoal bibliotecario poderá participar nos programas de formación que convoca anualmente a Consellería de Cultura e Turismo para incrementar a calidade dos servizos que prestan aos usuarios.
  • Arranca o proxecto europeo no que Galicia asesorará a Portugal na xestión e promoción do Camiño de Santiago
    Co obxectivo de consolidar as rutas do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo, Galicia acolle hoxe as primeiras accións do proxecto europeo Fazendo Camiño no que a Xunta participa xunto a Turismo Porto-Norte de Portugal, a Dirección Rexional de Cultura do Norte e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. Ao abeiro deste proxecto, a Xunta asesorará ao país luso na súa xestión, sinalización, mantemento, promoción e divulgación ao redor do Camiño de Santiago. Fazendo Camiño foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V .
  • Os Premios Artesanía de Galicia 2019 recoñecen o talento dun sector que supón un importante motor económico e cultural
    O Premio Artesanía de Galicia recaeu no ebanista Frank Buschmann (Corcubión) pola súa prensa de flores Monas, mentres que o Premio Traxectoria foi para o oleiro Agustín Vázquez, de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) e a Bolsa Eloy Gesto para Minia Banet, do estudio Variopinto (Santiago de Compostela). Os Premios Artesanía de Galicia buscan contribuír a poñer en valor o sector artesán galego, así como a divulgar o traballo dos profesionais entre a sociedade; potenciar a creatividade; promover a captación do talento dentro do sector, facendo fincapé na incorporación dos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación especializada; e a impulsar a remuda xeracional ao tempo que se aposta pola introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción.
  • O Xacobeo 2021 ofrecerá aos galegos e visitantes 10 actividades ao día e 313 escenarios durante os próximos dous anos
    O Xacobeo 2021 ofrecerá 10 actividades ao día e 313 escenarios ao longo de 2020 e 2021. Galicia vivirá así os primeiros 700 días dos 5.000 que temos por diante da década xacobea”. Baixo a previsión dunha asistencia a todos os eventos de máis de 7 millóns de persoas, se ben o escenario principal será Santiago, haberá outros 312 por toda a Comunidade, coa posta en marcha de máis de 180 proxectos nos que se inclúen máis de 7.000 actividades. Entre elas, tres grandes exposicións que debuxarán o Ano Santo desde unha perspectiva nunca vista, diversas publicacións, música, artes escécnicas, e un longo etcétera.
  • O Centro Ramón Piñeiro presenta a nova versión do Corpus Documental do Galego Actual
    Presentouse no Pazo de San Roque a nova versión do Corpus Documental do Galego Actual, unha ferramenta lingüística en liña desenvolvida polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades representativa do uso lingüístico do galego actual. O Centro ten entre as súas finalidades fundacionais o deseño e o desenvolvemento de recursos informáticos que axuden á incorporación da lingua galega ao mundo das tecnoloxías da información e da comunicación, e o do CORGA é un dos proxectos de investigación que se centran en darlle cumprimento a este obxectivo. O CORGA é un corpus documental desenvolvido por medio dun convenio de colaboración coa USC, e integrado por distintos tipos de textos: xornais, semanarios, revistas, ensaios e textos de ficción.
  • Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia suman esforzos para impulsar a Vía da Prata como axente dinamizador da España interior
    Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia reforzan o seu compromiso para impulsar a Vía da Prata como elemento dinamizador dos seus territorios, o que poderá ter especial incidencia no rural e en zonas con problemas demográficos. Con este obxectivo reúnense en Santiago os responsables das áreas de Cultura e Turismo das devanditas comunidades. En concreto, participan a conselleira de Cultura e Patrimonio Histórico da Junta de Andalucía, Patricia del Pozo; o conselleiro de Cultura e Turismo da Junta de Castilla y León, Javier Ortega; a conselleira de Cultura, Turismo e Deportes da Junta de Extremadura, Nuria Flores, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, noEncontro de Comunidades Autónomas da Vía da Prata.
  • Presentado o Plan Ribeira Sacra cun investimento de 34 M€ ata 2023, un paso adiante máis para que sexa designada Patrimonio da Humanidade
    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou esta mañá o Plan Ribeira Sacra. Plan de xestión da paisaxe cultural 2020-2023, unha ferramenta que tal e como explicou é imprescindible para esta zona e supón un paso relevante no camiño cara á súa inclusión na lista do Patrimonio Mundial da Unesco. “Como saben, levamos moito tempo traballando nesta candidatura”, dixo, asegurando que xa se declarou á Ribeira Sacra Ben de Interese Cultural na categoría de paisaxe cultural e xa se conseguiu que a súa candidatura sexa a que presentará España no ano 2021. Momento no que aproveitou tamén para agradecer ás entidades locais o seu compromiso decidido no impulso dunha candidatura que é “capaz de ilusionar a toda Galicia”.
  • O Salón Teatro recibe a coprodución internacional 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol'
    O Centro Dramático Galego participa na coprodución internacional 'Se fosen turistas, levarían gafas de sol', que poderá verse en Santiago do 11 ao 21 de decembro. A reflexión arredor da emigración, pasada e presente, é o eixo temático desta proposta das compañías galegas Limiar Teatro e Crémilo, que conta tamén coa implicación das entidades portuguesas Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa e Comedias do Minho, a arxentina Cía. Nacional de Fósforos de Bos Aires e a uruguaia El Mura de Montevideo. Baixo a dirección escénica de Fran Núñez, responsable tamén da dramaturxia, e a musical de Brais Iriarte, esta comedia sobre a memoria e a desmemoria foi tomando forma ao longo de varias residencias artísticas nos devanditos países.
  • Presentado o Festival Novos Cinemas de Pontevedra como altofalante do audiovisual galego e punto de encontro do sector
    O Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas presentou hoxe a súa cuarta edición, que do 10 ao 15 deste mes desenvolverá un programa con presenza destacada do audiovisual galego nas sesións de apertura e clausura, varias vías para o encontro entre os profesionais do sector e o primeiro foco que se lle dedica en España ao cineasta belga Bas Devos. O Festival Internacional de Cine de Pontevedra pretende asumir o papel de altofalante de olladas e realidades cinematográficas diferentes, tanto respecto dos seus monográficos como da principal característica que definen as dúas seccións competitivas: Oficial, centrada en primeiras e segundas obras de cineastas escollidos, e Latexos, con cinco filmes inéditos en Galicia.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 70
  • 71
  • 72
  • 73
  • 74
  • 75
  • 76
  • 77
  • 78
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información