Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • O X certame de cine OUFF Escola premia a creatividade audiovisual en galego do estudantado
    Celebrouse no Auditorio Municipal da Cidade das Burgas a décima gala de entrega dos premios do certame de cine OUFF Escola. A que xa é décima edición do Certame de Cinema OUFF Escola outorgoulle este ano o primeiro premio na categoría de Infantil e Primaria ao traballo Agapito vai de viaxe, do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira, A Coruña). Na categoría de secundaria, o primeiro premio de Outros niveis de ensino non universitario lle foi concedido ao IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña) pola curta Deámoslles voz. OUFF Escola é un certame de cinema convocado pola Concellaría de Cultura de Ourense e pola Consellería de Cultura e Turismo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
  • 'Os nove anos de Fraguas en Lugo' exhíbese no pazo de San Roque (Santiago de Compostela) durante esta semana
    Foi presentado no Pazo de San Roque (Santiago de Compostela) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz. Este proxecto está composto polo libro “Os nove anos de Fraguas en Lugo”, que recolle textos dos promotores desta iniciativa, e doutros amigos e antigos alumnos de Antonio Fraguas, sobre os nove anos que este pasou en Lugo, e da profunda pegada que deixou neles e na sociedade lucense; unha exposición itinerante, composta por doce paneis, nos que se resumen os contidos do libro, e que nos próximos meses percorrerá toda Galicia; e a web fraguasenlugo.org, que recolle todas os contidos da publicación en papel.
  • O Museo das Peregrinacións de Santiago presenta a súa programación cultural pensada para todos os públicos
    O centro museístico porá en marcha a segunda edición de Museo en familia, un programa de actividades que presta especial atención aos máis pequenos da casa así como aos seu contorno familiar. Neste sentido, ao longo deste trimestre conxugarase unha oferta cultural na que contacontos e artistas ofrecerán unha alternativa, musical e didáctica para os seráns. A iniciativa acollerá as actuacións musicais de Magín Blanco, Coralie Yap Chine, Mielitza, Rafa Fernández e Rosalía Cid e Juanma Varela; as sesións de contacontos O Paroleiro e Camiño de contos, e obradoiros sobre froitas e verduras, cómics ou monicreques. Tamén se realizarán percorridos guiados polo museo con contacontos e o espectáculo familiar de Xarope Tulú, Estrafalaria.
  • O IGE constata que aumenta o número de persoas que fala galego, que se consolida como lingua maioritaria
    O Instituto Galego de Estatística fixo públicos os datos do Módulo de coñecemento e uso do galego da Enquisa estrutural a fogares de 2018, que mostran a consolidación da lingua galega como idioma maioritario de Galicia. Por primeira vez desde que en 2013 se publicara este módulo , medra lixeiramente a porcentaxe de persoas galegofalantes, entendendo por tales as que falan só o galego e máis galego ca castelán, ata chegar a sumar un 51,88% da poboación. Se a elas lles sumamos as bilingües con predominio do castelán, temos que se incrementa ata un 75,02% a porcentaxe de galegos que emprega nalgunha medida o idioma propio de Galicia na súa vida cotiá
  • O CGAC ofrece 'In Landscape Mode' de Christian Villamide, unha análise poliédrica das relacións entre o ser humano e a natureza
    In Landscape Mode reflexiona acerca da distancia que as persoas adoitamos tomar fronte ao territorio que habitamos. O artista fálanos da paisaxe actual desde a escultura e a instalación, visibilizando escenarios ou non-lugares que chegamos a ocultar como sociedade, e convídanos a reflexionar sobre unha paisaxe en tensión, ao ilustrar o desapego e a violencia ao que se ve sometida esta pola acción humana. Finalmente, Villamide ironiza sobre as tendencias artificiais de encontro coa natureza na procura, en moitas ocasións, da mellor instantánea. O que agocha o gozo da vivencia mesma. Cunha linguaxe plástica e visual multidisciplinar, o artista evoca e provoca, nunha perfecta simbiose entre ética e estética.
  • Presentado o novo o catálogo de Artesanía de Galicia como nova ferramenta de promoción das pezas da marca
    Foi presentado na Coruña o catálogo de produtos da marca Artesanía de Galicia co que se pretende dar un novo pulo á promoción das pezas artesanais como elementos da vida diaria, tanto no ámbito do interiorismo e decoración como no da xoiaría, moda e complementos. A publicación, de 55 páxinas, caracterízase polo seu deseño e unha coidada maquetación, e outorga unha especial relevancia ás fotografías, que amosan escenas cotiás nas que a artesanía galega é a protagonista das imaxes. Ofrécese unha imaxe contemporánea do sector artesán galego, mesturando tradición e modernidade. Búscase amosar a heteroxeneidade do sector e poñer en valor a incorporación da artesanía no día a día.
  • 'Auga Seca' terá a súa premiere mundial no MIPCOM de Cannes
    Cada outubro, a industria global de medios e entretemento converxe en Cannes para compartir catro días de intercambio, reunións, proxeccións, conferencias e tecer redes. Será o próximo 16 de outubro neste MIPCOM da cidade francesa cando Auga Seca (6 x 50’) teña a súa estrea mundial da man do distribuidor internacional DCD Rights. O screening desta ficción no mercado posiciónase como un dos pratos fortes ao lado da esperada serie belga Blackout, ou a xaponesa An artist of the floating world, adaptación da novela homónima do Nobel de literatura Kazuo Ishiguro.
  • O Festival Internacional Outono de Teatro levanta este venres 27 o pano da súa 28º edición
    Carballo convértese, a partir deste venres 27 de setembro, no corazón das artes escénicas de Galicia. Esta fin de semana comeza unha nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro, a número 28 do FIOT, unha cita que ateigará as rúas e escenarios da localidade con 38 espectáculos e numerosas actividades para todos os públicos ao longo de cinco semanas. Como adianto, o xoves 26, chegan as primeiras funcións nos centros escolares de Carballo do FioTEEN, o ciclo que achega as artes escénicas á mocidade a través de propostas singulares e espefícas para o público adolescente. O primeiro espectáculo que se representa é Por unha peseta, da nova compañía Apatacón, formada pola vocalista Faia Díaz (De Vacas ou Coro Encaixe) e a contadora Vero Rilo (Daboapipa).
  • A Ribeira Sacra formalizará este ano a súa candidatura como reserva da biosfera
    A zona proposta para a declaración aglutina en total a 18 concellos de Lugo (Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, O Incio, Monforte de Lemos, Pantón, Paradela, A Pobra do Brollón, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada e Triacastela) e cinco da provincia de Ourense (Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín, Parada de Sil, A Peroxa e A Teixeira). Trátase dun territorio de excepcional valor en canto aos seus compoñentes ambientais, paisaxísticos e culturais, como demostra a súa recente declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) por parte do Consello da Xunta. Se a candidatura da Ribeira Sacra prospera, este territorio a cabalo entre as provincias de Lugo e Ourense estaría en disposición de obter un triplo recoñecemento por parte do organismo internacional.
  • O Gaiás arranca o ciclo musical 'Viraxes' coa versión en galego de Carmina Burana interpretada por máis de 150 artistas
    Carmina Burana soou este sábado en galego no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Foi o primeiro dos tres concertos do ciclo Viraxes, no que as bandas populares lle dan unha volta aos seus repertorios máis tradicionais, mesturando a súa música con xéneros como a clásica, o teatro ou o circo. O concerto arrancou cun minuto de silencio de todo o auditorio en memoria das tres mulleres asasinadas esta semana en Valga vítimas de violencia machista. Precisamente o espectáculo En concerto con Carmina Burana é un proxecto da Banda de Música Municipal de Valga, dirixida por Manuel Villar Touceda–, na compaña dos solistas Esperanza Mara, Enrique Alberto Martínez e Eliseu Mera.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 76
  • 77
  • 78
  • 79
  • 80
  • 81
  • 82
  • 83
  • 84
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información