Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • O Teatro galego, a escena no Carballiño
    O Teatro galego ten unha nova cita no Carballiño, do 2 ao 6 de setembro, coa celebración da XXX edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA), que ofrecerá un completo e variado programa de actividades aos asistentes. As obras de teatro que se celebrarán no Auditorio Municipal do Carballiño, ás 22.00 horas, comezarán o luns 2 de setembro coa obra "Anatomía dunha serea", da Compañía Iria Pinheiro -A Berbechería-Chévere. Como actividades paralelas, haberá animación de rúa, un coloquio de creadoras baixo o título "Arte con nome de muller", obradoiros, monólogos cómicos e actividades infantís.
  • A Obra Social Ospaña da cobertura sanitaria a 70.000 galegos de Arxentina, dos que 4.000 son maiores de 65 anos
    O Presidente da Xunta de Galicia, no ao acto de inauguración da sede desta entidade, agradeceu o labor de todas as institucións que nos nosos días seguen traballando pola diáspora galega, asegurando que Galicia seguirá sendo solidaria cos seus emigrantes como eles o foron ao contribuír desde a emigración ao desenvolvemento da comunidade.
  • A irmá de John Lennon protagoniza a gravación dun videoclip para promocionar o Camiño Inglés
    O Conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o Delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, asistiron xunto á Torre de Hércules, ao inicio da rodaxe que promove o Consorcio de Turismo da Coruña dentro do programa O TEU XACOBEO. Julia Baird grava estes días en Ferrol, Bruma e Santiago o vídeo da canción ‘Teu Camiñar’, composta pola artista galega Cristina Rubirosa. Segundo comentou Román Rodríguez, John Lennon proxectou facer o Camiño nos anos 70 con Salvador Dalí, o que finalmente non puido cumprir.
  • Feijóo convida aos galegos de Arxentina a ser os mellores embaixadores do Xacobeo 2021, para dar a coñecer 'a mellor Galicia da nosa historia'
    O presidente da Xunta visitou o Centro Gallego da cidade arxentina de Comodoro Rivadavia, onde anunciou que este Xacobeo vai ser unha festa sen fronteiras, nunha terra "á que vir e á que volver coa certeza de atopar algo novo". Agradeceu a este centro case centenario, a sua vocación por ter Galicia presente, cun museo dedicado á emigración galega ou cunha biblioteca con máis de 3.000 volúmes.
  • En 2020, Galicia acollerá unha reunión do Comité das Rexións sobre O Camiño de Santiago como modelo distinto de turismo en Europa
    Que o Comite se reúna en Galicia ven de acordarse en Bruxelas, onde a candidatura galega competía coa proposta da cidade alemá de Wismar, capital de Mecklemburgo Noroccidental. Tras unha votación xeral cargada de incerteza, os membros do CdR elixiron finalmente a candidatura de Galicia, o que permitirá subliñar o carácter europeísta da nosa comunidade como etapa final do Camiño de Santiago e estreitar os vencellos no eido da Unión Europea, asentados nos valores da solidariedade e a concordia.
  • Presentado 'Vigo Emerxe', o gran concerto que reunirá no Museo do Mar de Galicia a 12 artistas da escena musical viguesa
    Doce bandas e artistas vigueses daranse cita o vindeiro 28 de setembro en 'Vigo Emerxe', un gran concerto no Museo do Mar de Galicia que porá en valor a escena musical da cidade. O cartel de Vigo Emerxe inclúe nomes de artistas e bandas locais emerxentes e outros referentes dentro da escena cultural e musical da cidade como The Soul Jacket, Maryland, Basanta, BFlecha, r. e. a. l., Kaixo, Laura Iturralde, Juanma Lodo, BabyKatze ou Santi Araújo. A nómina de participantes complétase cos nomes doutros músicos da cidade cunha ampla traxectoria como Pablo Novoa, exmembro da histórica banda Golpes Bajos, ou Nicolas Pastoriza, protagonista tamén da escena musical da cidade nos anos 80 dentro do grupo Bromea o qué?.
  • O 28º FIOT de Carballo exhibe 39 espectáculos durante máis dun mes de programación
    O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo presentou hoxe a programación da súa vixésimo oitava edición, que do 27 de setembro ao 1 de novembro exhibirá 39 espectáculos galegos e de fóra de Galicia, e desenvolverá unha morea de actividades paralelas arredor de todos os ámbitos das artes escénicas. O Pazo da Cultura, principal sede do FIOT, acolleu a presentación da que se reafirma como unha das citas máis relevantes da temporada teatral galega, e que chega á súa nova entrega despois de ter recibido o último Premio da Cultura Galega outorgado pola Xunta de Galicia ao seu labor de excelencia na difusión teatral. O acto contou coa actuación do alumnado da Aula de Teatro Municipal.
  • O ciclo ‘Viraxes’ apoia a innovación musical con bandas populares que se atreven co circo, o teatro e a clásica
    O ciclo Viraxes propón tres espectáculos amenos e diferentes, creados por bandas de música de Galicia, que en setembro e decembro levarán á Cidade da Cultura as súas propostas de experimentación musical nas que se atreven con xéneros como o circo, o teatro ou a música clásica. Nestes tres concertos, a Banda de Música Municipal de Valga, a Unión Musical de Meaño e a Unión de Guláns danlle unha volta ao seu repertorio máis tradicional unindo o seu talento ao do coro Gli Appassionati, o do grupo de teatro Todos Xuntos ou o da compañía galega de circo Pistacatro. Como resultado, Viraxes propón un plan de sábado, con entrada de balde, no que gozar en familia de propostas artísticas distintas e divertidas, que de seguro gustarán tanto aos maiores como aos máis pequenos e pequenas da casa.
  • Os encontros do WOS Festival A Xunta de Galicia afondarán na música electrónica xerada por intelixencia artificial
    O WOS Festival afondará na música electrónica xerada por intelixencia artificial nunha nova edición que se celebrará o vindeiro xoves, día 12, no Gaiás e baixo o paraugas nominal de WOS Talk x Fest Galicia 2019. Trátase do festival de música máis vangardista de Galicia, que ofrecerá diversas charlas -con entrada libre ata completar capacidade- que suporán poder coñecer in situ no Gaiás o proceso de creación de Renick Bell. Este programador e músico asentado en Toquio leva máis dunha década de investigación na que música electrónica e intelixencia artificial conversan entre si. Renick Bell amosaranos as entrañas do seu set up, dará unha introdución ao seu modo de pensamento e presentará as ferramentas fundamentais para familiarizarse con estas festas asistidas por IA.
  • A Cidade da Cultura impulsa 'Audacia', o primeiro gran festival das artes e do emprendemento de Galicia
    A Cidade da Cultura impulsará os días 18 e 19 de outubro o primeiro gran festival das artes e do emprendemento de Galicia, Audacia, que procura converterse nunha mostra da excelencia galega en produtos, servizos, convocatorias e iniciativas relacionadas coas creacións contemporáneas. A cerna desta iniciativa ‒enmarcada dentro da programación do Xacobeo 2021‒ baséase en compaxinar no feito artístico, na viabilidade económica e no éxito dos proxectos participantes. Ao longo de dúas xornadas, participarán creadores, persoas emprendedoras, alumnado de centros de ensino do ámbito artístico, así como representantes de museos, galerías de arte, academias, fundacións, universidades e outras institucións culturais.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 77
  • 78
  • 79
  • 80
  • 81
  • 82
  • 83
  • 84
  • 85
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información