Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • O primeiro premio do programa Xuventude Crea na especialidade de teatro recae no grupo vigués 'As Guapilongas' pola obra 'Prázdno'
    A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe os gañadores da fase final de Teatro do programa Xuventude Crea 2023 da Consellería de Política Social e Xuventude, que se celebrou a pasada fin de semana no Salón Teatro de Santiago. O xurado outorgou o primeiro premio ao grupo ‘As Guapilongas’, de Vigo, pola obra Prázdno. En segundo lugar quedou a compañía ‘Sarabia Teatro’, de Arteixo, que puxo en escena Diario dun tolo, e o lucense ‘Teatro D’o Carón’ fíxose co terceiro premio coa peza Ao fin, Hamlet. Así mesmo, concedeuse unha mención de honra ao grupo ‘Erantres’ de Arteixo pola obra Tres mistos.
  • Expertos de todo o mundo cítanse esta semana en Nogueira de Ramuín co fin de revitalizar a candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra
    Este encontro, dirixido por Mónica Luengo e Cipriano Marín, especialistas internacionais con experiencia en candidaturas recoñecidas pola Unesco, prolongarase ata o mércores e que se pode seguir tanto de xeito presencial como vía streaming, inclúe un amplo programa de actividades con presentacións, conferencias e mesas redondas, entre outras iniciativas, nas que participarán representantes de organismos como a Unesco, Icomos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, así como das universidades e outras institucións.
  • O Centro Dramático Galego afonda na conexión coas principais entidades teatrais lusas nun espectáculo sobre a figura da actriz galega Manuela Rey
    O Centro Dramático Galego ultima a estrea en Portugal xunto ao Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto da súa próxima produción, Manuela Rey Is In Da House, nunha nova colaboración que afonda na proxección exterior da unidade teatral da Xunta de Galicia e, en concreto, nas súa estreita relación coa escena lusa. A montaxe inaugurará o vindeiro venres día 10 a sétima edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo no Teatro Municipal Sá de Miranda, onde ofrecerá un segundo pase o sábado 11.
  • A Filmoteca de Galicia dedícalle un ciclo a Jon Jost co gallo da estrea mundial do filme 'Casa do silencio'
    A Filmoteca de Galicia será en novembro o escenario da estrea mundial de Casa do silencio, produción de aCentral Folque, filmada en Galicia polo cineasta experimental Jon Jost. Con tal motivo, o director estadounidense será obxecto dunha retrospectiva dentro da carteleira de novembro da cinemateca da Xunta, que inicia tamén un ciclo sobre o realizador portugués Pedro Costa e incorpora o novo apartado As filmotecas presentan... ás súas seccións habituais.
  • As bibliotecas de Betanzos e Cenlle reciben o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2023
    Nesta edición foron recoñecidos os proxectos da Biblioteca Municipal Alfonso Castelao de Betanzos por Boa práctica Club de lectura da historia de Betanzos (na categoría de entidades locais con máis de 10.000 habitantes) e a Biblioteca Municipal de Cenlle pola iniciativa Colaborando co cole: biblioteca para tod@s (entidade local cunha poboación de ata 10.000 habitantes). Coincidindo coa Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, a Xunta entregou estes premios para poñer en valor o labor destas entidades a prol da cultura. Baixo o título Fondo local. Memoria e identidade,a xornada centrou a ollada na importancia dos fondos locais e na achega deste servizo a todas as localidades galegas.
  • O 33º Festival de Jazz de Lugo incluirá 24 concertos do 3 ao 19 de novembro
    No Clavicémbalo actuarán Wealman (Lugo) o venres, 3 de novembro; Irati Bilbao Quinteto (País Vasco) e Ton e Teira (Galicia) o sábado 4; Rembrandt Trío (Países Baixos) o mércores 8; TT Syndicate (Portugal) o 9; Kike Perdomo Quintet (Canarias) e Amoeba Split (Galicia) o 10; Límbico e Demo Rumudo (ambos de Galicia) o 11; Proyecto 1800 (Galicia) o 14; Jorge Tojeiro 8tet (Lugo e outros lugares de Galicia) o 15; Grant Stewart & Jim Rotondi o 16; Gabriela Suárez (Canarias) o 17 e o 18; e Juan Saiz Cuarteto (Cantabria e Cataluña) o 18.
  • A primeira edición da aceleradora musical Sonemerxente fai balance da súa experiencia no evento final 'Relatos, encontros e imaxes'
    Relatos, encontros e imaxes é o título do evento que terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela como peche da primeira edición da aceleradora musical Sonemerxente, posta en marcha pola Xunta de Galicia baixo a xestión da Fundación Paideia. As 10 bandas e artistas integrantes do programa compartirán cos asistentes os principais fitos desta experiencia, no marco da que tiveron a oportunidade de traballar no impulso das súas carreiras man a man con primeiras figuras da industria musical, ademais de ofrecer unha trintena de actuacións en diferentes festivais e citas culturais de toda Galicia.
  • A artista internacional do mundo da arte urbana Lady Pink chega a Galicia da man do programa Xuventude Crea
    Lady Pink naceu en Ecuador e creceu en Nova York. Cando comezou a escribir graffiti aos 15 anos, axiña se deu a coñecer como a única muller capaz de competir cos rapaces na subcultura do graffiti durante o período 1979-1985. Comezou a expoñer obras en galerías cando aínda estaba no instituto e con 21 anos realizou a súa primeira exposición individual. Os lenzos de Lady Pink entraron en coleccións como o WhitneyMuseum, o MET NYC, o Brooklyn Museum, a Tate Modern de Londres, o MoMA NYC, o Museum of Fine Art de Boston e moitos outros. Creadora de murais en todo o mundo, na actualidade realiza obradoiros de murais con estudantes e dá conferencias activamente en universidades dos Estados Unidos.
  • 'O Corno', de Jaione Camborda, convértese no filme en galego con mellor arranque comercial da historia
    O CORNO, a segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, convocou máis de 20 mil espectadores nos seus primeiros 5 días nos cines, que coincidiron coa ponte do 12 de outubro. Consegue así ser a película en galego máis vista na súa primeira fin de semana da historia, superando os títulos recentes do noso cinema. Trátase tamén da película española gañadora da Cuncha de Ouro con mellor arranque comercial desde “Os luns ao sol”, de Fernando León de Aranoa, rodada en Vigo e estreada en 2002. Despois de xirar durante esta semana por localidades galegas como A Coruña, Santiago, Vilanova de Arousa, Vigo, Ferrol ou Lugo, o equipo de O CORNO continúa esta semana facendo presentacións e coloquios en cines de Madrid e Barcelona.
  • Un programa didáctico e unha serie de visitas especiais ao redor da exposición Luz na terra no museo Gaiás poñen en valor o legado do Seminario de Estudos Galegos
    Coincidindo co centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, a Xunta de Galicia organiza no Gaiás un programa especial de actividades ao redor da exposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura. Co propósito de achegar a toda a cidadanía o legado do Seminario, esta programación inclúe tanto obradoiros didácticos para a rapazada como un programa de visitas especiais para público adulto, conducidas por algúns dos maiores expertos de Galicia na historia desta institución determinante na construción da nosa identidade.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información