Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Yolanda Castaño, Eduardo Pardo de Guevara, a produtora Portocobo, a Banda de Música Unión de Guláns e a compañía circense PistaCatro reciben os Premios da Cultura Galega 2023
    Esta edición dos Premios destacou a calidade da poesía de Yolanda Castaño, premiada na modalidade de Letras; o labor de investigación de Eduardo Pardo de Guevara sobre os galegos da Idade Media (Patrimonio Cultural) e a lonxevidade da Banda de Música Unión de Guliáns, con 150 anos de vida e que levou o recoñecemento na categoría de Música. Tamén foron premiados a produtora Portocobo (Audiovisual) como exemplo do “momento de esplendor” que está a vivir o audiovisual galego; o talento do circo de PistaCatro (Artes Escénicas) e o feito de que unha localidade galega como Ribeira acolla o Museo do Gravado á Estampa Dixital (Artes Visuais), que alberga unha das maiores coleccións de gravados de España e Europa.
  • O Festival Internacional de Animación Imaxinaria celébrase en Coruña do 6 ao 10 de marzo
    Foi presentado o programa da segunda edición do Festival Internacional de Animación Imaxinaria, impulsado por Afundación co obxectivo de dar a coñecer a animación audiovisual menos comercial, e funcionar tamén como punto de encontro de profesionais do sector. Baixo a dirección de Matilde Rodríguez, comisaria da Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea (MiiC), e do ilustrador e realizador coruñés Alberto Vázquez, referente na animación actual, gañador de numerosos premios nacionais e internacionais, as proxeccións e actividades principais de Imaxinaria terán lugar desde mañá ata o domingo na Sede Afundación da Coruña e con entradas á venda a beneficio do Banco de Alimentos.
  • O Festival Converxencias Portugal-Galicia celebra a súa 10ª edición cunha ampla programación cultural
    O Festival Converxencias Portugal-Galicia chega á súa 10ª edición cunha ampla programación cultural composta por música, teatro, danza e literatura que se repartirá do 3 de febreiro ao 9 de marzo entre as localidades de Braga, Ponteareas, A Estrada, Padrón e Santiago de Compostela. Como cada ano, este certame cultural programa unha serie de actividades arredor do 23 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro e de pasamento do cantautor portugués Zeca Afonso, estreitando os lazos que unen Galicia e Portugal e evidenciando as semellanzas entre as súas linguas e culturas. Ademais, este ano inclúe unha publicación conmemorativa do 10º aniversario.
  • O Museo de Belas Artes da Coruña ofrece un percorrido dixital por unha das mellores coleccións de pinturas do século XVII
    Esta é a primeira reconstrución visual feita deste interesante edificio e dos seus importantes contidos artísticos que foron creados por destacados autores como o propio Rubens e outros pintores flamencos, así como Velázquez, e que hoxe en día se poden contemplar en museos e institucións como o Prado e o Museo de Historia de Madrid, a National Gallery de Londres, o The Arte Institute de Chicago, o Staaliche Museum Zu de Berlín ou na colección Sir Edmund Bacon Art, entre outros. Nela, grazas ao uso de técnicas de reposición fotogramétrica, modelado CAD 3D e a programación de videoxogos, o visitante poderá realizar un percorrido inmersivo polos seus espazos e interactuar con lenzos de forma natural, sen máis dispositivos que o propio corpo, cuxos movementos serán monitorizados por unha cámara de profundidade.
  • Presentada a primeira adaptación a novela gráfica do clásico 'Memorias dun neno labrego'
    A Xunta de Galicia e Editorial Galaxia acaban de presentar dous novos títulos que engrosan a lista de obras publicadas pola editorial viguesa co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades: a primeira adaptación a novela gráfica do clásico Memorias dun neno labrego, de Xosé Neiras Vilas realizada por Iria Aldegunde, e a Música dos Valladares. Retratos de familia, da autoría de Pablo Bernárdez. O primeiro, dirixido a un público novo, é unha innovadora versión de Memorias dun neno labrego traslada a Balbino, o rapaz de aldea máis famoso da literatura galega, ao mundo da banda deseñada a través das ilustracións da compostelá Iria Aldegunde. O volume únese á longa lista de versións que desde a súa publicación, en 1961, suma o título co que o autor de Gres fundou a narrativa galega contemporánea.
  • A Filmoteca de Galicia recibe o cineasta Aki Kaurismäki para presentar a súa última película dentro da retrospectiva que se lle dedica ata abril
    A Filmoteca de Galicia xa ten preparada a súa carteleira de febreiro, que desde mañá e ata finais de mes lle propón ao público 36 novas citas cinéfilas. Destaca, entre elas, a visita do cineasta finés Aki Kaurismäki, quen estará o mércores 7 de febreiro ás 20,30 horas na sede da cinemateca da Xunta na Coruña para presentar a súa última longametraxe, Fallen Leaves. A fita, que é xa o seu maior éxito en España con máis de 110.000 espectadores e aínda se atopa en cartel en moitas cidades, poderá verse con subtítulos en galego como parte da retrospectiva que a Filmoteca de Galicia lle dedica ata o mes de abril. Xunto co arranque deste ciclo, a nova carteleira mensual tamén porá o foco no realizador galego Lois Patiño, ademais de lle dar continuidade ao especial co que repasa algúns dos títulos esenciais de Wim Wenders.
  • O Gaiás organizará unha grande exposición sobre a cultura viquinga en colaboración con Museos Nacionais de Suecia, Dinamarca, Francia e España
    Unha vida viquinga poderá visitarse, con entrada libre e de balde, entre xullo de 2024 e xaneiro de 2025 no Museo Centro Gaiás. Tamén no derradeiro trimestre do ano chegará ao Museo do Mar de Galicia en Vigo outro proxecto expositivo centrado na cultura viquinga, no que destacados nomes da fotografía poñerán o foco sobre lugares, paisaxes e arquitecturas vencellados coas lendas viquingas en Galicia. O discurso expositivo de Unha vida viquinga “pretende ir máis alá dos estereotipos do imaxinario popular sobre este pobo, amosando o seu día a día e, dentro dun modelo de presentación da historia diferente, achegándose á vida tanto de homes como de mulleres, e destacando facetas como a participación de muller en campañas guerreiras e de exploración e tamén a organización da vida diaria”.
  • 'Os Tesouros de Terra Santa' e 'Las Edades del Hombre', entre as principais exposicións da Xunta para 2024
    O Gaiás ocupa un papel protagonista ao acoller unha das principais propostas internacionais anunciadas para este ano: a mostra 'Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum' que se poderá visitar, como único destino en España, entre os meses de marzo e agosto. Trátase dunha exposición internacional que amosará en Santiago o extraordinario e pouco coñecido tesouro artístico do Terra Sancta Museum de Xerusalén, composto de doazóns das monarquías católicas europeas ao longo de 500 anos. Destaca tamén a presenza de Galicia na celebración da XXVII edición da exposición Las Edades del Hombre que no 2024 terá unha dobre sede.
  • O ciclo Clásicas Desfeitas renova o Hamlet de Cunqueiro facendo mestizaxe de teatro e videoxogos na Cidade da Cultura
    O ciclo Clásicas Desfeitas, promovido pola Xunta de Galicia a través do Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura, presenta en febreiro un novo Hamlet que mestura a linguaxe escénica e a interactividade propia dos videoxogos para crear unha nova obra de teatro itinerante na que o público participa directamente no desenvolvemento da trama. Logo de catro anos e once producións, Clásicas desfeitas consolídase como unha innovadora aposta de apoio á creación que permite redescubrir obras e autores da literatura galega e universal baixo a ollada da linguaxe escénica contemporánea. Rosalía de Castro, Sor Juana Inés de la Cruz, Gil Vicente, Virgina Woolf, Albert Camus ou Sófocles son algúns dos nomes sobre os que xa traballaron as artistas galegas e internacionais participantes.
  • O primeiro estudo económico da industria musical galega cifra o seu impacto en 227,7 m€ e 3250 empregos
    A industria musical galega ten un efecto global na economía de Galicia de 227,7 millóns de euros e implica unha xeración de emprego de 3250 postos de traballo, valores que resultan da suma dos impactos directo, indirecto e inducido. Estas son as cifras que recolle un informe pioneiro de autodiagnose do sector impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O informe, titulado 'Impacto da industria musical de Galicia: tendencias, retos e oportunidades', recolle valores do ano 2022 mediante un proceso de investigación social e económica con rigor académico.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información