Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Madrid homenaxea ao galego Antonio Palacios nunha gran exposición que reivindica o seu papel como arquitecto universal
    O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe en Madrid na inauguración da exposición Antonio Palacios. El rumor de la historia, el ruido del tiempo, na que a Xunta de Galicia colabora coa cesión da réplica da maqueta do Plan Palacios para Vigo elaborada polo profesor Javier Fondevila e alumnado do Instituto IES Politécnico de Vigo. O titular de Cultura da Xunta agradeceu ao Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid a súa homenaxe cunha retrospectiva que permitirá reivindicar o papel do galego Antonio Palacios como arquitecto universal.
  • Curtocircuíto celebra o seu 20º aniversario con 30 filmes de 16 países na sección oficial
    Curtocircuíto celebrará o seu 20º aniversario cunha sección oficial conformada por unha trintena de filmes procedentes de 16 países. A mostra organizada polo concello de Santiago de Compostela, que desenvolverá un amplo programa de exhibición e de actividades paralelas entre os días 3 e 8 de outubro, achega dúas propostas transcendentais: a retrospectiva que se lle dedicará ao polifacético dramaturgo Roberto Vidal Bolaño e a estrea en Galicia de O Corno, segundo filme da realizadora Jaione Camborda.
  • Os actos centrais do 30 aniversario do CGAC incluirán un espectáculo de danza vertical e un videomapping na fachada
    As conmemoracións do 30 aniversario do CGAC, inaugurado o 29 de setembro de 1993, terán a vindeira semana os actos centrais cunha completa programación que incluirá un espectáculo de danza vertical na fachada, unha proxección de vídeomapping, visitas guiadas en horario especial e unha noite de concertos, ao que se sumará tamén a inauguración dunha nova exposición que repasa a historia do CGAC vinculada á arte conceptual. Todas as actividades poderán gozarse de balde e nelas terá unha importancia singular a propia arquitectura do CGAC, obra de Álvaro Siza. Así, a noite do venres 29, os muros exteriores e a terraza converterase en escenario dun espectáculo de danza vertical coa peza Finale, da compañía Delrevés.
  • Nova Galega de Danza inicia as celebracións do seu 20º aniversario coa estrea de 'Berro'
    En Berro, Nova Galega de Danza preséntanos un espectáculo que procura recuperar a memoria colectiva. A montaxe configúrase ao redor do baleiro que supón ser individuos solitarios e illados nunha sociedade carente de memoria. A través do movemento, trázase unha viaxe que conecta cos estados emocionais e que amosa a importancia de recobrar a esencia ancestral. O corpo de baile está formado por Inés Vieites, Estefanía Gómez, Alba Cotelo, Laura Santamariña, Ricardo Fernández e Iván Villar, gañador do Premio Max ao mellor intérprete masculino de danza en 2021. Jaime Pablo Díaz combinará o traballo coreográfico coa dirección do espectáculo.
  • O MUMI estreita vínculos culturais e profesionais entre as dúas beiras do Miño ao reunir 200 axentes do sector musical
    O encontro MUMI-Músicas do Minho conta con máis de 200 profesionais do sector musical acreditados. Entre a relación de participantes, destaca a concorrencia de medio centenar de responsables da programación cultural de concellos como As Pontes, Padrón, Carral, Cedeira, Póvoa do Varzim ou Matoshinhos, e da dirección de festivais como Arteficial, Revenidas, 17º Ribeira Sacra, SonRías Baixas, PortAmérica, Minho Reggae ou Gaia World Music. No eido empresarial, tamén acudirán axencias como Esmerarte, Correveydile, La Yogurtera ou D’Orfeu Agueda; as salas Mardi Grass e A Pousada da Galiza Imaxinaria e representantes de entidades profesionais como Músicas ao Vivo ou a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
  • Últimos días de 'A Coruña no tempo', que supera os 10.000 visitantes a unha exposición que afonda na identidade urbana da cidade
    A exposición A Coruña no tempo, organizada pola Xunta de Galicia e a Afundación, pecha as súas portas o vindeiro sábado­ 16 na sede da entidade na Coruña superando os 10.000 visitantes. A mostra, inaugurada o 12 de xullo, reúne ao redor dun cento de pezas entre obras de arte, fotografías, documentos e mapas históricos e obxectos simbólicos, construíndo un relato único sobre a identidade dunha urbe exemplo de emprendemento e dinamismo. Comisariada por Manuel Gago, e co asesoramento do xornalista coruñés Rubén Ventureira, A Coruña no tempo aborda o pasado e presente da cidade desde distintas perspectivas.
  • Paul Weller encabeza o cartel dun Underfest que soará en todo Vigo ao repartir 14 concertos en sete recintos
    O británico Paul Weller encabeza o cartel deste ano do Underfest SON Estrella Galicia, evento musical que converterá Vigo nun gran escenario ao distribuír os 14 concertos por diferentes recintos. O Museo Marco, o Auditorio Mar de Vigo ou as salas Masterclub e La Iguana Club son algúns dos espazos que acollerán os concertos entre este venres e o sábado. O Underfest abrirá a súa programación o venres ás 18,30 h no Panóptico do Museo Marco con Sam Amidon, cantante estadounidense referente do folk-rock; e continuará unha hora despois no propio centro expositivo situado na rúa Príncipe con Queidem, artista valenciano que presenta o seu álbum debut.
  • Presentada a nova edición do WOS festival como cita de referencia na difusión das vangardas musicais
    Este evento reunirá a artistas de máis de 15 países de todo o mundo (dos cinco continentes, desde Exipto ata India, pasando por Reino Unido, Portugal, Sierra Leona ou Australia, entre outros) proclamándose como un dos festivais de referencia en Europa pola súa programación arriscada e de vangarda. Ao longo de catro xornadas, WOS Festival x SON Estrella Galicia ofrecerá un completo programa con case unha trintena de espectáculos de arte sonora, entre os que se inclúen tres estreas mundiais, ademais de proxeccións de películas documentais e parladoiros.
  • A Xunta aplicará a intelixencia artificial para mellorar o éxito escolar e crear un expediente académico único
    O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno autonómico vai aplicar as vantaxes da intelixencia artificial á Administración educativa dixital para mellorar a toma de decisións de cara ao éxito escolar, crear un expediente académico único e habilitar un portelo único de comunicación da comunidade educativa. "Será a través do proxecto EdugalIA, un programa pioneiro e moi innovador xa que non se ten feito en ningunha outra comunidade autónoma", explicou.
  • O Gaiás acolle a XIII edición do 'Encontro de Artistas Novos' que reúne a 40 creadores de dentro e fóra de Galicia nunha aposta pola arte emerxente
    O XIII Encontro de Artistas Novos está impulsado pola Fundación Cidade da Cultura e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell. Trátase dunha das citas máis consolidadas da programación da Cidade da Cultura, da que forma parte desde 2011. Ata o momento teñen pasado por este encontro destinado a apoiar a novos talentos da creación contemporánea máis de 700 artistas. A apertura do EAN13 contou coa participación do director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, do director Territorial Noroeste de Banco Sabadell, Adolfo García-Ciaño; do director do EAN, Rafael Doctor, e da directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información