Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • A TVG incorporará os novos servizos interactivos que o mercado demande
    Ábrese un período de consultas preliminares ao mercado para deseñar as solución e servizos para adaptar as emisións do ente público ás novas demandas do consumo, e poñerase en marcha unha canle dixital para o ámbito educativo e a creación de contidos multimedia
  • Reunión en Compostela do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago
    Este órgano asesor da Xunta de Galicia vai organizar en 2021 o Congreso mundial 'Santiago de Compostela: camiño do saber, do andar e do crer', que afondará nas tradicións xacobeas e cultos locais en todo o mundo.
  • A banda artística de Merza réndelle tributo a Queen nos Atardeceres do Gaiás
    A Banda Artística de Merza, considerada a máis antiga de Galicia, réndelle tributo a Queen no marco do programa Atardeceres no Gaiás e dos actos de celebración do 190º aniversario da súa fundación. A formación crucense estará acompañada polo coro vigués Gli Appassionati neste concerto de estrea do novo proxecto Queen Symphony, que se poderá seguir mañá ás 21:00 horas con entrada libre e de balde, na praza central da Cidade da Cultura de Galicia. Así o anunciaron hoxe en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García e o director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañados polo alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero; e mais polo presidente e director da banda, Francisco Fernández e David Fiúza, respectivamente.
  • O venres 27 comezan na Catedral de Santiago as visitas ao Pórtico da Gloria
    A Catedral de Santiago asinou hoxe un convenio con Turismo de Galicia, a través do cal a Xunta de Galicia colaborará na primeira fase do plan de ordenación de visitas ao Pórtico da Gloria deseñado polo Cabido da Catedral de Santiago e que dará comezo o vindeiro venres 27 de xullo e se estenderá ata finais de setembro. Ao abeiro deste acordo, Turismo de Galicia fará posible que se dispoña dun equipo permanente de vixiantes de seguridade en todo o horario de apertura que se encargará de regular os fluxos de visitantes.
  • A MIT de Ribadavia remata cun récord de asistencia de espectadores
    A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia remata cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas. O Premio do público recaeu na compañía A PANADARÍA, co espectáculo ELISA E MARCELA, superando por décimas á segunda máis votada, a mexicana Los Colochos con Mendoza. Esta edición destacou pola media alta de asistencia e valoración dos espectáculos, tamén pola proxección internacional e pola repercusión que a MIT está tendo en diversos ámbitos, do económico ao social.
  • O Consejo Jacobeo aproba o logotipo oficial do Xacobeo 2021 e acorda pór en marcha os beneficios fiscais a partir de outubro
    Os membros da Comisión Executiva do Consejo Jacobeo aprobaron hoxe o logotipo oficial do Xacobeo 2021 a proposta do Goberno galego, que estivo representado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua e a comisaria do Xacobeo 2021. Co fin de actualizar algúns aspectos da marca, o novo logotipo retoma o punto de partida da imaxe anterior polo que a vieira continúa a ter protagonismo como un elemento iconográfico do Camiño de Santiago.
  • Remata a primeira fase das reunións dos grupos de traballo para a elaboración da Estratexia da cultura galega 2021
    O grupo reunirase na Cidade da Cultura de Galicia para propoñer as liñas de actuación e os obxectivos para o sector. Participarán representantes das principais entidades e empresas audiovisuais de Galicia, entre elas, o Clúster Audiovisual Galego, a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, o Centro Galego de Artes de Imaxe, a Corporación Radio e Televisión de Galicia, a Asociación Galega de Guionistas, a Asociación de Profesionais da Dirección e da Realización de Galicia (CREA), Vaca Films, CTV, Ficción Producciones, Zeitum Films e Agallas Films.
  • 81.000 asistentes de 42 países, 2.000 empregos xerados, e 0 incidencias, as cifras dun novo 'éxito rotundo' do Resurrection Fest
    Máis de 81.000 persoas de 42 países abarrotaron a pasada semana o Concello de Viveiro co Resurrection Fest, xerando uns 2.000 empregos directos e indirectos, e sen ocasionar ningún tipo de incidente durante os catro días que durou a cita. Así o avanzou este mércores, na localidade mariñá, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Director do Festival, Iván Méndez Rodríguez. Santos Ramos apuntou que “un ano máis podemos cualificar de éxito rotundo o Resurrection Fest, pois durante catro días 81.350 persoas de 42 nacionalidades diferentes participaron no que xa é o festival de música metal e rock máis importante de España, e un dos máis relevantes de Europa".
  • Semana do galego en Leeuwarden (Holanda), Capital da Cultura Europea 2018
    A cidade de Leeuwarden, Frisia (Holanda), Capital da Cultura Europea de 2018, acollerá a semana do galego cun amplo programa de actividades. Grazas a Afûk (a institución que promove a lingua e cultura frisia), á Mesa pola Normalización Lingüística e á Fundación Vía Galego coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela e do Concello de Pontevedra desde o 22 ao 29 de xullo o galego será o protagonista do Pavillón das Linguas. O proxecto Pavillón das linguas (Lân fan Taal) consiste en amosar a diversidade lingüística europea e a existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes.
  • Expertos de todo o mundo participan desde hoxe no XI Curso Leccións Xacobeas Internacionais
    Expertos de diferentes partes do mundo participan desde hoxe en Santiago de Compostela na XI edición do curso de verán Leccións Xacobeas Internacionais na Universidade de Santiago que este ano se celebra baixo o lema ‘O Camiño de Santiago no Ano do Patrimonio Cultural Europeo’. Trátase dunha iniciativa formativa que conta co apoio de Turismo de Galicia e que, ano a ano, se converte nun destacado punto de encontro e de reflexión ao redor do fenómeno xacobeo.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 104
  • 105
  • 106
  • 107
  • 108
  • 109
  • 110
  • 111
  • 112
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información