Notas
-
O concerto Rosas... para Galicia serve de homenaxe ao escritor galego homenaxeado co Día das Letras Galegas 2016.
-
A exposición ‘Compañías convenientes. Diálogos contemporáneos co home poliedro’ amosa pezas de arte nas que doce autores como Chelo Matesanz, David Catá, Carme Nogueira, Edu Valiña e Laura Piñeiro dialogan con obras literarias, obxectos e espazos da fundación do premio Nobel.
-
O filme Mimosas, do realizador galego Oliver Laxe e subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic, acaba de alzarse co Nespresso Grand Prize da Semana da Crítica do Festival de Cannes. Este galardón supón un fito histórico para o cine galego.
-
El Premio de Columnismo José Luis Alvite es un galardón que reconoce una trayectoria como generador de opinión, ya sea de análisis de actualidad o sobre la situación general de distintos ámbitos. En su primera edición se concede a Xosé Luis Barreiro Rivas por su dilatada trayectoria en la prensa gallega.
-
A Cidade da Cultura celebra no Gaiás o Día das Letras Galegas cun homenaxe multimedia a Manuel MaríaA Cidade da Cultura convida á cidadanía a elixir os poemas preferidos de Manuel María e recitalos no marco dun espectáculo multimedia no que os versos están acompañados por improvisacións sonoras de Koroiev e videocreacións de DSK, así como un aperitivo literario con degustación de produtos galegos. A Cidade da Cultura súmase á homenaxe do Día das Letras Galegas a Manuel María.
-
Ademais do acto literario co que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) sumouse ao Día das Letras Galegas 2016 con diversas as propostas que dende a institucón compostelá lembran a figura de Manuel María como expoñente da lingua galega.
-
O xornalista Xulio Xiz participou no Centro Galego de Salamanca proxectando un vídeo da produtora Ophiusa sobre o persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Manuel María. Tamén en Salamanca, inaugurouse a exposición Manuel Rodríguez López.
-
Trátase dun estudo e dunha antoloxía con 55 poemas do autor homenaxeado este ano coas Letras Galegas, así como O auto da costureira, unha peza teatral publicada en 1973. A edición correua a cargo da profesora e escritora Mercedes Queixas Zas, que se presentou na RAG.
-
O Concello de Santiago súmase á celebración do Día das Letras Galegas e ao recordo a Manuel María, o autor homenaxeado este ano. O alcalde, Martiño Noriega, e a concelleira Branca Novoneyra presentaron as actividades organizadas polos departamentos de Lingua e Acción Cultural para lembrar a obra do poeta chairego.
-
O filme de Oliver Laxe protagoniza nove dos pases da Semana da Crítica, mentres que a nova curta de Alberto Vázquez preséntase na Quincena de Realizadores. A participación galega en Cannes complétase coa actividade comercial de Frida, Fadybug, Numax e Zeitun.