Notas
-
Intervén nunha xornada sueca organizada polo CLM-Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela, no marco dun curso intensivo de verán de sueco.
-
O Womex 2016 vai estruturar a súa programación en dúas partes: DayWomex e NightWomex. A primeira abarca a feira profesional e outras actividades complementarias que se desenvolverán na Cidade da Cultura. No NightWomex prevense máis de 690 concertos de pequeno formato, que terán lugar en espazos abertos e pechados de Compostela.
-
O Centro Galego de Vitoria acolle a exposición sobre o escritor de Paradela, Manuel Rodríguez López, logo de percorrer os centros galegos doutras localidades como Madrid, Barcelona, Salamanca ou León.
-
A Music Show Along History, está dirixida polo profesor de música do centro, Rodrigo Vázquez García. É un conxunto de flautas que interpreta unha serie de composicións que proporcionan aos espectadores un panorama sonoro e visual da historia da música.
-
A suíza UMS’n JIP achegarase ás estéticas operísticas no concerto que ofrece o mércores 22 de xuño no Espacio Sirvent no ciclo Do Audible. Diferentes disciplinas da arte e do pensamento dialogan neste ciclo promovido pola Xunta en colaboración con Vertixe Sonora, para achegar o público ás expresións culturais contemporáneas.
-
O Salón Teatro acolle o martes, 21 de xuño, a representación de Cabaret Salomé pola compañía GN Teatro e, o mércores 22, Cinzas, da Aula de Teatro da Universidade de Santiago. Péchase o programa dunha temporada que tamén acolleu exhibicións cinematográficas. O pano da sede do CDG súbese o 23 de setembro para a estrea de Tartufo, dirixida por Carles Alfaro.
-
Ese caderno, un manuscrito rigorosamente inédito, publícao agora a Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán da USC en Con el alba. El Cuaderno de Francia (1916). En facsímile, con estudo e edición a cargo da profesora Margarita Santos Zas, neste caderno de notas privado narra as experiencias do escritor visitando a fronte de guerra.
-
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, asinaron un convenio de colaboración para a celebración da 21ª edición do certame, que terá lugar do 28 de outubro ao 5 de novembro. O OUFF pasará a ter dúas seccións competitivas, centradas no cine iberoamericano e en óperas primas.
-
A mostra itinerante permanece en Santiago de Compostela ata o 8 de xullo e despois viaxa a cidades como Pontevedra, Ribadeo, Fene, Pontedeume, Valdoviño e Ourense. Forma parte da programación especial do Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia.
-
O responsable municipal de Culturas destaca a oportunidade de “contribución" da institución “sen tutelaxes” ao proxecto, que inclúe por vez primeira un concurso de fotografía aberto a todos os públicos. José Manuel Sande destaca a "convivencia de distintos modelos de xestión cultural na Coruña" durante a presentación da nova edición do festival de fotografía Visions, "unha iniciativa da propia comunidade creativa".