A libraría da Unión de Editoriais Universitarias Españolas en Madrid, con Manuel María

Esta é unha campaña que coincidindo co Día das Letras Galegas e co Día do Libro promove anualmente o Servizo de Publicacións. Ademais de dar a coñecer a figura literaria homenaxeada o 17 de maio, con esta actividade o Servizo de Publicacións da USC pretende manter vivo o interese nunha colección única no panorama editorial galego como é Clásicos do Pensamento Universal.
Biblioteca Intercentros
A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC abrirá un centro de interese no que se exhiben diversas obras de Manuel María e outros traballos relacionados.
A escolma literaria sobre Manuel María, unha mostra que agroma preto de vinte volumes, inclúe distintos poemarios referidos a Lugo, á Terra Chá e mesmo a Compostela, ademais de títulos de carácter biográfico, alusivos á emigración e outros ben coñecidos como o é o caso de ‘Barriga Verde’.
Lectura no Rodríguez Cadarso
Pola súa banda, o Colexio Maior Rodríguez Cadarso celebrará este martes 17 unha lectura de fragmentos das obras do poeta homenaxeado. Será a partir das 21.00 horas na Biblioteca colexial. Na sesión participarán colexiais de diferentes titulacións, entre eles alumnado de fóra de Galicia que comezaron a estudar a lingua galega a partir da súa entrada na USC.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC)