Notas
-
2.500.000 de bolsas visibilizarán a efeméride e preto de 500 carteis difundirán nos establecementos Eroski-Center e Familia a figura, a vida e a obra do autor ao que este ano se lle dedican as Letras Galegas. Valentín García salientou a importancia de que as empresas se comprometan coa promoción do uso do galego desde a RSE.
-
O web 'Manuel María xornalista' recolle unha parte dos artigos do autor da Terra Chá e ofrece unha visión global da súa biografía, con especial atención á súa vida como xornalista. Esta visión compleméntase cunha galería de imaxes recollida do arquivo da Casa-Museo Manuel María e unha lista de webs salientables sobre o escritor chairego.
-
O Foro do Burgo de Caldelas, unha das primeiras manifestacións en lingua galega, a bandeira do Consello de Galiza ou o teodolito de Domingo Fontán son algunhas pezas emblemáticas da cultura galega. Todas elas están en Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura, promovida polo CCG.
-
O Museo do Mar de Galicia acolleu a primeira reunión técnica de responsables de museos marítimos para procurar unha ruta común. Conviven en Galicia un importante número de museos e centros de interpretación vencellados ao mar que teñen como obxectivo preservar a memoria marítima e mariñeira.
-
Presentouse a programación do Festival de Cans que do 18 ao 21 de maio congregará nesta aldea do Porriño profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia. A Consellería de Cultura e Educación volve apoiar economicamente o encontro a través das subvencións da Agadic a festivais audiovisuais.
-
Queremos Galego reivindica cambios na lexislación que eviten decretazos como o do ensino ou sentenzas como a do TSXG. Marcos Maceira: “Vivir en galego é un dereito, non unha concesión”. “A escasa e limitada lexislación que ampara o galego non pode ser utilizada para atacar os espazos conquistados para a lingua pola sociedade”.
-
O Marisquiño defínese como unha marca con personalidade propia que lles achega aos seus seguidores unha ampla oferta cultural, coa música como complemento á programación deportiva. O festival, con 21 actuacións, repite como sede da World Cup Skateborading con 14 modalidades de deportes urbanos como o Flatland.
-
O TEDxGalicia amplía o seu formato, cunha sesión de mañá e outra de tarde, nas que os participantes poderán escoitar destacados relatorios en vivo combinados co visionado das TedTalks ou charlas inspiradoras. O evento está adicado á difusión de ideas innovadoras e inspiradoras.
-
Distribuiranse nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e de San Fernando. Abre sábado 30 de abril e domingo 1 de maio de 12 a 22h.
-
Os cineastas Ángel Santos, Jaione Camborda e Marcos Flórez traballan cos estudantes nas filmacións coas que culminan os seus talleres para esta iniciativa pedagóxica internacional, que en Galicia se integra no Plan Proxecta. O CGAI proxectará na súa sede da Coruña os catro filmes resultantes nunha sesión especial pública prevista para o 16 de xuño.