Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Homenaxes a Manuel Rodríguez López e Manuel María no Centro Galego de Salamanca

Abriuse ao público no Centro Galego de Salamanca a exposición Manuel Rodríguez López, sobre a vida e obra do escritor de Paradela, fillo predilecto dese concello, que da nome á Casa municipal de Cultura e ao Certame Literario, xa na XXI edición.

A mostra forma parte do Proxecto Manuel Rodríguez López emprendido por Galicia Digital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Xunta de Galicia (Secretarías Xerais de Política Lingüística e de Cultura), a Deputación Provincial de Lugo-Delegación de Cultura, o Concello de Lugo e a Real Academia Galega.

Esta mostra itinerante ten percorrido numerosas ciudades e localidades galegas, visitou o Centro galego de Barcelona e a Casa de Galicia en Madrid, abríndose agora no Centro Galego de Salamanca, con motivo da celebración nesta institución das Letras galegas. Está composta por oito paneis dobles, nos que se reflicte de xeito moi gráfico a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Catalunya a maior parte da súa obra, e foi, ademais dun grande animador das actividades galegas en Catalunya, o vínculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes no País catalán.

Homenaxe a Manuel María, no Centro Galego de Salamanca


O xornalista Xulio Xiz tamén falou no Centro Galego de Salamanca sobre o persoeiro ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, Manuel María, proxectándose o audiovisual MANUEL MARÍA DA TERRA CHÁ, editado en 1994 cando se cumpriron os 40 anos da publicación do libro máis coñecido de Manuel María, audiovisual dirixido por Xulio Xiz, no que participaron Manuel María, Alfonso Blanco, Darío Xohán Cabana, Lois Diéguez, Camilo Gómez Torres, Saleta Goy e Paco Martin, que este ano foi reeditado como aportación á homenaxe que toda Galicia rende ao escritor chairego.
GaliciaDigital

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información