Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Mercedes Queixas afonda en "Manuel María. Palabra viva de amor e afirmación"

Presentouse na Real Academia Galega o libro Manuel María. Palabra viva de amor e afirmación, edición conmemorativa do Día das Letras Galegas a cargo da profesora e escritora Mercedes Queixas Zas impresa por La Voz de Galicia. O volume, incluído na colección Letras Galegas, recolle unha antoloxía poética do escritor homenaxeado co Día das Letras Galegas de 2016 e O auto da costureira, peza teatral publicada en 1973.

O acto arrincou coa Muiñeira de Florencio, o cego dos Vilares, no violín de Cibrán Seixo e os versos de"Terra Chá" na voz da poeta Eva Veiga, quen tamén recitou versos que Manuel María dedicou á súa compañeira Saleta Goy, convidada de honra no acto. O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; Santiago Rey Fernández-Latorre, presidente da fundación que leva o seu nome; o director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela, e Mercedes Queixas compartiron a mesa de presentación da obra, que o xornal distribuirá o vindeiro 17 de maio.

Alonso Montero cualificou o libro como unha "ferramenta" feita con rigor "que vai contribuír ao mellor coñecemento e á difusión da obra literaria de Manuel María, un legado que inclúe poemas tan populares como "O carro", co que arrincou a súa intervención Xosé Luís Vilela. "Estes versos son de todos, e para un poeta seguro que non hai gloria maior que facer que os seus versos sexan de todos. Iso é o que fai un poeta universal", salientou.

Pola súa banda, a responsable da edición destacou que o conxunto da monumental obra de Manuel María, así como a implicación social e política nos seus diferentes ciclos vitais, convérteno "no referente intelectual galego da segunda metade do século XX". "O país habita a súa obra, é imposíbel comprender unha sen o outro. Home e poeta ao redor do mesmo centro de gravidade: a terra. O ser", expresou.

Tras un percorrido biográfico pola vida de Manuel María, a escolma poética que inclúe o libro arrinca co poema "Prego dos dezanove anos". A composición forma parte do seu primeiro libro, Muiñeiro de brétemas, co que se converteu, no ano 1950, no primeiro poeta novo en publicar en galego na posguerra, e conclúe con "A casa erguida con xisto e cantería", dos Sonetos á Casa de Hortas, a obra que lle dedicou nos anos noventa á casa na que naceu e onde se criou, hoxe convertida en Casa-Museo Manuel María. O máis de medio cento de poesías seleccionadas dan conta das distintas etapas e liñas poéticas do universo creativo do autor, desde o existencialismo dos primeiros tempos, a apertura á paisaxe de Terra Chá, a poesía de denuncia e combate dos versos de "Acuso á clase media" e a defensa do idioma de "A Fala" ata a expresión máis íntima e humanista da súa madureza.
Real Academia Galega (RAG)

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información