Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • O fotógrafo Fuco Reyes repasa a evolución da fotografía dende a súa orixe ata a era actual dixital
    Do 18 ao 22 de xullo celébrase na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o curso de verán Conectando os puntos: a fotografía contemporánea en España, impartido polo fotógrafo Fuco Reyes Cora e por Tino Martínez. O curso ten un carácter divulgativo, en xeral para persoas amantes da fotografía.
  • Agadic financia 13 novos proxectos audiovisuais de guión, curtas e longametraxes
    Cora Peña, Alberto Vázquez, Alexandre Cancelo, Sonia Méndez e Xoel Méndez son os adxudicatarios na modalidade de guión e Álvaro Fernández, Iván Nespereira, Olaia Sendón, Antonio García Mejuto e Carla Andrade, na de realización de curtametraxes. Apóiase tamén as longas de Antón Corbal, Diana Toucedo e Berio Molina.
  • O Campus Terra da USC súmase á promoción do audiovisual con Fin de Curta
    A actividade e os contidos das propostas presentadas ao I Fin de Curta deberá desenvolverse entre las 17.00 horas do venres 10 de xuño ata as 8.30 horas do luns 13 de xuño. O maratón cinematogáfico I Fin de Curta é unha convocatoria aberta a todo o público para contribuír á promoción do audiovisual galego e ao impulso de novos creadores en lingua galega.
  • O ciclo Do Audible regresa con novas estreas musicais do 7 de xuño ao 4 de outubro
    O papel da muller na creación musical centra a sesión inaugural da programación, que contará coa participación de relevantes personalidades dos ámbitos da música, das letras, das artes escénicas e da filosofía. O ciclo Do Audible regresa con novas estreas musicais para achegar o público ás variadas expresións culturais contemporáneas.
  • Agadic e a MIT de Ribadavia colaboran na promoción do sector teatral galego na 32ª edición da mostra
    A Mostra de Ribadavia, que en 2013 foi recoñecida co premio da Cultura Galega da Xunta na modalidade de Artes Escénicas, botou a andar en 1973 por iniciativa da Asociación Cultural Abrente hoxe considérase como un dos eventos máis importantes do sistema teatral e o “principal catalizador da refundación da escena galega nos anos setenta do pasado século”.
  • A Biblioteca de Autores da APC incorpora "Antón Vilar Ponte e as Irmandades da Fala"
    Cultura e Educación e a Asociación da Prensa da Coruña presentan no Museo de Belas Artes da Coruña o libro "Antón Villar Ponte e as Irmandades da Fala", publicado na colección da Biblioteca de Autores da APC. A publicación da obra enmárcase nas iniciativas que se organizan en Galicia co gallo do centenario da fundación das Irmandades da Fala, constituídas en 1916.
  • Os Encontros monográficos co Patrimonio Cultural analizan a situación de Cova Eirós
    É un dos xacementos paleolíticos máis notables dos que foron descubertos no noroeste ibérico, conserva un dos mellores conxuntos de fósiles fauna do Cuaternario de toda Galicia e durante a escavación se atoparon mostras arqueolóxicas da prehistoria recente e indicios de ocupacións eventuais na Idade Media e na Moderna. De todo isto falarase na xornada.
  • O Festival VdeValarés ofrece na súa décima edición tres días de concertos con recoñecidos grupos galegos e internacionais
    A música independente e a natureza da Costa da Morte fusiónanse do 12 ao 14 de agosto en Ponteceso, onde se darán cita Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound. Unha ampla variedade de actividades culturais e un campus de traballo ecolóxico completan o programa de 2016.
  • Nova Galega de Danza e Agadic estrean no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a coprodución Son
    Un corpo de baile integramente masculino interpreta esta montaxe, con dirección musical de Sergio Moure de Oteyza, na que conviven a danza tradicional galega coa española, a contemporánea e o flamenco. Jaime Pablo Díaz e Carlos Rodríguez son os directores artísticos deste espectáculo.
  • Os filmes gañadores dos premios Gaudí do cine catalán, na carteleira do CGAI
    A Academia Galega do Audiovisual e a Acadèmia del Cinema Català organizan este ciclo no marco que se proxectarán ‘El adiós’, ‘13 dies d’octubre’ ou ‘El camí més llarg per tornar a casa’. Exhibiranse en Cataluña as obras galardonadas cos Premios Mestre Mateo.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 157
  • 158
  • 159
  • 160
  • 161
  • 162
  • 163
  • 164
  • 165
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información