Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Concedidas axudas para 60 proxectos de voluntariado xuvenil de 26 concellos e 34 entidades de acción voluntaria
    A Xunta financia 60 proxectos de Voluntariado Xuvenil de 34 entidades de acción voluntaria e 26 concellos inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da concesión desta liña de subvencións que sufraga iniciativas que teñen como obxectivo incorporar a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos como persoas voluntarias. Esta orde de axudas conta cun orzamento de 255.000 euros. Os proxectos terán unha duración de entre 15 e 60 días, e levaranse a cabo ata 31 de outubro próximo.
  • O programa 'Directos Xacobeo 21' levará máis de 130 concertos a 35 salas de toda Galicia
    Directos Xacobeo’21 en Salas, que arrancou a pasada semana con oito concertos no Barco de Valdeorras, Bueu e A Coruña, celebrarase con asistencia de público, atendendo ás medidas respecto á capacidade e ás condicións hixiénico-sanitarias que, en cada momento, dispoñan as autoridades competentes. Ademais, serán gravados e editados para a súa posterior retransmisión. Os responsables das 35 salas participantes foron os encargados de elixir as súas respectivas ofertas musicais como parte deste ciclo, a partir de todas as propostas artísticas galegas, de moi variados estilos musicais, recibidas por Clubtura mediante unha convocatoria aberta.
  • A mostra 'Facer Camiño' inicia no Museo do Mar de Galicia a súa andaina polas Rutas Xacobeas
    Inaugurouse no Museo do Mar de Galicia a mostra Facer Camiño, unha exposición itinerante na que se asocia a arte co Camiño de Santiago que, logo da súa estadía viguesa, percorrerá as restantes cidades galegas e as vilas de Tui, Cee e Mondoñedo concellos asociados ao territorio histórico das rutas xacobeas. A comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, realizou unha escolma de 23 pezas que inclúen pinturas, esculturas e fotografías de destacados artistas galegos, enfiada por citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores como Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.
  • A segunda edición do Compostela TradFest celebrarase o día 26 coa música de raíz como protagonista
    As Festas do Apóstolo en Santiago serán por segundo ano consecutivo o marco de celebración do Compostela TradFest, que volve contar coa colaboración da Xunta de Galicia para o desenvolvemento dun intenso programa coa música de raíz como protagonista. O evento terá lugar o vindeiro domingo día 26 no parque de Bonaval, na praza da Quintana e nas rúas da cidade, que acollerán unha vintena de concertos, bailes, ruadas e cursos, ademais dunha mostra de instrumentos musicais e unha feira de libros e discos. O resto dos concertos do TradFest concentraranse nos diferentes escenarios do parque de Bonaval: Espazo Arcos con Candorka, Porcoteixos e Anxo Lorenzo, e a igrexa de Bonaval con Iván Vilela, Fernando Barroso, Pärbo (Pintos & Riobó) e Abraham Cupeiro.
  • O Gaiás acolle 'Cinema e emocións', unha viaxe á infancia a través de fondos da Cinémathèque française
    O Museo Centro Gaiás exhibe desde hoxe Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia, unha exposición organizada por La Cinémathèque française e a Fundación "La Caixa", en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2021. A mostra convida a un percorrido a través dun século de historia do cinema e a unha reflexión sobre o papel fundamental da infancia na creación de relatos e personaxes no cine, así como sobre a influencia que ten a sétima arte no propio desenvolvemento persoal durante a nenez. Nesta viaxe por filmes de diferentes épocas, xéneros e contextos xeográficos, poderanse contemplar desde proxeccións e fotografías de rodaxe, a carteis ou obxectos senlleiros tan icónicos como a vasoira de Harry Potter ou unha reprodución da personaxe de King Kong de máis de dous metros de altura.
  • Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia asinan un protocolo de colaboración para impulsar a Vía da Prata
    Galicia colaborará con Andalucía, Castela e León e Estremadura no impulso e divulgación da Vía da Prata, así como na protección, sinalización, promoción e conservación desta ruta ou no desenvolvemento de accións de cara á celebración do Xacobeo 2021. Así se reflectiu na xuntanza que mantivo en Cáceres o conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, cos responsables das áreas de Cultura, Turismo e Patrimonio das comunidades polas que transcorre este itinerario , coas que asinou un protocolo de colaboración para traballar en accións sobre este itinerario, “unha folla de ruta” que sente os mecanismos para desenvolver un traballo efectivo e coordinado.
  • 10 centros educativos recibirán o Selo Biblioteca Escolar Solidaria, un recoñecemento do seu traballo a prol da igualdade e a inclusión
    O Selo Biblioteca Escolar Solidaria é un recoñecemento ao traballo das comunidades educativas a prol dunha biblioteca escolar atenta ás necesidades de todos os seus integrantes en materia de lectura e de acceso ao coñecemento e que propician especificamente valores de xustiza e de solidariedade; que procuran a compensación de desigualdades con fórmulas de aproveitamento dos recursos a través de medidas específicas, de carácter estrutural e sistemático; e que contan con alumnado voluntario e, tamén, con familias colaboradoras da biblioteca, en labores de xestión e dinamización. Cada centro recibirá un diploma acreditativo ademais dunha asignación de 1.500 euros que deberá ser destinada a actividades da biblioteca escolar relacionadas coa difusión dos Obxectivos da Axenda 2030 da ONU para o Desenvolvemento Sustentable.
  • Os escoceses 'Holiday Club' completan xunto aos asturianos 'Deira' e os galegos 'Faíscas da Pontraga' o trío de finalistas do concurso Runas, do Festival de Ortigueira
    Finalizado o prazo de votacións, danse a coñecer os tres finalistas que actuarán en 2021 no Festival Internacional del Mundo Celta de Ortigueira. Esta edición do proxecto Runas de novos valores da música celta bateu todas as marcas de participación nos seus 20 anos de historia, tanto na participación de candidatos (35 bandas) como dos países de orixe, así como de votacións, contabilizándose máis de 110.000 votos de todas partes do mundo a través da web do festival. Os finalistas determináronse por un sistema de cinco puntuacións. A primeira derivada da votación popular na web do evento, e as outras catro dun xurado formado por músicos e profesionais do sector, que analizaron a relación de cada proposta coa filosofía e tradición musical do festival, en sintonía coa programación do evento de 2021.
  • 'Atardecer no Gaiás' aposta pola música urbana e en galego do dúo Verto para musicar o solpor
    Atardecer no Gaiás -o ciclo de concertos de balde e ao solpor da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- apostará pola músicas urbanas e en galego do dúo compostelán Verto para musicar o solpor de mañá e para o que xa están todas as entradas-convites esgotadas. Precisamente, o protocolo de seguridade sanitaria esixe que nesta edición haxa que reservar praza -limitada a 180 persoas por concerto e con posibilidade de ser dobre para conviventes- na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia , e que sexa obrigatorio acudir coa máscara de protección. Os concertos estanse a celebrar ás 21,00 horas os xoves ata o 3 de setembro, e neles está garantida a distancia social cun control de acceso e saída e colocación de pufs, que se disporán na Praza Central da Cidade da Cultura.
  • La Fura dels Baus traerá o 29 de xullo a Galicia o seu novo macroespectáculo sobre a loita contra a pandemia
    A Praza Central da Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 29 de xullo ás 21,00 horas o macroespectáculo de La Fura dels Baus NN (Nova Normalidade), unha proposta dirixida por Carlus Padrissa coa que a compañía catalá recoñece o traballo do persoal sanitario e científico que traballa na loita contra a covid-19. O espectáculo contará coa participación de máis dunha vintena de artistas galegos, que nesta función en Santiago de Compostela se sumarán ao elenco do que forman parte un centenar de actores, bailaríns e cantantes, e tamén coa colaboración de entidades locais.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 61
  • 62
  • 63
  • 64
  • 65
  • 66
  • 67
  • 68
  • 69
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información