Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • A preestrea do filme 'Nación', de Margarita Ledo Andión, abre no CGAI unha nova edición do ciclo 'Olladas de Muller'
    A preestrea do filme Nación, da directora luguesa Margarita Ledo Andión, abre este venres na Coruña a nova edición do ciclo Olladas de Muller, organizado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) en colaboración co Consello da Cultura Galega. A través desta iniciativa, enmarcada na programación cultural da Xunta de Galicia no marco do Día Internacional da Muller, proxectaranse ata o 12 de marzo seis filmes de diferentes nacionalidades feitos por e sobre mulleres. A entrada é de balde. Nación, filme realizado co apoio das subvencións á produción da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ofrece unha pescuda inspiradora sobre as galegas na segunda metade do século XX.
  • Artesanía de Galicia amosa as propostas máis contemporáneas da artesanía galega
    A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación – a través da Fundación Artesanía de Galicia – organiza xunto coa Fundación RAC na exposición Os roteiros da forma, unha mostra colectiva na que participan 14 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e que se pode visitar en Pontevedra ata o 26 de marzo. A mostra forma parte dun proxecto de divulgación conxunto no que se busca amosar as propostas máis contemporáneas da artesanía galega, no marco do cal xa se realizou a finais do pasado ano a exposición Feito de estrelas, unha retrospectiva da obra do ebanista artesán Frank Buschmann.
  • O Colectivo RPM promove as 'Residencias Paraíso' para apoiar novos proxectos de danza e artes vivas
    A Cidade da Cultura súmase en 2021 á nómina de espazos culturais que acollen estas residencias artísticas e da que tamén forma parte o Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego. O programa conta, así mesmo, coa colaboración das entidades xestoras dos restantes escenarios participantes: Teatro Rosalía Castro da Coruña, Pazo da Cultura de Narón, Pazo da Cultura de Carballo, Vello Cárcere de Lugo, Normal da Universidade da Coruña e Igrexa da Madalena de Ribadavia, ademais do Centro Torrente Ballester de Ferrol, que é a outra nova incorporación nesta quinta edición.
  • Volve o cine á sala do CGAI co inicio do ciclo sobre Wong Kar-Wai e os coloquios cos directores Luis López Carrasco e Álvaro Orús
    O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) retoma a actividade pública na súa sala de proxección tras o peche sanitario das últimas semanas. Farao con cinco das sesións adiadas, como o inicio da completa retrospectiva que lle dedicará ao icónico director hongkonés Wong Kar-wai e os coloquios virtuais cos realizadores Luis López Carrasco e Álvaro Orús con motivo da proxección das súas obras El año del descubrimiento e El principio del fin de las armas nucleares, respectivamente. O sábado volve a sección CGAI Júnior, na que poderá verse 'El niño y la bestia'.
  • A Rede de Teatros e Auditorios retoma a actividade recuperando neste semestre a meirande parte dos espectáculos adiados
    A Rede Galega de Teatros e Auditorios retoma a partir de hoxe a súa actividade escénica e musical que, pese aos adiamentos por mor do peche sanitario das últimas semanas, mantén a súa previsión de ofrecer máis de 300 funcións durante este primeiro semestre do ano. Esta cifra será posible grazas á reprogramación durante os próximos meses de máis do 90% das 50 citas que tiveron que ser suspendidas por este motivo no seo do circuíto que promove a Xunta de Galicia en colaboración con 40 entidades locais de toda Galicia. O 10% pendente trasladarase á programación do segundo semestre.
  • O CGAC retoma a súa actividade presencial cunha mostra homenaxe aos 30 anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
    O Centro Galego de Arte Contemporánea retoma a súa actividade presencial cunha ampla programación que inclúe tres novas exposicións e diversas actividades entre as que se inclúen debates, seminarios e encontros con artistas. Esta nova programación coa que o CGAC volve abrir as súas portas foi presentada polo secretario xeral de Cultura, que celebrou que a cultura poida gozarse de xeito presencial. A primeira das citas é o proxecto Cultivar incertezas. Reformular o espazo/conmocionar a mirada, inaugurado hoxe e comisariado por Ángel Cerviño co fin de renderlle homenaxe aos 30 anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
  • Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León abordan proxectos conxuntos para o impulso da Vía da Prata
    A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo hoxe un encontro telemático con responsables de turismo das comunidades autónomas de Andalucía, Estremadura e Castela e León, polas que transcorre a Vía da Prata, co obxectivo de facer balance dos proxectos conxuntos que están a desenvolver e avaliar novas propostas de cara a celebración deste Xacobeo bianual. Neste sentido, Nava Castro destacou a relevancia de acadar maior implicación nacional na celebración do Ano Santo especialmente por parte dos territorios polos que transcorre o Camiño, como é o caso do Camiño Mozárabe–Vía da Prata.
  • O CDG leva aos centros educativos a emisión online da súa última produción, 'O charco de Ulises'
    O Centro Dramático Galego levará o 26 de marzo a súa última produción, O charco de Ulises, aos centros educativos, co gallo da conmemoración do Día Internacional do Teatro. A través dunha conexión que se facilitará xunto co convite, o alumnado de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato poderá gozar da adaptación do clásico grego dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso que foi estreada pola compañía en xaneiro. Trátase de apostar por achegarlle o teatro ao estudantado galego, ante as restricións de mobilidade e a suspensión das exhibicións por mor da covid-19.
  • O IES A Cachada (Boiro), o IES Monte Neme (Carballo) e o conservatorio Xan Viaño de Ferrol gañan o concurso de curtas 'Senda dos Faros'
    Fixéronse públicos os premios do concurso de curtas Senda dos Faros, o certame escolar que naceu co obxectivo de poñer en valor a lingua, o patrimonio e a paisaxe da costa galega a través do audiovisual, e cuxo primeiro premio desta edición foi para o IES Plurilingüe A Cachada (Boiro) co proxecto 'Sálvora'. Este proxecto é unha reflexión dunha rapaza sobre o cambio climático, a relación entre a pandemia e o descoido da natureza por parte da humanidade e a despreocupación que sinte da sociedade cara estes feitos. A protagonista lanza unha mensaxe de esperanza nunha botella desde a illa para atopar persoas que, emulando ás Heroínas de Sálvora, se decidan a dar un paso adiante para a salvación do planeta.
  • Unha visita virtual a 'As miradas de Isaac' para achegar a exposición ao público pese ás restricións sanitarias
    Ponse en marcha unha visita virtual para a exposición As miradas de Isaac, aberta desde o 6 de novembro de 2020 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura e cuxo peche ao público –pola actual situación da covid-19– obrigou a suspender as visitas presenciais desde o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro. A directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, presentou hoxe en rolda de prensa esta nova aplicación dixital e que encadrou dentro da “completa e variada” programación en liña do Gaiás para ofrecer “contidos culturais de calidade” na rede, ante estas novas restricións que afectan ás actividades presenciais.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 55
  • 56
  • 57
  • 58
  • 59
  • 60
  • 61
  • 62
  • 63
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información