Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Os museos da Xunta súmanse ao Día dos Museos con máis dunha trintena de actividades presenciais e en liña
    A Xunta de Galicia celebra o Día dos Museos, o vindeiro martes 18 de maio, coa organización de múltiples actividades nos centros museísticos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Trátase dun conxunto de máis de 30 actividades presenciais e en liña que abranguen obradoiros, visitas guiadas ou concertos, entre outros. Baixo o lema O futuro dos museos, recuperar e imaxinar escollido este ano polo Consello Internacional dos Museos (ICOM), porase o foco na progresiva incorporación e transformación dixital nos museos galegos. As celebracións deste ano estarán marcadas tamén pola recente entrada en vigor da primeira lei galega que regula de forma autónoma e independente estes centros e que supón contar con eficaces ferramentas e cunha regulación máis detallada e precisa.
  • 'Escenas do cambio' arranca o 20 de maio cun programa de 11 obras en catro días
    A sétima edición de Escenas do cambio −o festival de teatro, danza e arte en acción da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura− arranca o vindeiro xoves, 20 de maio, concentrando nunha fin de semana longa (ata o domingo 23) un total de 11 propostas escénicas anovadoras, procedentes de cinco países: España, Portugal, Francia, O Reino Unido e O Xapón e para as que xa están as entradas á venda no web www.escenasdocambio.org. Estes catro días darán a posibilidade de coñecer obras que nunca antes se presentaran en Galicia, en total 10 das 11 propostas.
  • Inaugurada en Ourense 'Castelao grafista (Facsímil)', unha proposta que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao
    'Castelao grafista (facsímil)' é unha proposta que reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvolvidas por Castelao: textos, ilustracións, deseños, fotografías, publicacións, etcétera. O obxectivo é facelo máis visible internacionalmente e establecer unha rede de bibliotecas nas que se poida consultar e estudar a súa obra. Conforman a mostra 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas, 89 debuxos da serie Cousas dá vida e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais poderase ler o texto orixinal do Albún Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos libros de Castelao, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
  • O encontro internacional 'Carta de Santiago' promoverá a reflexión sobre os retos da cultura e a sociedade do futuro
    Artellado como un encontro de tres días que terá lugar do 5 ao 7 de novembro no novo Edificio Fontán da Cidade da Cultura, Carta de Santiago contará coa participación de relatores e relatoras de prestixio internacional, especialistas nos diferentes eidos temáticos que tratará o evento, que se estrutura en catro macro-áreas: economía, ciencia, medio ambiente e cidadanía. Das conclusións deste encontro nacerá unha publicación homónima, documento que ademais de recoller as reflexións xeradas, incluirá textos que complementen as conversas e debates ao vivo.
  • Dalí, Tápies ou Chillida chegan a Santiago de Compostela a través da mostra 'Corpos presentes'
    Unha selección dalgunhas das obras máis importantes da Colección de Arte da Fundación María José Jove chegan á USC a través da mostra ‘Corpos presentes’ que poderá visitarse ata o 3 de xullo na Igrexa da Universidade e no Colexio de Fonseca. Dende Salvador Dalí, pasando por Chillida ou Tápies, esta exposición concibida para o Xacobeo 2021-22, está composta por trinta obras que desenvolven unha narrativa en torno ao corpo, convidando a repensar conceptos básicos da peregrinación con procesos místicos e espirituais implícitos tamén no proceso creativo.
  • A Federación Galega de Bandas de Música anuncia 94 concertos no Xacobeo 21-22
    O programa 'O país das bandas' levará a cabo preto dun centenar de concertos entre xuño e setembro. Están chamadas a participar todas as bandas galegas, tanto federadas como non federadas, que suman preto de 5.000 instrumentistas, con recitais que se distribuirán por todo o territorio galego. Un terzo do programa será con obras de autoría ou temática galegas. O calendario de concertos que deseñará esta Federación complementará e enriquecerá a oferta cultural do Xacobeo 21-22, sumándose aos actuais circuítos e redes que xa están en marcha ou que se activarán proximamente por parte da Consellería de Cultura, Educación e Universidade: a Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Música ao Vivo, Cultura no Camiño ou FEST Galicia, entre outros.
  • 'A metamorfose do comunismo na China', nova obra de Xulio Ríos
    Xulio Ríos, director do Observatorio de la Política China, vén de publicar na editorial Kalandraka un novo volume relativo ao xigante asiático con motivo do centenario da fundación do Partido Comunista (PCCh). Ao longo das súas case 500 páxinas, abórdanse os diferentes períodos históricos que marcan a evolución do comunismo na China, xirando arredor das seguintes oito teses centrais: Primeira, os cen anos do PCCh (1921-2021) trazan unha liña de clara continuidade que abunda na transcendencia do ideal nacional como factor mobilizador principal na súa constitución e desenvolvemento, resolvendo moi inicialmente a súa relación paralela e controvertida co internacionalismo de matriz soviética.
  • Os filmes premiados nos Mestre Mateo e ciclos de Rohmer e Rousseau centran a carteleira de maio na filmoteca de Galicia
    A Filmoteca de Galicia centra a programación de maio nos filmes galardoados nos Premios Mestre Mateo, outorgados a comezos do pasado abril, así como nos novos ciclos Esenciais: Eric Rohmer, e Jean-Claude Rousseau: A luz reflectida a través das cousas. Asemade, neste mes, o primeiro que se desenvolve baixo a nova denominación oficial desta entidade da Xunta, continúan exhibíndose outros títulos dentro dos apartados Fóra se serie e Desencadres, así como a Filmoteca Júnior. Todas as sesións terán lugar na sala recentemente bautizada co nome de José Sellier, en homenaxe a esta figura pioneira do cinema en Galicia.
  • O Festival Internacional 'Pórtico do Paraíso' volve unir música e patrimonio na súa 14ª edición
    Nesta edición o festival ofrece catro concertos nunha escolma de mosteiros da Ribeira Sacra, á que se suma para o recital inaugural a igrexa ourensá de Santiago de Caldas, e a proxección dun documental, que terá lugar no Teatro Principal da capital ourensá. Así, o grupo italiano de música medieval Lareverdie abrirá o programa o día 4 de xuño na igrexa de Santiago de Caldas. O día 6, será o pianista catalán Daniel Ligorio quen ofreza un concerto no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín. O venres 11, no Teatro Principal, proxectarase o documental aragonés Nebra. El triunfo de la música, e, o sábado 12, o festival volverá á Ribeira Sacra co conxunto de música barroca asturiano Forma Antiqva.
  • Redrum Teatro estrea en Ourense 'Un home con lentes de pasta'
    Un home con lentes de pasta preséntanos a Sheyla, que acaba de ser abandonada pola súa parella. Os seus amigos Laura e Fer buscan animala para que aproveite a oportunidade e cumpra o vello desexo de escribir. Convidaran a cear a Guillerme, un poeta capaz de namorar cuns versos, pero a quen non satisfán as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. O escritor desexa algo máis e vai aproveitar que Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren e as súas vidas penden dun fío. Trátase dunha comedia negra que bebe de fontes moi diversas, como do cineasta Woody Allen ou do director teatral Alfredo Sanzol.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 52
  • 53
  • 54
  • 55
  • 56
  • 57
  • 58
  • 59
  • 60
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información