Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • O Festival Pequefilmes trae máis de 80 curtas infantís de 20 países á Cidade da Cultura
    O festival de curtametraxes Pequefilmes, que fomenta a creación de novos públicos para o cinema, consolídase este ano como polo de atracción das mellores pezas audiovisuais para as audiencias infantís. Cunha programación que supera os 80 filmes procedentes de máis de 20 países, Pequefilmes é xa unha cita cultural imprescindible para as familias e tamén para creadores de todo mundo. O festival decorrerá nos días 29 e 30 de xaneiro con proxeccións en sala e en liña, apostando por manter o formato híbrido.
  • Os préstamos nas bibliotecas públicas incrementáronse un 30% o último ano
    As bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta realizaron máis de 700.000 préstamos ao longo de 2021, o que representa un incremento do 30% con respecto ao ano anterior. Hoxe, Día das persoas usuarias das bibliotecas, nomearanse os socios e socias de honra entre as persoas do público adulto e infantil que levasen máis materiais nos últimos 12 meses e, en recoñecemento, poderán incrementar o número de préstamos este ano. Co gallo desta conmemoración realizaranse visitas guiadas en diferentes centros.
  • O Museo Pedagóxico de Galicia reúne nunha exposición materiais escolares sobre o fenómeno Xacobeo desde 1881
    O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) vén de abrir as portas da exposición Santiago. Peregrinación, cidade, escola, un percorrido sobre o fenómeno xacobeo e Santiago de Compostela a través dunha escolma de materiais escolares e extraescolares que gardan algunha relación con esta temática. Comisariada polo persoal do museo, a exposición reúne un total de 71 pezas comprendidas entre os anos 1881 e 2004 agrupadas en tres grandes temas que son Santiago o Maior e a iconografía xacobea, Santiago como meta de peregrinación e a cidade de Compostela.
  • O CGAC recupera o ritmo de actividades expositivas e supera xa as cifras anteriores á pandemia
    O Centro Galego de Arte Contemporánea reforzou en 2021 o seu papel divulgador das creacións de artistas emerxentes e consolidados cun incremento nas exposicións e na súa colección, que sumou 60 novas pezas artísticas. De feito, o CGAC recuperou e mesmo superou o ritmo de actividades incrementando as cifras anteriores á pandemia. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu o Consello Asesor deste centro, no que se fixo balance do ano que remata e se presentaron as propostas para 2022. Nos últimos meses materializáronse 13 proxectos expositivos, o que representa case o dobre con respecto aos sete de 2020 e tamén é maior o número de mostras do ano previo á pandemia, 2019, cando houbo 10.
  • O Camiño de Santiago supera tódalas expectativas e pecha o ano con case 180.000 Compostelas
    Galicia pechou 2021 con máis de 178.900 Compostelas seladas no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, o que confirma a reactivación do Camiño de Santiago superando tódalas expectativas. A previsión para este ano era chegar ás 140.000 credenciais, unha cifra que xa se acadou o pasado setembro e que se superou con case 40.000 máis no último trimestre. Tras o espectáculo videomusical conducido polo gaiteiro Carlos Núñez na Praza da Quintana para dar a benvida á segunda parte deste Xacobeo 21-22, a Porta Santa continuará aberta outros 365 días.
  • A Cidade da Cultura pecha 2021 cun máximo histórico con 230.000 participantes en actividades culturais
    A Cidade a Cultura de Galicia pecha 2021 acadando un máximo histórico no número de participantes nas actividades do seu programa cultural, cun total de 229.462, o que representa un incremento dun 20% respecto ao 2019. A cifra inclúe todas as persoas que asistiron a actividades organizadas polo Gaiás, aínda que se desenvolveran en espazos diferentes aos da Cidade da Cultura. Unha das razóns que explica este incremento é o programa de itinerancias, que permitiu exhibir mostras en Ourense, Pontevedra, Vigo e Coruña.
  • Cancións de Nadal polas rúas de Lugo
    Coros da cidade de Lugo percorren as rúas da capital lucense interpretando cantos de Nadal, para contribuir a que a cidade ofreza un ambiente acorde coas celebracións tmáis entrañables do ano.
  • A Xunta investirá na Catedral de Mondoñedo 6.500.000 Euros
    O conselleiro de Cultura visitou co novo bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, o templo onde o Goberno galego actúa ao abeiro do Plan Catedrais 2021-2027. Román Rodríguez, nesta visita á Catedral de Mondoñedo feferiuse aos avances que a Xunta está realizando para rehabilitar o templo cun investimento de 6,5M€. En concreto, nestes momentos estase actuando no mural do presbiterio e nas pinturas murais, coa intención de rematen o vindeiro verán. Son as primeiras actuacións do Plan Catedrais 2021-2027 que a Xunta ten en marcha nos grandes templos catedralicios galegos para que afronten a década xacobea nas mellores condicións.
  • Pecha a tempada de outono do programa 'Música en Salas'
    O programa 'Música en salas' congregou máis de 7000 persoas nos 135 concertos celebrados durante os últimos dous meses nos 19 espazos que se sumaron a esta iniciativa de dinamización do sector. Ao abeiro de Música en salas, 115 solistas e grupos galegos, que suman 395 músicos, presentáronse desde o pasado 4 de novembro diante do público de 12 vilas e cidades. Os propios locais, todos eles de capacidade reducida, foron os encargadas de elaborar as súas respectivas programacións, a través das que amosaron a calidade e a variedade da escena musical galega actual.
  • A Biblioteca de Galicia pecha a conmemoración do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán cunha mostra da súa obra
    Foi inaugurada na Biblioteca de Galicia unha exposición no marco da conmemoración do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. A Xunta de Galicia vén impulsando durante este ano esta efeméride con diversos actos, congresos, actividades de formación ou mostras como a que está aberta no Gaiás ata xaneiro de 2022. 'Sempre palpitante. Emilia Pardo Bazán', comisariada por Charo Crespo, pretende amosar a obra máis significativa da intelectual coruñesa e dar a coñecer algúns dos espazos nos que viviu e escribiu grazas aos fondos bibliográficos da Cidade da Cultura e ás copias dixitais de manuscritos e fotografías do Arquivo da RAG.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 42
  • 43
  • 44
  • 45
  • 46
  • 47
  • 48
  • 49
  • 50
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información