Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • As bibliotecas públicas conmemoran o Día das escritoras con actividades para todos os públicos
    As bibliotecas públicas da Xunta nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como a Biblioteca de Galicia, súmanse á conmemoración do Día das escritoras, que nesta sexta edición se celebra o 18 de outubro. A efeméride impulsada pola Biblioteca Nacional de España, xunto á Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias, e á Asociación Clásicas e Modernas ten como obxectivo a posta en valor do legado cultural das autoras literarias ao longo da historia.
  • O Salón Teatro de Santiago acolle o ciclo de espectáculos en lingua portuguesa 'Quintas do Camões'
    O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle todos os xoves deste mes o ciclo de espectáculos en lingua portuguesa Quintas do Camões, organizado polo Centro Dramático Galego e a sede de Vigo do Centro Cultural Português do Camões. Haberá tres funcións que se desenvolverán os días 14, 21 e 28 de outubro. O Centro Dramático de Viana/Teatro do Noroeste, de Viana do Castelo, abrirá mañá este novo programa coa obra sobre a manipulación informativa Rottweiler, do dramaturgo Guillermo Heras.
  • Tres empresas de Artesanía de Galicia, entre as finalistas dos Premios Nacionais 2021
    Tres candidaturas galegas avaladas por Artesanía de Galicia optan como finalistas aos XIV Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Trátase dos obradoiros Rígido (A Coruña) e Variopinto (Santiago de Compostela), ambos aspirantes ao Premio Emprendemento, e o de xoiería Noroeste Obradoiro (Santiago de Compostela), que compite na categoría de Premio Produto. Estes galardóns nacionais están convocados a través da Escuela de Organización Industrial (EOI) e da súa cátedra de promoción da artesanía Fundesarte, a organización de referencia na promoción e no desenvolvemento das empresas artesás españolas.
  • O cartel do BIME City de Bilbao conta con representación galega da man de Allova e Xisco Feijoó
    A música electrónica de Allova e o trad de Xisco Feijoó representarán a Galicia no cartel de BIME City, o programa de concertos co que o encontro profesional Bizcaia International Musical Experience se estende a diferentes salas de Bilbao os días 27 e 28 de outubro. Como en anos anteriores, o acordo establecido coa Xunta garante a presenza galega nesta iniciativa, que lle dá voz ao talento emerxente coincidindo coas primeiras xornadas da novena edición de BIME PRO, unha das grandes citas anuais da industria musical. Ambos os artistas foron seleccionados polo equipo do encontro bilbaíno a partir dunha convocatoria pública aberta a todos os intérpretes ou grupos interesados e que inclúe, así mesmo, o acceso a unha bolsa de viaxe e aloxamento coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
  • Presentado o Underfest de Vigo, que terá lugar do 7 ao 12 de outubro
    O festival Underfest presentou hoxe a programación completa da súa cuarta edición, que se desenvolverá do 7 ao 12 de outubro en sete espazos de Vigo e coa que se reafirma como referente musical na oferta cultural de outono. Na súa oferta destacan nomes ben coñecidos da escena estatal e internacional como Mala Rodríguez, Rigoberta Bandini, Maria Arnal i Marcel Bagés, Toundra, Lina e Raül Refree, Vera Fauna, Colectivo Da Silva, Mastodonte, The Mystery Lights ou Leifur James. Destacou tamén a representación galega, con Margarida Mariño, BFlecha, Grande Amore, Sila Lua e The Bo Derek (as artistas femininas supoñen máis do 50% deste cartel).
  • A obra 'Nós e o mundo, o mundo e Nós' rende tributo á emblemática revista e estuda o seu contexto histórico
    O libro 'Nós e o mundo, o mundo e Nós' é o resultado de diferentes iniciativas impulsadas dende a Universidade de Santiago para homenaxear a revista Nós no seu centenario. Unhas xornadas centradas no estudo das relacións de autores e temas da revista co seu contexto histórico, así como a convocatoria dirixida a estudantes deste centro para que escollesen artigos, poemas ou debuxos de diferentes autorías da revista, cos seus comentarios críticos, conforman a base desta obra da que o decano de Filoloxía Elias J. Torres Feijó, nun encontro co reitor Antonio López, destacou a importancia de 'xerar comunidade e intercambio entre docentes, persoal investigador e estudantes e divulgar coñecemento na universidade'.
  • O Centro Dramático Galego e Avelina Pérez estrean o espectáculo 'ECO', inspirado nas mensaxes que deixaron os presos da guerra civil no Mosteiro de Oia
    O Centro Dramático Galego (CDG) e a creadora escénica AveLina Pérez estrean no Real Mosteiro de Oia a coprodución ECO. Trátase dunha peza inspirada nos textos e debuxos feitos polos presos da Guerra Civil española nas paredes do cenobio cando foi convertido en campo de concentración, e que recollen os seus desacougos, medos e desexos. Creado, dirixido e interpretado por AveLina Pérez, o espectáculo nace como unha homenaxe e un poema, ademais de como un momento para escoitar e para escoitarnos, para relacionarse cos que xa non están, coa historia e co paso do tempo.
  • O Museo das Peregrinacións acolle o ciclo de conferencias 'Santiago, historias dun Camiño prodixioso'
    O Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá a vindeira semana o ciclo Santiago, historias dun Camiño prodixioso, unha serie de conferencias dedicadas á Ruta Xacobea desde a Historia e a novela histórica que contará coa participación de escritores referentes do xénero e autores de best sellers relacionados coa temática xacobea baixo a dirección de Isabel San Sebastián. Organizada pola asociación Escritores con la Historia e patrocinada pola Xunta de Galicia, a iniciativa arrancará o luns 27 de setembro ás 19,00 horas a cargo da xornalista e escritora Isabel San Sebastián coa charla Alfonso II, o primeiro peregrino.
  • O festival 'Alguén que respira!' reúne boa parte das mulleres protagonistas do renacer da poesía galega
    Arranca en Santiago o terceiro encontro do festival de poesía Alguén que respira!. Esta cita forma parte das catro que se celebran ao longo do ano coincidindo sempre nos días 21 de solsticios e equinoccios. O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, asistiu esta mañá á presentación deste encontro, que desta vez conta cun programa liderado por mulleres, que representa “a importancia de que a poesía na nosa lingua dea voz a creadoras de intensa actualidade, vinculando ademais a súa creación a lugares emblemáticos ás veces pouco coñecidos dunha capitalidade cultural como é Santiago de Compostela”. Canda Valentín García tamén estiveron presentes Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural, e Antón Lopo, poeta e director do festival.
  • A 17ª edición do Festival Maré converte Compostela en crisol de xéneros musicais e culturas
    Este festival será lugar de encontro de artistas, músicos, poetas e escritores de ambas as dúas beiras do Atlántico que conflúen en Santiago para celebrar a súa diversidade e creatividade cultural. Máis de 30 propostas musicais e artísticas, oito delas aínda inéditas aquí e dúas que serán unha estrea mundial, procedentes dunha decena de países e comunidades autónomas que comparten vínculos con Galicia. Así, ademais dunha ampla representación galega, o cartel inclúe artistas de Catalunya, Portugal, Colombia, Brasil, Mozambique, Cabo Verde, Güiana, Arxentina, Malí, Inglaterra, Sáhara Occidental ou Paraguai que farán que Compostela fale catalán, inglés, mambara, guaraní ou chopi timbilia, entre outros.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 46
  • 47
  • 48
  • 49
  • 50
  • 51
  • 52
  • 53
  • 54
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información