Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • A produción literaria galega destinada ao público máis novo superou as 150 publicacións no último ano
    A produción literaria galega destinada ao público máis novo rexistrou en 2021 un incremento con respecto ao ano anterior, ao sumar un total de 157 publicacións de 23 editoriais. Así se anunciou hoxe na presentación do Catálogo 2022 de libros infantís e xuvenís galegos elaborado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, que recolle as publicacións galegas destinadas a este público no último ano. En total, o catálogo recolle 79 libros máis que o ano anterior e participaron nove editoriais máis que en 2021. Desde hoxe o catálogo está presente no marco da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, un encontro no que Galicia conta cun expositor oficial propio
  • A exposición 'Castillo, escultor' chega á súa derradeira fin de semana na Cidade da Cultura
    A Cidade da Cultura despide este domingo a primeira exposición retrospectiva que se centra na escultura do artista pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey, faceta máis descoñecida que a da súa obra pictórica, pero sobre a que traballou desde os seus inicios como artista, establecendo un intercambio constante entre as dúas disciplinas. Será a derradeira fin de semana para achegarse ao Gaiás e gozar desta escolma en 120 obras, cunha montaxe especialmente pensada para ese espazo, co que establece un diálogo permanente de liñas e formas.
  • Preto de 20 concellos soben ao bus do Centro Dramático Galego para ver 'A Peste' no Salón Teatro de Santiago
    Preto de vinte concellos, dous centros de ensino e o Centro Sociocomunitario de Ferrol sumáronse xa ás viaxes en autobús organizadas polo Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, para ver a súa produción A peste, que se representará no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A montaxe inspirada na obra homónima de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, retoma este mércores o calendario previsto de funcións e permanecerá en cartel no espazo compostelán ata o 13 de marzo.
  • A Cidade da Cultura lanza en 2022 unha programación centrada nas colaboracións internacionais e na itinerancia de exposicións a cidades e vilas galegas
    As colaboracións con institucións internacionais, as itinerancias e o apoio á creación marcan a acción cultural dun ano no que se conmemora o décimo aniversario da apertura do Museo Centro Gaiás. Unha das propostas máis destacadas, que ademais se poderá ver por vez primeira na Península, será CARNE y ARENA, experiencia de realidade virtual gañadora dun Oscar do cineasta mexicano Alejandro González Iñárritu, director de galardoados filmes como Amores perros, Babel, 21 gramos ou Birdman.
  • O CGAC retoma o programa de apoio a artistas galegos de media carreira coa mostra ‘Wunderkammer’ de Suso Fandiño
    O Centro Galego de Arte Contemporánea retoma o programa expositivo de apoio a artistas de Galicia de media carreira, iniciado en 2016 e que se viu interrompido nos dous últimos anos por mor da pandemia, coa mostra 'Suso Fandiño. Wunderkammer', que presenta obras recentes e tres grandes instalacións producidas especificamente para o espazo arquitectónico do CGAC. Con ela o artista propón unha serie de vías e ligazóns pouco habituais, debuxando un espazo museístico onde as obras conectan entre si creando relacións punzantes.
  • Un ciclo de conferencias con expertos internacionais sobre a figura de María Casares inaugurará as conmemoracións no centenario da artista
    O ciclo de conferencias enmárcase na programación do centenario de María Casares que ofrecerá durante todo o ano actividades tanto en Galicia como fóra, a través de propostas dixitais, editoriais, escénicas e audiovisuais que percorrerán toda a súa pegada histórica desde diferentes plataformas e linguaxes. A programación conta coa participación de diferentes entidades e institucións de distintos territorios, como a Xunta de Galicia, a Biblioteca Nacional de España, a Embaixada de España en Francia, o Instituto Cervantes, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Edicións Xerais, a Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), entre outras.
  • O Gaiás volve coas 'Matinais musicais' combinando canción de autor e obras contemporáneas con propostas novidosas como a tablemusic
    A Cidade da Cultura de Galicia arrinca esta fin de semana na a primeira das propostas da programación de inverno do ciclo Matinais Musicais. Desta volta o cartel inclúe tres concertos para as mañás dos sábados 5 e 12 de febreiro e 5 de marzo que achegarán música de autor da man de Leticia Rey, estilo contemporáneo con Multiplensemble ou tablemusic, a particular maneira coa que o dúo Ual·la! entende as súas cancións con humor intelixente baseándose en elementos da vida cotiá. A cantautora Leticia Rey, natural de Vila de Cruces, foi a gañadora no 2020 do certame que convoca Estudios Mans, da Fundación Paideia, que dá oportunidades a músicos emerxentes.
  • Publicada unha nova edición do catálogo 'Shorts from Galicia' para a promoción internacional das curtametraxes galegas
    A Xunta acaba de publicar unha nova edición do seu catálogo Shorts from Galicia, que este ano ofrece unha escolma de sete curtametraxes para dar conta da calidade e variedade da produción galega neste formato audiovisual. A súa difusión internacional está a comezar esta mesma semana no mercado profesional do Festival de Court Métrage de Clermont-Ferrand, en Francia, referente internacional para os profesionais da produción e distribución de curtas. A selección deste ano, a cargo dunha comisión de especialistas, recolle traballos que abordan tanto o xénero documental como a ficción dramática.
  • A Biblioteca de Galicia inaugura unha mostra sobre Reimundo Patiño, un dos pioneiros do cómic galego
    A Xunta de Galicia inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición en homenaxe a Reimundo Patiño neste 2022 polo Día da Ilustración. Ata o 10 de maio, poderá visitarse no Gaiás a mostra que fai un percorrido polas facetas do autor e pintor coruñés, con especial fincapé na banda deseñada, eido no que é considerado un dos pioneiros en Galicia. A exposición, que conta con ao redor de 40 pezas entre distintas reproducións e exemplares relacionados coa súa obra, está artellada en seis seccións, enfocadas no traballo do artista no ámbito da ilustración, da pintura, da literatura e da banda deseñada.
  • O Centro Dramático Galego ofrece cada luns accións escénicas improvisadas arredor da súa nova produción 'A Peste'
    O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, ofrece todos os luns ás 20,00 horas, a partir do 24 de xaneiro e ata o 7 de marzo, accións escénicas improvisadas para promocionar A peste, a súa nova produción. Trátase do programa ImproVersións, un proxecto dirixido por Antón Coucheiro co que se representará un espectáculo diferente cada semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela. As pezas inspiraranse na temática e na atmosfera de A peste, así como nas suxestións do público, para realizar variantes libres e aloucadas arredor do clásico de Albert Camus. Ademais, utilizaranse a escenografía, o atrezzo e a iluminación da montaxe que vén de estrear o CDG con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 41
  • 42
  • 43
  • 44
  • 45
  • 46
  • 47
  • 48
  • 49
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información