Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Galicia participa na constitución do Foro de Países Celtas para reforzar a dimensión atlántica na construción europea

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, representou a Galicia na fundación do Foro Celta, que celebra a súa primeira xuntanza en Rennes (Francia). Nesta reunión, os sete territorios participantes manifestaron o seu desexo de profundar nas súas relacións e colaboración, potenciando os vínculos históricos, xeográficos e económicos que comparten. Orixinalmente previsto para o pasado mes de marzo, o I Foro Celta contou coa participación de Galicia, o Principado de Asturias, as rexións de Bretaña (Francia) e de Cornualles (Inglaterra), e os gobernos das nacións de Escocia, Gales e Irlanda.

Jesús Gamallo participou xunto cos representantes dos demais territorios en tres mesas redondas, nas que se debateu sobre a importancia de reforzar as relacións entre os países celtas e a coordinación para colaborar nas prioridades de actuación definidas durante o coloquio. As mesas redondas centráronse nas enerxías renovables, a cultura e a xuventude como eixos vertebradores para a superación de barreiras e a consolidación do compromiso de colaboración cara ao futuro, coa fin de converter a unión destes territorios en motor de desenvolvemento sustentable, prosperidade e benestar para as súas poboacións.

Cooperación cultural estable

Gamallo presentou unha proposta da Xunta para manter unha cooperación cultural estable como vía para poñer en valor os respectivos legados culturais e patrimoniais, ao tempo que permite incrementar os nexos en áreas como o turismo. O director xeral incidiu na experiencia das peregrinacións xacobeas en Galicia como base para desenvolver iniciativas nesta liña.

En canto á mocidade, sinalou a necesidade de potenciar o intercambio facilitando a mobilidade, co desenvolvemento de programas específicos similares ao Erasmus coas rexións que xa non forman parte da Unión Europea, e a creación de colectivos de mozos e mozas con intereses comúns.

A maiores dos tres eixos principais do encontro, remarcou a importancia da pesca e o marisqueo como áreas globais para todos os territorios que miran ao Atlántico, e dun liderazgo das rexións celtas para garantir a sustentabilidade neste eido, a través da cooperación en forma de intercambio de experiencias e investigacións na materia.

A Declaración de Rennes, asinada por todos os asistentes, recolle a aposta destes pobos por reforzar a cooperación intercéltica nas relacións institucionais, no eido das actividades marítimas, na educación e a formación a prol da mobilidade, na valorización, promoción e coñecemento do patrimonio, e no desenvolvemento das enerxías renovables. Inclúense tamén as relacións culturais, especialmente nos ámbitos audiovisual, cinematográfico, do espectáculo en vivo e nas prácticas artísticas, así como no ámbito das linguas. Apóstase ademais por afondar nas relacións a través das respectivas diásporas e as económicas no eido da innovación e a investigación.

O Foro Celta nace co obxectivo fundamental de converter a unión destes territorios en motor de desenvolvemento sustentable, de prosperidade e de benestar para as súas poboacións. Trátase así de sumar esforzos para a posta en valor do patrimonio cultural destes territorios, da optimización dos recursos comúns e a posta en común dunha visión de futuro compartida.

Jesús Gamallo valorou positivamente a cooperación entre os pobos celtas, “un dos moitos brazos de Galicia no exterior, como a emigración en Latinoamérica, en Europa ou as relacións coa lusofonía”. Gamallo tamén lembrou que a pesar do Brexit, as relacións con Gales, Escocia e Cornualles nunca se detiveron en órganos como a Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM) ou o grupo de contacto entre o Comité Europeo das Rexións e o Reino Unido, con Galicia participando activamente en ambos.

Unha maior cooperación bilateral entre Galicia e Bretaña

No Foro Celta tamén se produciu a sinatura dun Protocolo de intencións entre Galicia e a Bretaña francesa, con vistas a traballar na sinatura dun Memorando de entendemento entre ambas as rexións atlánticas. Este compromiso busca identificar ámbitos de colaboración en materia cultural, educación e económica, fixando uns retos de futuro comúns, como as enerxías verdes, a protección do sector pesqueiro e unha agricultura sustentable e descentralizada.

Para acadar este obxectivo acordouse promover unha coordinación que permita defender posturas comúns nas redes europeas, como o Comité das Rexións ou a Conferencia de Rexións Atlánticas Periféricas, e defender o establecemento dunha macrorrexión atlántica.
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información