Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Ortigueira pecha a 40 edición do seu Festival Internacional do Mundo Celta
    Os concertos de Airiños de Fene, os irlandeses Lúnasa e os Bretóns-Escoceses The Celtic Social Club pecharon onte á noite unha edición histórica cargada de emoción e lembranzas no seu 40º aniversario. Unha completa programación cultural e musical de 4 intensos días nos que pese á coincidencia na fin de semana con outros festivais, máis de 70.000 visitantes elixiron a música Celta. O protagonismo da Escola de Gaitas, fundadores do evento, así como do grupo Milladoiro, formación ligada ao festival desde os comezos fixo emocionarse a veciñanza e artistas.
  • 'Atardecer no Gaiás' trae a multinstrumentista Dom La Nena, unha das novas voces femininas máis brillantes do panorama internacional
    Atardecer no Gaiás —o ciclo de concertos ao solpor e de balde durante o verán da Cidade da Cultura de Galicia— contará esta semana coa actuación da multinstrumentista Dom La Nena, unha das novas voces femininas máis brillantes do panorama internacional, que con tan só 29 anos está a recibir eloxios da crítica especializada de medios como The New York Times, The New Yorker, Wall Street Journal, L’Express, Le Figaro ou El País. Dom La Nena naceu no Brasil, criouse na Arxentina e vive en Francia. Deste periplo vital dan constancia o abano de idiomas dos seus temas e tamén se reflicte no seus rexistros musicais, que flutúan entre o jazz, pop e a bossa nova.
  • A undécima edición de Espazos Sonoros percorre o patrimonio histórico cunha programación musical de oito concertos
    O festival Espazos Sonoros 2018 celebra do 1 de setembro ao 7 de outubro a súa undécima edición cun programa de oito concertos en espazos singulares do patrimonio galego. A música, a arquitectura e a paisaxe volven ser protagonistas deste ciclo promovido pola Consellería de Cultura e Educación e que este ano propón un achegamento a edificacións históricas dos concellos de Ribeira, Sobrado, Baiona, Amoeiro, Foz, Castrelo de Miño, O Incio e Muxía, a través dunha programación musical que tamén inclúe andainas, visitas guiadas e obradoiros.
  • A Real Academia Galega dedicará o Día das Letras Galegas 2019 a Antón Fraguas
    A Real Academia Galega (RAG) vén de facer pública a súa decisión de dedicar o Día das Letras 2019 a Antón Fraguas Fraguas, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle renderán o vindeiro ano. Antón Fraguas destacou na súa traxectoria persoal e profesional na defensa da lingua e da cultura galega, así como no seu labor como profesor de instituto, chegando a impartir docencia na Estrada, en Lugo e en Santiago ata a súa xubilación en 1975. Nado en 1905 en Cerdedo-Cotobade e finado en 1999 en Santiago de Compostela, Antón Fraguas foi un dos máis relevantes persoeiros no ámbito intelectual e galeguista do século XX, que destacou, sobre todo polos seus traballos como historiador e antropólogo.
  • As universidades galegas ofertarán por primeira vez o próximo curso catro graos en inglés
    As tres universidades galegas ofertarán por primeira vez o vindeiro curso 2018/19 catro graos en inglés. Así o avanzou na Comisión 4ª do Parlamento o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, quen detallou os títulos que estrearán este formato: Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña; Grao en Química da Universidade de Santiago; e Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías de Telecomunicación e Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías Industriais, ambos da Universidade de Vigo. Esta acción enmárcase no decálogo de medidas do Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para o trienio 2018-2020.
  • 'Abride a fiestra' homenaxeará a Rosalía os días 14 e 15 de xullo
    O Festival Abride a fiestra, promovido pola Casa-Museo Rosalía de Castro, homenaxeará a autora os días 14 e 15 de xullo co apoio da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mercedes Peón, Najla Shami, Cintaadhesiva, Habelas Hainas, Margarita Viso ou a Coral Padronesa serán algunhas das manifestacións culturais inspiradas na autora de Cantares gallegos e Follas novas das que se poderá gozar. O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de presentación do festival, que acolleu o mesmo cuarto no que faleceu a escritora e no que pronunciou as derradeiras verbas “Abride a fiestra que quero ver o mar”.
  • O monte Gaiás convértese este verán en observatorio de excepción do ceo nocturno coas súas tradicionais visitas astronómicas
    As Visitas Astronómicas volven este verán á Cidade da Cultura, convertendo o monte Gaiás nun observatorio privilexiado do ceo nocturno de Compostela. Durante os sábados do verán realizaranse sesións de observación astronómica –de balde previa inscrición– nas que gozar a un tempo da maxia das estrelas e da arquitectura do complexo de Peter Eisenman. A través de telescopios e prismáticos e seguindo as explicacións técnicas de monitores, as persoas asistentes observarán a lúa, os planetas, estrelas dobres ou nebulosas, aprendendo ademais, valéndose dun planisferio, a identificar as constelacións á primeira ollada.
  • O CDG programa unha función inclusiva do espectáculo ‘Divinas Palabras Revolution’ con motivo da súa despedida do público
    O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution regresa do xoves 5 ao domingo 8 ao Salón Teatro de Santiago para se despedir do público no mesmo escenario no que esta adaptación da obra de Valle-Inclán foi estreada o 12 de abril e onde, por vez primeira, se desenvolverá unha función inclusiva o venres 6. Esta é unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela desta montaxe, dirixida por Xron, que acaba de rematar unha xira de dous meses por outros oito espazos galegos mais o Teatro Español de Madrid.
  • Doce bandas xuvenís encheron de música o Gaiás
    Na Cidade da Cultura actuaron máis de medio milleiro de músicos dentro do III Festival de Bandas infantís e xuvenís de Galicia, organizado pola Federacíón Galega de Bandas de Música Populares, interpretando todos xuntos o Himno Galego, despois de que o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proclamara que estas bandas 'están na nosa identidade como pobo'. O Festival está organizado pola FGBMP, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Agadic e a Fundación Cidade da Cultura, e a colaboración de Tolemias.
  • O Presidente Feijóo fixo entrega en San Domingos de Bonaval das cinco Medallas Castelao 2018
    Polo seu traballo a prol do país foron galardoados nesta edición o crego e musicólogo Xesús Mato Mato, a paisaxista Isabel Aguirre de Urcola, a Catedrática de Biofarmacia María José Alonso Fernández, o empresario textil Jesús Domínguez Fernández, e os carteiros rurais de Galicia.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 105
  • 106
  • 107
  • 108
  • 109
  • 110
  • 111
  • 112
  • 113
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información