Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Ortigueira pecha a 40 edición do seu Festival Internacional do Mundo Celta

Foron numerosas as referencias ao nacemento do festival e os seus fundadores. Estiveron presentes tanto fisicamente, como nun documental dedicado á historia do nacemento deste evento único. Todo o pobo volcouse un ano máis, sendo exemplo de convivencia, respecto e amabilidade cos milleiros de persoas que se achegaron estes días pola vila. Esta actitude foi recoñecida nos vídeos de presentación de cada grupo nos concertos, nos que os propios veciños fixeron de improvisados presentadores, e crearon un ambiente de empatía que músicos como Ives Lambert encargouse de ensalzar con verbas de entendemento entre culturas, respecto polo medio e amor. Todos eles uníronse nas redes baixo o “hashtag” #40emoitosmáis

Un dos momentos máis agardados foi o domingo á maña co gran desfile de bandas das nacións celtas, a cada cal máis esixente nas interpretacións e posta en escena, que partindo da Alameda percorreron as rúas da vila.

Os obradoiros e cursos de foto na rúa, baile galego e diferentes instrumentos musicais como a zanfona, whistle ou bodhrán, impartidos por músicos de primeiro nivel, tiveron un cheo absoluto, demostrando a implicación e participación de nenos e maiores. Tamén os pasacalles e actuacións nas distintas prazas e rúas fixeron da vila un único escenario, onde á música e a cultura Celta agardaba tras cada esquina.

Os polacos Beltaine gañaron o Proxecto Runas 2018. Actuarán na edición de 2019, por cuxa actuación recibirán un caché de 3.000 euros. O fallo do xurado deuse a coñecer hoxe publicamente. Os criterios de valoración que fixeron decantarse ao xurado foron, a coordinación musical, a conexión co público e o espectacular directo
R.

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información