Notas
-
Ao redor dun milleiro de persoas asistiron á estrea dun novo FIV de Vilalba esta fin de semana. Sabían que acudirían a un dos seus festivais de cabeceira e máis esperados, a reecontrarse con amigos, coa música en directo, pero non podían imaxinar a sensación de vivir tres xornadas así. Unha nova edición que resulta xa inesquecible para as persoas afortunadas que tiveron a sorte de ser parte da apertura dese novo escenario ubicado nun recinto máis grande, do escenario emerxente...
-
Este mércores da comezo a 17ª edición do Festival Internacional de Cine de Tui, Play-Doc. O co-director do certame, Ángel Sánchez, presentou a programación, nun acto celebrado no Teatro Municipal de Tui e no que estivo acompañado polo alcalde da localidade tudense, Enrique Cabaleiro; a deputada provincial de Cultura, María Victoria Alonso, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Pontevedra, César Pérez.
-
Na fin de semana do 25 e 26 de setembro subirán ao escenario o cantautor ourensán Emilio Rúa co seu concerto íntimo A canción de autor de Ourense, e Teatro Sarabela, coa obra O Secuestro da Bibliotecaria, unha peripecia divertida a refrescante que aposta polos valores da solidariedade e ao amor á literatura para público maior de seis anos. Xa en outubro, o día 1 o actor e director Avelino González narrará a vida e obra do intelectual ourensán Vicente Risco en Risco Contando a todo Risco.
-
O FIV de Vilalba cumpre en 2021 a súa 14ª edición que se celebrará os días 17, 18 e 19 de setembro. Estamos ante unha oferta musical que naceu ao amparo das Festas Patronais de Vilalba e que tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivaleiro nacional. Cada ano, este festival conta cun público fiel e supón un aliciente máis para visitar Vilalba.
-
Como un dos actos previos ao comezo da XLIII Semana de Cine de Lugo, que organiza o Grupo Fonmiñá, foi presentada a edición especial de CINEPOEMAS, de Claudio Rodríguez Fer. Cinepoemas publicouse inicialmente no ano 1973 por Edicións Xerais de Galicia, como un paseo poético pola historia do cine dende Charlot a Woody Allen, como unha revisión dos mitos da sétima arte dende Frankenstein a Marilyn Monroe.
-
Pola “súa actuación en favor dos principais fitos da ruta xacobea”, o xurado do XXV Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia concedeu este galardón ao ex ministro e antigo secretario xeral da OTAN, Javier Solana de Madariaga. O Paraninfo da USC acolleu a cerimonia de entrega na que, alén do premiado e do reitor Antonio López, tomaron parte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; e o presidente do Grupo Compostela, Marek Kręglewski.
-
Achegar unha “nova mirada ao cinema desde a confluencia de diferentes puntos de mestura con outras artes e linguaxes”, experimentar con “formatos, técnicas e ferramentas máis aló da cámara e o guión” e pór en valor “o erro como crecemento artístico da obra”. Estes son algúns dos obxectivos que o cineasta e videoartista Adrián Canoura propón en Videohipnose.
-
Santiago de Compostela é a sede da XXVII Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades (GCU) que se desenvolve do 13 ao 14 de setembro. O acto de apertura, presidido polo reitor Antonio López e polo presidente do GCU Marek Kręglewski, serve de punto de partida para dúas xornadas que se desenvolven baixo o lema '’Vinculando estudos humanísticos e científico-técnicos: un reto para as universidades'.
-
A lúa vai encuberta, coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Casa Museo Manuel María e interpretada polas compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, estréase este venres no Teatro Principal de Ourense, segundo se anunciou hoxe na rolda de prensa de presentación do espectáculo, na que participou o director da compañía da Xunta, Fran Núñez.
-
Nacida como un traballo para unha materia do grao en Comunicación Audiovisual O que queda de nós foi unha das quince curtas incluídas na sección oficial de ficción e animación da 18 edición do Festival de Cans, que a pasada fin de semana celebraba a súa entrega de premios, na que Lidia Veiga obtiña o galardón á mellor actriz polo traballo que realizou nesta curta dirixida por Miguel Gómez Abad.