Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • Catro días de programación para celebrar a maioría de idade da Moti
    Un Nadal máis, as nenas e nenos de Ourense teñen unha cita coas artes escénicas na Moti, a Mostra de Teatro Infantil de Ourense, que este ano cumpre a súa maioría de idade, 18 anos. A pesar da redución do seu orzamento á metade, o certame consegue volver á palestra con sete espectáculos e nove representacións, de xéneros diversos e para distintos públicos, que se desenvolverán do 27 ao 29 de decembro e o 2 de xaneiro no Teatro Principal e no campus de Ourense.
  • Novos Cinemas levanta o pano coas experimentacións audiovisuais do alumnado da UVigo
    Poucas horas antes de que tivese lugar á súa inauguración oficial, dez estudantes do campus convertéronse nos primeiros protagonistas da sexta edición do Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas, que, un ano máis, abría o seu programa de proxeccións cos resultados do obradoiro que cada curso promove xunto coa Vicerreitoría do campus.
  • Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares presentan os seus últimos poemarios
    Os escritores lucenses Claudio Rodríguez Fer e Saturnino Valladares presentarán os seus últimos poemarios –respectivamente *ADN do infinito*, editado en Galicia, e *Vaga-lumes ao meio-día / Luciérnagas al mediodía*, editado en Brasil– no Centro Sociocultural de Fingoi este martes. Trátase de dous poemarios de carácter principalmente amoroso, temática que tanto Claudio Rodríguez Fer en galego como Saturnino Valladares en castelán teñen cultivado intensamente.
  • Xosé Alfredo Naz Fernández recibiu o premio como gañador do VI Concurso Balbino de Relatos
    A obra gañadora do VI Concurso Balbino de Relatos, Gumes entre a néboa, publicada por Edicións Fervenza, foi presentada esta fin de semana nun acto no que tamén se procedeu á entrega do premio ao gañador desta edición, Xosé Alfredo Naz Fernández, e que tivo como escenario o Museo do Mar de Vigo, na cidade natal do autor, e que contou co acompañamento musical de Mr. D. de 'Moon Cresta'.
  • Formación, proxeccións e encontros con profesionais reúnense no programa da sexta edición de Novos Cinemas
    Coas súas seccións competitivas centradas nos primeiros e segundos filmes de realizadores e realizadoras noveis, o Festival Internacional de Cine de Pontevedra Novos Cinemas desenvolverá entre o martes 14 e o domingo 19 de decembro a súa sexta edición. Ao longo da vindeira semana, proxectaranse no Teatro Principal os 13 filmes de diferentes países, a meirande parte deles estreas en Galicia, que foron seleccionados para as súas seccións oficial e Latexos, ao que se suman outra serie de proxeccións.
  • A música de cámara volve á Casa do Saber da man de Tomás Alegre, Son de Corda e Díese Ensemble, e Toscano
    A música de cámara volverá sonar este mes no auditorio da Casa do Saber de Lugo da man do convenio Lugo Cultural, unha iniciativa promovida con apoio económico da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, que ofrece en decembro tres concertos incluídos nos ciclos Músicas a carón da Mosqueira e na nova proposta para as mañás dos sábados 'Clásica antes do Vermú'.
  • Unha exposición reúne en Pontevedra as obras colectivas de 14 'non-artistas'
    'Non-artistas. Obradoiro para descubrir o teu lado creativo' é o título do taller que os estudantes da Facultade de Belas Artes Ailén Anahí Alcoba, Ada Amigo e Pedro Arranz levaron a cabo na Vicerreitoría do campus e no que convidaron a 14 persoas a explorar a súa creatividade dando forma a serie de obras que, ao longo do obradoiro, ían sumando as achegas do resto de participantes.
  • Presentación do libro 'Fuxindo da Saudade', de Pedro Rubal
    O vindeiro xoves terá lugar en Santiago a presentación do libro FUXINDO DA SAUDADE, do filósofo Pedro Rubal Pardeiro, e da web na súa honra, apoiada polo Concello de Alfoz, do que é Fillo Predilecto. Pedro Rubal, nonaxenario, é un especial caso de lucidez e esforzo, que desde hai máis dunha década publica semanalmente en GaliciaDigital un artigo no que, en base ao pensamento filosófico analiza acontecementos de actualidade con claridade e rigor.
  • Persoas senlleiras da arte, da cultura e do xornalismo lembrarán o escultor Peinó nun emotivo acto
    O próximo mércores 1 de decembro terá lugar no auditorio do Vello Cárcere de Lugo un grande acto de lembranza a Luis Ferreiro Peinó, escultor lugués que este 2021 faría 100 anos. Este acto transcorre en paralelo á exposición «Peinó 100», que acolle precisamente O Vello Cárcere dende o pasado 3 de novembro e até o vindeiro 7 de xaneiro. Tamén está enmarcado dentro das iniciativas de lembranza do artista polo seu centenario.
  • Galaxia publica a autobiografía musical de Xoán Rubia
    A Editorial Galaxia publica, na colección Reportaxe, un libro arredor da traxectoria de Xoán Rubia, 'Pasaba por alí. E quedei un intre'. Considerado un dos nomes máis importantes da música galega e autor de longa traxectoria, é unha das voces de referencia dende finais dos anos sesenta. Este libro recopila, dende a memoria do seu autor, primeiros pasos, evolución… con fotografías e documentos, a vida dun artista que marcou un antes e un despois no panorama musical galego. Non só é o seu relato, se non o relato de toda unha época.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
  • 42
  • 43
  • 44
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información