Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Notas

  • O Festival Atlántica enche de historias a fortaleza de San Paio de Narla en Friol
    Na súa novena edición, o festival Atlántica recalará por primeira vez no concello de Friol cun espectáculo de Ramiro Neira que se desenvolverá este mércores, 7 de xullo, a partir das 18 horas. A actividade é posible grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, a Rede Museística Provincial de Lugo e a Deputación de Lugo. O espectáculo de Neira titúlase ‘Vouche contar’ e está concibido para público infantil e familiar.
  • Unha curta nacida na Universidade de Vigo, na programación do Festival de Cannes
    'El viaje', unha curta realizada pola estudante de Belas Artes Claudia Pineda como traballo académico formará parte da programación dun dos principais escaparates cinematográficos do mundo, o Festival de Cannes. A súa peza foi un dos nove traballos realizados por estudantado de universidades e escolas de cinema seleccionados polo Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales.
  • Faranse test de antíxenos a participantes e monitores dos campamentos de verán
    A conselleira de Política Social, Fabiola García, supervisou os preparativos da campaña de verán no albergue xuvenil Marina Española, onde van comezar a chegar os primeiros participantes. Durante a visita anunciou que a Xunta reforzará o protocolo de seguridade xa aplicado o ano pasado coa realización dunha proba de antíxenos gratuíta para participantes e monitores antes do inicio dos campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado.
  • Plan para a expansión da actividade da Cidade da Cultura
    O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, presidiu a reunión do padroado da Fundación Cidade da Cultura, na que se avanzaron as liñas centrais do II Plan Estratéxico Gaiás 2021-2027, folla de ruta que marcará a dirección do Gaiás nun período que estará marcado pola expansión da súa actividade.
  • A Asociación Memoria Histórica Democrática, lamenta comunicar o pasamento en Santiago de Juan Antonio Fernández Rodríguez, Curro, da Sección de Cedeira.
    Juan Antonio Fernánfez Rodríguez era, para todas e todos, nos un valioso referente de fidelidade e compromiso coas ideas da Memoria, sociais e de progreso, que a pesar das adversidades mantivo toda a súa vida. Estará sempre con nos o seu exemplo e a súa entrañable lembranza. Para a súa filla Teresa e o seu neto, a nosa solidaria aperta.
  • Laureano Araujo, gañador da XIXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución
    Reunido en Cambados o 22 de xuño, o xurado da XIXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución acordou por unanimidade premiar a tradución de Laureano Araujo da obra do escritor suízo Friedrich Glauser, "Schlumpf, Erwin: Homicidio". O xurado, estivo integrado nesta edición por Olga López López (Xunta de Galicia), Gabriel Álvarez (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación), Xosé María Gómez Clemente (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), Xavier Senín Fernández (Real Academia Galega), Constantino Cordal Rodríguez (Fundación Plácido Castro) e Xulio Ríos (Presidente de Honra do IGADI), que actuou en calidade de secretario do xurado, con voz pero sen voto.
  • A Miteu regresa co reto de devolver a maxia do teatro ao público
    Un ano máis, e van 26, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense volve a levantar o pano. Do 1 ao 15 de xullo diferentes escenarios da cidade das Burgas acollerán 24 representacións de compañías de cinco países e de diferentes puntos da xeografía estatal. Con prudencia pero dando pasos cara a “normalidade”, a cita márcase como obxectivo comezar a devolver a maxia do teatro ao público.
  • A novena edición do Festival Atlántica fai de Galicia a sede do encontro de narración oral máis importante da Península Ibérica
    Ao longo destes días vanse xuntar en Galicia contadores de Guinea Ecuatorial, Brasil ou Portugal, pero non faltarán voces nacionais procedentes de Zamora, Salamanca, Cataluña e, por suposto, Galicia. Algúns dos nomes que configuran o cartel deste ano son Thoma Bakk, Marcelo Ndong, Sofia Maul, Eugenia Manzanera, Pep Bruno ou José Luis Gutiérrez "Guti".
  • O CDG, Avelina Pérez e Teatro Ensalle coproducen 'Por favor, ténteo novamente máis tarde'
    Con dirección e dramaturxia da propia AveLina Pérez, interpretación compartida xunto a Daniel Casquero, composición musical de Ramón Raíndo, iluminación a cargo de Pedro Fresneda e montaxe de vídeo de Jesús Andrés Tejada, a nova proposta preséntase como un encontro arredor da vulnerabilidade 'en contraste con todo iso que nos queren facer crer que é vivir', segundo expresa a súa autora.
  • O Festival de Ortigueira anuncia as datas de celebración da edición de 2022, que será a máis longa da súa historia
    Tras a cancelación das edicións de 2020 e 2021 o Concello de Ortigueira, organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, enorgullécese de anunciar unha edición única para 2022, cuxa programación comezará a ser revelada nos próximos meses. O Festival adoita ter unha duración de catro días, sendo así un dos festivais gratuítos máis longos de todo o mundo, pero para 2022 programáronse oito días de actividades e concertos para convertelo nunha edición inesquecible.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 44
  • 45
  • 46
  • 47
  • 48
  • 49
  • 50
  • 51
  • 52
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información