Notas
-
Profesora asociada na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, Beli Martínez compaxina o seu labor como docente co seu traballo como produtora, faceta que o pasado mes de xullo levouna por primeira vez ata o Festival de Cannes e que fará que a próxima semana participe noutro dos principais eventos cinematográficos do mundo, o Festival Internacional de Venecia.
-
Xosé Alfredo Naz Fernández resultou ser o gañador do VI Concurso 'Balbino' de Relatos, coa obra presentada baixo o título O afiador e lema 'Terra da Chispa'. Xosé Alfredo Naz Fernández (Vigo, 1972), aínda que a súa profesión está máis encamiñada ao mundo das ciencias, pois exerce como profesor de matemáticas, conta cunha ampla traxectoria como escritor avalada por numerosos premios literarios entre os que destaca o certame Ánxel Fole.
-
A Asociación Cultural “Cántigas e Frores” celebrará A Feira do 48 na Canella do Hospital de Lugo os días 4 e 5 de setembro. Trátase da cuarta edición. Na Feira do 48 poderase desfrutar dos seguintes contidos: Exposición de artesanía, pregón, actuacións musicais e de baile tradicional galego, e dúas ruadas, que se celebrán o sábado e o domingo, respectivamente.
-
O Congreso Internacional Comunidades Locais e Camiños de Santiago pretende, baixo o lema ‘Ameazas e alianzas’, afondar no vínculo entre as devanditas comunidades e o fenómeno xacobeo. Entre os días 27 e 30 de outubro, a Facultade de Filoloxía será o escenario no que se respondan cuestións como que pensan as comunidades locais sobre os Camiños; como afectou ao seu modo de vida; ou cal é a imaxe que sobre o visitado ten quen visita.
-
Luis Iglesia Besteiro (Riotorto, 1962) é o persoeiro do cine galego elixido polo Grupo Fonmiñá para ser homenaxeado na XLIII Semana de Cine de Lugo. En cada Semana de Cine vénse honrando a destacados lucenses e galegos do cine, téndoo sido nos últimos anos Luis Tosar e Antonio Mourelos, e con anterioridade Rosario Durcal, Mercedes Cora, Manuel Lourenzo, Prudencia Grifell, Carmen Correa, Frank Braña ou Eduardo Fajardo.
-
O Gaiás vén de transformar as Torres Hejduk da Cidade da Cultura nun faro xacobeo a través dunha intervención artística efémera que, baixo o título En terra firme, mergulla as persoas visitantes nunha experiencia que alude á propia luz dos faros da costa galega, como guía e meta da travesía vital, nunha alegoría do Camiño de Santiago como experiencia de transformación persoal.
-
O Festival Internacional de Cinema Play-Doc, que terá lugar na cidade de Tui do 22 ao 26 de setembro, presentará unha atractiva programación paralela para a súa décimo séptima edición. Baixo o nome Cinema Percorridos II: Visións Nocturnas, Play-Doc aposta de novo por unha experiencia única onde o cinema transformará o espazo público e dialogará cos espectadores a través dun percorrido nocturno pola cidade.
-
O Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV de Verín anunciou a programación completa da súa sexta edición, que terá lugar do 4 ao 12 de setembro no Auditorio Municipal. Máis de 30 curtametraxes dunha ducia de países competirán este ano no concurso oficial do encontro, que acollerá tamén outra serie de proxeccións paralelas, así como unha homenaxe ao actor e comunicador Sergio Pazos.
-
A base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos do Camiño de Santiago 'Rede Xacobea' é unha ferramenta que alberga datos dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas dedicadas ao estudo do mundo xacobeo e as peregrinacións. Realizada por Paula Pita Galán, veu a luz como froito dos proxectos de investigación financiados en 2020 ao abeiro da Cátedra do Camiño.
-
A organización dos Premios Martín Códax da Música anunciou hoxe a posta en marcha da súa oitava edición, que abre o vindeiro luns día 23 de agosto o período de inscrición de propostas para as 17 categorías musicais convocadas, a través das que se porá o foco nos 51 proxectos que pasen á fase final. Mantéñense respecto da edición de 2000 as 17 categorías musicais, e en cada cada unha delas elixiranse tres propostas finalistas.