Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Javier Solana recolleu o XXV Premio Internacional Grupo Compostela

A devandita cerimonia enmarcouse dentro da programación relativa á XXVII Asemblea Xeral do GCU que se desenvolve en Compostela ata este martes e do que a USC actúa como institución anfitrioa. De feito, o propio Solana, antes da cerimonia de entrega visitou o Colexio San Xerome, onde foi recibido polo reitor Antonio López para despois asinar no Libro de Honra da institución.

Estudos humanísticos e científico-técnicos

A XXVII Asemblea Xeral do GCU que finaliza este martes 14 de setembro desenvólvese baixo o lema ‘Vinculando estudos humanísticos e científico-técnicos: un reto para as universidades’. “O fenómeno do Xacobeo adoita relacionarse cos valores humanísticos que dan lugar á construción de sociedades, complementados con outros valores xerados pola educación STEM”, explicou o reitor Antonio López. “Nesta Asemblea Xeral queremos abordar a conciliación da educación tanto humanística como científico-técnica dende o punto de vista institucional nunha contorna de análise académica e tamén de celebración cultural no corazón de Galicia”, sinalou no acto de apertura deste luns, tras o cal tivo lugar a reunión do Consello Xeral do GCU no Centro de Estudos Avanzados (CEA) da USC.

Diálogos Compostela

A xornada deste martes 14, a derradeira da asemblea, abriuse cos denominados ‘Diálogos Compostela en Educación Superior’. O reitor estivo acompañado na sesión de apertura polos ex reitores Darío Villanueva e Senén Barro que abordaron precisamente o vínculo entre formación humanística e científico-técnica, así como o reto que este nexo supón para a educación universitaria.

No transcurso da mañá, a profesora da USC Lorena Casal disertou sobre novos métodos de ensino; mentres que István Tarrósy, profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Pécs (Hungría) pronunciou o relatorio ‘Novos perfiles de coñecemento, novas titulacións, novas Universidades’; e Lennart Levi, profesor emérito de Medicina Psicosocial do Instituto Karolinska (Suecia) abordou o ‘Traballo sustentable e emprego produtivo na Educación Superior’.

Preto dun centenar de participantes procedentes de doce países (Polonia, México, Xeorxia, España, Suecia, República Checa, Eslovaquia, Perú, Italia, Portugal, Alemaña e Hungría) tomaron parte ao longo de dous días neste foro. O 60% fixérono de xeito presencial e o 40%, en liña.
Universidade de Santiago de Compostela

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información