Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • O Centro Coreográfico Galego inicia unha nova edición dos seus cursos de verán con seis encontros ata agosto
    O Centro Coreográfico Galego (CCG) está a iniciar esta semana unha nova edición do seu programa de cursos de verán, que durante este mes de xullo e ata primeiros de agosto ofrecerá seis encontros formativos na súa sede da Coruña. Clásico, contemporáneo, musical jazz e tap dance son os catro estilos arredor dos que xiran os obradoiros deste ano, para os que a unidade de danza da Xunta de Galicia volve contar con recoñecidos profesionais no seu ámbito, como Carmen Paris, Ruth Maroto, David Mur, John O’Brien, Gonzalo Zaragoza, Virginia Valero e Ángela Rodríguez. Centrado en danza clásica para nivel medio e avanzado, o primeiro deles está a ser impartido esta semana por Carmen Paris.
  • O concerto da banda de música SONS E SOÑOS inaugurou o Serán02 na Cidade da Cultura
    SONS E SOÑOS é unha agrupación promovida pola Asociación Músico Crisanto, e sostida polos concellos lucenses de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, formada por preto dun centro de músicos que dirixe o profesor Armando Morales. A Banda é froito da Escola de música destes tres concellos -único caso en Galicia de responsabilidade municipal compartida- con máis de trinta profesores, que axiña se verá transformada en Conservatorio de música.
  • O Instituto Cervantes de Nova York acolle unha exposición sobre o Camiño de Santiago
    A Comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, inaugurou no Instituto Cervantes de Nova York a exposición itinerante do fotógrafo Manuel Valcárcel The Way to Santiago, a contemporary experience of pilgrimage coa que a Xunta e Correos están a promover de xeito itinerante en varias cidades estadounidenses tanto o Xacobeo 2021 como os valores e riqueza da experiencia da peregrinación na Ruta Xacobea.
  • 'Atardecer no Gaiás' programa 20 concertos ao aire libre para musicar os solpores da Cidade da Cultura durante o verán
    Celbraranse os venres e sábados, desde o 4 de xullo ao 17 de agosto, ás 21,00 h., e o ciclo é o fiel escaparate das tendencias musicais actuais, podéndose escoitar hip-hop, trap, dance, electrónica, flamenco-pop ou cumbia, que tanto éxito están a ter entre a xente máis nova, aínda que non faltará o pop, o reggae, o indie ou o rock.
  • O programa ‘O teu xacobeo’ ven de aceptar 352 proxectos de actividades, dos que 80 foron propostos por entidades locais, 89 por pemes e particulares e 183 por entidades sen ánimo de lucro
    A convocatoria aberta de proxectos O Teu Xacobeo impulsará 352 iniciativas de dinamización en máis dun cento de concellos de toda Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, anunciaron a resolución deste proxecto que conta cun investimento de 4,7 millóns de euros por parte da Xunta e permitirá mobilizar preto de nove millóns de euros en todo Galicia, ao longo deste 2019 e ata abril do 2020.
  • Un texto de Armando Requeixo, publicado en Galicia Digital, formou parte do temario das probas de selectividade
    Un texto do noso colaborador Armando Requeixo, publicado en Galicia Digital o 8 de febreiro de 2019, formou parte do temario das recentes probas de selectividade, como opción B de Lingua Galega e Literatura II. Nel, refírese á obra de Sinclair Lewis (1885.1951), "It Can't Happen Here" ("Iso non pode pasar aquí"). Para Galicia Digital foi sorpresa grata atopar no temario da Selectividade esta referencia á publicación en "Opinion" do artigo do escritor e profesor Armando Requeixo, que evidencia o seu bo facer no mundo da literatura e do comentario de actualidade.
  • A Estratexia da Cultura de Galicia chega ao Parlamento para impulsar a cultura como servizo básico e valor económico
    A elaboración da ECG21 baseouse nun proceso aberto e participativo que favorecese o debate propositivo e a fixación de liñas, obxectivos e medidas de actuación por parte dos profesionais e empresas culturais, das institucións, das entidades de base e do asociacionismo cultural, para desenvolver unha estratexia da cultura como servizo público, industria cultural e elemento de identidade e cohesión social. En concreto, 490 persoas interviñeron nas xuntanzas territoriais realizadas nas sete cidades galegas e nos oito grupos de traballo sectoriais que xiraron ao redor do Libro, o Audiovisual, as Artes escénicas, a Música no eido da difusión da cultura, a Música como Industria cultural, as Artes plásticas e visuais, o Patrimonio cultural e as Institucións culturais.
  • A Rede Galega de Música ao Vivo ofrecerá preto de 200 concertos nas súas 20 salas durante 2019
    A Rede Galega de Música ao Vivo, que conta actualmente con 20 salas de 14 localidades, achégalle ao público unha oferta de 199 concertos de 54 solistas e grupos, maioritariamente galegos. A súa actividade anual súmase á doutros tres circuítos de espectáculos (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Cultura no Camiño) no sentido de favorecer a circulación dos espectáculos escénicos e musicais producidos en Galicia, ademais de lle achegar á cidadanía unha oferta cultural ampla, descentralizada, plural e aberta. Os carteis ofrecidos por estes locais reflicten unha gran variedade de estilos, que van do rock e pop ao jazz, pasando pola canción de autor, o folk ou o punk.
  • A Cidade da Cultura ofrece un cento de actividades para este 'Verán no Gaiás', que ten como novidade dous campamentos urbanos no museo
    A Cidade da Cultura de Santiago programa para este 'Verán no Gaiás' un cento de actividades pensadas para todos os públicos e cun amplo e variado abano de contidos, que inclúen música, acampadas, arte, obradoiros de artesanía, astronomía ou circo. A programación de estío da Cidade da Cultura para este ano ten como novidade a celebración de dous campamentos urbanos para a cativada ao redor das exposicións actuais do Museo Gaiás -Valor e mestría e Pensar coas mans- á vez que abre as portas a accións encadradas na programación do Xacobeo 2021. Deste xeito, a residencia de creadores emerxentes Encontro de Artistas Novos e as intervencións artísticas Reb/veladas na paisaxe terán pegada e perspectiva xacobea nas súas respectivas edicións.
  • O audiovisual galego protagoniza unha das sesións do Festival de Cine de Edimburgo cunha selección de 'Shorts from Galicia'
    As curtametraxes galegas serán obxecto dunha das sesións do Edimburgh International Film Festival, que arranca mañá na capital escocesa. En Edimburgo o vindeiro día 25 proxectarase unha escolma de seis curtas procedentes das últimas entregas do catálogo 'Shorts from Galicia'. Segundo indica o programa do propio festival, esta selección achegaralle ao público escocés una mostra de filmes xa exhibidos e mesmo premiados noutros prestixiosos certames internacionais, que desde a ficción ata o documental, pasando polo experimental, exploran as tradicións, os espazos urbanos e as paisaxes rurais, “demostrando que Galicia está á vangarda do cinema actual”.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 82
  • 83
  • 84
  • 85
  • 86
  • 87
  • 88
  • 89
  • 90
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información