O concerto da banda de música SONS E SOÑOS inaugurou o Serán02 na Cidade da Cultura
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/seran.jpg)
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/serans.jpg)
O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, contará durante toda a fin de semana con concertos de bandas de música das catro provincias galegas, así como de diversas formacións infantís e xuvenís. A xornada rematou cun concerto dobre das bandas municipais profesionais de música da Coruña e de Santiago de Compostela. A programación completa pode consultarse na web www.cidadedacultura.gal.
R.