Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Presentado o festival de cine inclusivo de Vigo, que rende homenaxe póstumo ao director Roberto Pérez Toledo
    O certamen comeza este martes e finaliza o sábado 22 tras a proxección de 47 pezas audiovisuais en tres emprazamentos diferentes: o Auditorio Municipal, o Museo MARCO e o Cine Salesianos. As proxeccións divídense en catro categorías a concurso e todas elas son de acceso libre ata completar aforo. Ademais, o certame tamén servirá para presentar o documental autobiográfico de Gonzalo Suárez, co-director do festival, que conta como entrar no equipo de balonceso Amfiv cambioulle a vida, despois de quedar en cadeiras de rodas por un accidente.
  • Chega aos cinemas 'Unicorn Wars', a nova longa de animación de Alberto Vázquez
    Unicorn Wars, a agardada nova longametraxe de animación do cineasta e debuxante Alberto Vázquez, ten a súa preestrea nos Cantones Cines da Coruña como antesala da súa chegada ao circuíto comercial o vindeiro 21 de outubro. Ademais, tivo lugar o pase e a presentación aos medios do filme na sede da Filmoteca de Galicia, onde o realizador coruñés será obxecto dunha retrospectiva os días 14 e 18 de outubro. A película está a recibir excelentes críticas tras a estrea da pasada fin de semana no Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges, onde compite nas seccións oficial e Anima’t. 'A mellor película de animación do ano' ou 'a máis sorprendente' de todas as fitas a concurso en Sitges son algúns dos cualificativos que lle outorga a prensa especializada.
  • O Festival Galicreques acolle a estrea en Galicia do espectáculo 'Tolo', coprodución galego-turca
    O espectáculo galego-turco Tolo chega a Galicia tras a súa recente estrea no Festival Internacional de Teatro de Maltepe, en Istambul, onde acaba de ser recoñecido co premio especial do xurado. O Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe coproducen esta montaxe da compañía galega Cinema Sticado e a turca Tíyatro Eksen, que poderá verse no Teatro Principal de Santiago de Compostela o domingo 16 dentro da programación do Festival Internacional Galicreques. Como parte do seu traballo conxunto no seo da Eurasia Theater Association, integrada por unha vintena de espazos e institucións teatrais de ambos os continentes, o Centro Dramático Galego e o Teatro Municipal de Maltepe promoveron a unión de Cinema Sticado e Tíyatro Eksen para investigar arredor da obra Diario de un loco, de Nicolái Gogol.
  • O IGFAE trae a Santiago a obra de teatro científico 'Recordando a Lise Meitner'
    As contribucións cruciais de Lise Meitner para descubrir, a principios do século XX, a fisión nuclear foron ignoradas polo comité do Premio Nobel. ‘Proxecto Meitner: Recordando a Lise Meitner’ é unha obra de teatro para todos os públicos promovida polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta de Galicia, que pretende recuperar a memoria desta investigadora e facer xustiza co lugar que ocupa na historia da ciencia. A primeira sesión celebrarase o luns 24 de outubro ás 21.00 horas para o público xeral e o segundo pase desenvolverase o martes 25 ás 10.00 horas, destinado exclusivamente a centros de secundaria e que se complementará cun coloquio posterior con físicas e artistas do espectáculo.
  • Presentado o primeiro Atlas temático sobre as paisaxes dos Camiños Xacobeos
    O primeiro Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos destaca tanto polo seu valor cartográfico como pola compilación de 83 ortofotos históricas e actuais que permiten comprobar a evolución da paisaxe pola que discorren as diferentes rutas xacobeas ao longo dos últimos 50 anos. Tamén inclúe 241 fotografías nun volume de 770 páxinas agrupados en 65 capítulos, nun formato único cunha narración a 4 páxinas en tres idiomas que, grazas ao fío condutor do Camiño de Santiago, permite coñecer as diferentes paisaxes galegas.
  • Volve o Bono Cultura, que mobilizará 2 M€ nos establecementos e entidades culturais de Galicia durante este outono
    Ponse de novo en marcha este outono o Bono Cultura, o programa de descontos do 50 % na compra de produtos ou na utilización de servizos culturais, para o que se emitirán 20.000 bonos. A nova edición amplía os seus obxectivos buscando, por un lado, incentivar a demanda cultural e dinamizar o consumo así como favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto económico marcado polo actual contexto económico de suba de prezos. A nova edición de Bono Cultura botará a andar este mesmo mes de outubro coa apertura do período de adhesión das empresas. A continuación, a partir do 2 de novembro, os usuarios poderán solicitar os bonos e comezar a gozar dos descontos ata o 31 de decembro.
  • Outorgados os premios da Cultura Galega 2022
    O xurado dos Premios da Cultura Galega 2022 reuniuse en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez. Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas: Letras, Marica Campo; Artes Visuais, María Victoria Carballo-Calero; Artes Escénicas, Melania Cruz; Música, Cursos Universitarios Internacionais Música en Compostela; Audiovisual, Xosé Ramón Gayoso; Lingua, Manuel González; Patrimonio Cultural, Xacarandaina; Proxección Exterior, Programa ConCiencia.
  • A Biblioteca de Galicia brinda unha ollada singular sobre a evolución do fenómeno Xacobeo nos últimos 70 anos a través dos seus documentos
    A Biblioteca de Galicia inaugurou a exposición 'Ano Santo: o rexurdimento dun Camiño para todos e todas', que percorre a evolución do fenómeno xacobeo desde 1954 ata a actualidade. A través de máis de 45 pezas dos fondos custodiados no Gaiás, desde libros, folletos e periódicos ata calendarios e vídeos, a mostra bibliográfica permite ao visitante achegarse a un acontecemento determinante nas últimas décadas da historia económica, social e cultural de Galicia, desde a perspectiva da documentación impresa e visual.
  • O escritor e xornalista Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega
    O escritor e xornalista Alberto Ramos vén de alzarse coa XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega, pola obra 'Os Corpos de Romanov. Matthias Lentz'. Alberto Ramos exerceu na sección de Cultura do Xornal de Galicia e traballa como sinatura independente en medios como Praza, Nós Diario ou Luzes, e ten publicado as novelas Dor Pantasma (Biblos, 2006), obra premiada co Biblos-Pazos de Galicia; Con acuse de recibo (Biblos, 2010), premio de novela por entregas de La Voz de Galicia; Todos os días (Sotelo Blanco, 2013), Premio Vicente Risco de creación Literarias; Máscaras Rotas para Sebastián Nell (Galaxia, 2014), Premio García Barros, e A simetría deas bestas (Urco. 2018).
  • Curtocircuíto presenta a súa 19ª edición, na que amosará os filmes restaurados de Eugenio Granell e unha decena de fitas galegas
    Curtocircuíto inaugura este sábado en Santiago de Compostela a súa 19ª edición, cun programa que inclúe unha mostra das fitas restauradas de Eugenio Granell, unha escolma de realizadores galegos na sección Planeta GZ e un encontro virtual co cineasta Todd Solondz. Un dos pratos fortes desta 19ª edición será a sesión dedicada ás fitas do pintor surrealista Eugenio Granell. O Teatro Principal acollerá ás 19,00 h. deste domingo o pase das pezas rodadas polo pintor no seu exilio en Nova York. Entre estes pequenos filmes, atópanse títulos como Trompos, Middlebury, Película hecha en casa con pelota y muñeca e Casa.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
  • 40
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información