Pasar al contenido principal
Cultura Galega | Cultura Gallega logo

Enlaces primarios

  • Inicio
  • Galerías de Autores
    • Arquitectura
    • Artesanía
    • Deseño Gráfico
    • Deseño Moda
    • Escultura
    • Esmalte
    • Fotografía
    • Gravado
    • Ilustración
    • Multimedia
    • Pintura
  • Publicacións
  • Concursos
    • Bases
    • Premios
  • Alta de Autor
  • Alta Directorio
  • Contacto

Noticias

  • Vigo acollerá este Nadal o espectáculo de maxia, danza e circo 'Inventio'
    'Inventio' é unha aposta vangardista en gran formato que bota man da maxia, a danza e o circo para colocar o Camiño de Santiago como eixo vertebrador da identidade cultural galega. A proposta consiste nun espectáculo versátil e misceláneo que suma tradición e vangarda e que se inspira, por unha banda, na cultura tradicional galega, e que por outra asume as máis audaces propostas do audiovisual e dos autores máis avanzados do panorama internacional. Brindará tres funcións no Auditorio Mar de Vigo entre o 3 e o 4 de xaneiro.
  • O programa Nadal en Rede arranca este venres con actividades nunha vintena de concellos
    Foi presentada a programación dunha nova edición de Nadal en Rede, o programa de dinamización lingüística que arranca este venres e levará actividades para público familiar a unha vintena de concellos. Na edición deste ano apóstase por actividades dirixidas aos máis pequenos da casa. A primeira das actividades será este venres no centro social de Pontecesures coa proposta Fazulas e o ladrón de paraugas. Trátase dunha iniciativa da compañía teatral Bandullo Azul, protagonizada por Fran Campos e baseada no libro homónimo de Xosé Lueiro, do que o concello receptor da actividade recibirá 5 exemplares.
  • Ponte... nas ondas! Recibirá o premio especial do xurado na sétima edición da gala aRi[t]mar
    Na cerimonia, que chega á súa sétima edición, as poetas Lúa Mosquetera e Wilma Vieira recollerán os seus galardóns por teren producido o mellor da poesía en Galicia e Portugal durante este ano polas súas pezas Anorak de pel de Caribú e E se eu fosse eu?, respectivamente. Pola súa parte, a fadista Ana Moura e o cantante galego Xisco Feijóo, son os gañadores no apartado musical polos temas Andorinhas e Peixe. O proxecto cultural Ponte... nas ondas! recibirá, pola súa banda, o premio especial do xurado á Embaixada da amizade galego-lusófona polo seu quefacer a prol do achegamento entre as culturas das dúas beiras do Miño.
  • Cidade da Cultura presenta un nadal con obradoiros, teatro, visitas especiais e unha edición renovada do Galiverso para gozar en familia
    O Gaiás vén de dar a coñecer a programación para este ano do Nadal, cunha variada oferta pensada para gozar en familia. As actividades darán comezo o 16 de decembro co tradicional acendido da iluminación exterior e da Árbore de Nadal da Cidade da Cultura, e inclúen visitas especiais ao museo, obradoiros creativos, teatro e toda unha nova serie de experiencias de realidade virtual no Galiverso.
  • Fernando Castro Paredes, Ana Carreira, Eva Mejuto e José Luis Baños de Cos gañan os Premios de Literatura Dramática da Xunta
    A Xunta deu a coñecer aos gañadores dos seus premios bienais de literatura dramática. O XXVI Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais recaeu en Fernando Castro Paredes polo monólogo O traxe, mentres que Ana Carreira obtivo o XII Manuel María de literatura dramática infantil por Nin me amoles e o XVI Barriga Verde para textos de teatro para monicreques foi para Eva Mejuto por Os contos de Lobicán, na modalidade para rapaces, e José Luis Baños de Cos por Nas nubes, na de adultos.  
  • A Filmoteca de Galicia sigue afondando na figura de María Casares cunha escolma de material televisivo que inclúe gravacións das súas actuacións teatrais
    A Filmoteca de Galicia inicia a súa programación de decembro, na que María Casares continuará sendo protagonista con tres filmes, a presentación dun libro e unha gravación en directo da produción teatral Macbeth, de 1959, na que a actriz galega lle dá vida a Lady Macbeth baixo a dirección artística de Claude Barma. A emisión deste espectáculo o vindeiro día 22 será a primeira cita dunha escolma na que está a traballar a cinemateca da Xunta co fin de ofrecer unha serie de material televisivo pouco coñecido sobre a gran intérprete.
  • Victor Manuel Vázquez Portomeñe recibe o tìtulo de embaixador de honra do Camiño de Santiago
    Con esta concesión, será o gran embaixador da celebración do 30 aniversario do primeiro Xacobeo civil e do 30 aniversario do recoñecemento ao Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Unesco. A vinculación de Víctor Manuel Vázquez Portomeñe co Camiño iniciouse na súa etapa como conselleiro de Relacións Institucionais e portavoz do goberno, cando creou e dirixiu o Plan Xacobeo 93, o maior programa de promoción cultural e turística de Galicia do século XX, xerme dos seguintes plans de promoción, que a Xunta impulsou con motivo dos anos santos composteláns 1999, 2004, 2010 e 2021/22.  
  • A Federación Galega de Bandas de Música populares presenta a 15ª edición do seu certame, que reunirá en Celanova uns 400 músicos
    Arredor de 400 músicos de oito formacións galegas daranse cita na fin de semana do 3 e 4 de decembro no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova con motivo do XV Certame Galego de Bandas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Así se anunciou na presentación en Ourense desta 15ª edición do evento, coa que se recupera a súa celebración despois de que en 2021 tivera que ser suspendido pola pandemia. O Auditorio Ilduara estréase como escenario deste certame, no que se darán cita oito agrupacións, incluída a Banda Xuvenil de Celanova.
  • Os obradoiros de Santiago Besteiro (Monterroso), Raíces Nómadas (Ribadeo), Verónica Moar (A Coruña) e Laura Delgado (Cambre) compiten como finalistas do Premio Artesanía de Galicia 2022
    O xurado dos Premios Artesanía de Galicia 2022, presidido polo director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, decidiu nomear catro finalistas da categoría principal da edición deste ano. Así, resultaron finalistas do Premio Artesanía de Galicia 2022 os obradoiros de coiro de Santiago Besteiro (Monterroso) e Raíces Nómadas (Ribadeo) e mais os obradoiros de cerámica Verónica Moar (A Coruña) e Laura Delgado (Cambre). Os Premios Artesanía de Galicia están impulsados pola Xunta co obxectivo de recoñecer o talento e a traxectoria dos profesionais do sector artesán galego, estimular a súa creación e fomentar o relevo xeracional no sector.
  • Presentado o documental 'Maria Casares: a muller que viviu mil vidas' coincidindo coa data na que se cumpren 100 anos do nacemento de María Casares
    Foi presentado o documental 'María Casares: a muller que viviu mil vidas', filme Agallas Films dirixido por Xabier Villaverde. O filme estréase esta noite no Teatro Colón, onde chega tras o seu paso polo Festival Internacional de Cinema de Ourense e pola Seminci de Valladolid. Este documental nos propón un achegamento íntimo e profundo á vida desta muller extraordinaria, e unha homenaxe, desde a súa Galicia natal, a unha figura cegadora, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • …
  • siguiente ›
  • última »

Directorio

  • Ensinanza (19)
  • Editoriales (97)
  • Museos (122)
  • Salas Exposición (127)
  • Artesanía (554)
    • cerámicas (108)
    • coiro (46)
    • gráficas (12)
    • metal (82)
    • pedra (40)
    • vidro (30)
    • instrumentos (22)
    • textil (68)
    • xoiería (39)
    • madeira (67)
    • varios (41)
  • Teatro (239)
    • maxia (22)
    • aficionados (126)
    • compañías profesionais (93)
  • Música (1179)
    • son e iluminación (22)
    • varios (168)
    • solistas, duos y trios (30)
    • orquestras y grupos (43)
    • música clásica (283)
    • grupos folk-rock-pop (154)
    • rondallas (39)
    • corais e orfeóns (296)
    • bandas de música (149)
  • Cultura Tradicional (319)
    • agrupacións de canto tradicional (56)
    • grupos de música popular (262)
  • Bibliotecas (813)
    • bibliotecas públicas (456)
    • bibliotecas especializadas (357)
  • Danza (308)
    • outras danzas (38)
    • danza tradicional galega (270)

Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Aldeas Gallegas

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información